Ferrocarril
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ferrocarril é o conxunto de vías de trens e instalacións anexas.
Índice |
[editar] Historia do Ferrocarril
O primeiro transporte de viaxeiros sobre "carrís de ferro" realizouse en 1801, con vagóns tirados por cabalos, entre as localidades inglesas de Wandsworth e Croydon.
George Stephenson (Wylam, 1781 - Tapton House, Chesterfield, 1848) é considerado o pai do ferrocarril moderno polas súas investigacións e resultados xunto co seu irmán Robert. Creando a primeira liña pública do mundo en 1825 entre Stockton e Darlinton, e posteriormente en 1830, entre Liverpool e Manchester, a primeira liña que tamén transportaba pasaxeiros.
As primeiras locomotoras foron:
- En 1828: Locomotora "Lancashire Witch" (12 km/h), deseñada para o transporte de carbón.
- En 1829: Locomotora "Rocket" (47 km/h), a primeira que remolcou vagóns con pasaxeiros.
[editar] España
A primeira liña ferroviaria de España foi inaugurada no ano 1843. A liña, de 28 Km de lonxitude, unía Barcelona e Mataró. No ano 1845 solicítase a concesión á liña de Madrid a Aranjuez con 49 km.
[editar] Galicia / Galiza
O día 15 de Setembro de 1.873, foi inaugurado o primeiro ferrocarril de Galicia entre Carril e Cornes (Santiago). En 1875 inaugúrase a segunda liña que unirá A Coruña e Lugo. E non será ata 1883 cando se enlace Galiza co resto do Estado.
[editar] Liñas actuais de ferrocarril existentes en Galicia
O seguinte mapa mostra as liñas de ferrocarril existentes en Galicia a Xuño de 2006. Non se teñen en conta ramais privados a empresas ou accesos a portos. Suman aproximadamente uns 1100 kms. As liñas marcadas en negro pertencían hasta o ano 2005 a Renfe e dispoñen de ancho ibérico (1668 mm) mentres que a liña vermella (Ferrol-Ribadeo-Oviedo) é vía estreita de 1 m. de ancho e pertence a FEVE. A liña en verde e o antigo ferrocarril mineiro Vilaodriz - Ribadeo, desmantelado dende os anos 60 do pasado século. Das liñas en uso únicamente a liña que entra por Ponferrada cara a Monforte-Ourense-Vigo está electrificada.
[editar] Elementos de la infraestrutura
- Balasto
- Travesas
- Suxeición de vía
- carrís
- Aparatos de vía
- Catenaria
- Circuitos de vía e bloqueo
- Señalización
- Estación
[editar] Estrutura
Máquinas Vagóns
[editar] Véxase tamén
- locomotora
- Alco
- Tren de alta velocidade (TAV)
- Maglev
- Monoraíl
- Shinkansen (Tren Bala)
- TGV
- AVE
- ICE
- Talgo
- Transrapid
- Transiberiano
- Transcanadense (Dúas liñas)
- Tren Urbano
- Metro
- Tren eléctrico
- Tranvía
- RENFE
- FEVE
- Cronoloxía do ferrocarril