Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lingua latina - Wikipedia

Lingua latina

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O latín é unha lingua indoeuropea extinta, que foi utilizada polos antigos romanos. Mantívose como lingua litúrxica da relixión católica, e aínda é oficial no Vaticano, factores polos que é aprendida polos cregos e falada nos seminarios. Por extensión, o adxectivo latino, latina emprégase para designar ás persoas que proceden de países con linguas neolatinas (que proceden do latín) ou que falan estas linguas. En termos xerais, úsase en Europa para designar ós habitantes meridionais e en EEUU para designar ós habitantes de procedencia iberoamericana.

Índice

[editar] Morfoloxía

A morfoloxía do latín é a dunha lingua altamente flexiva.

[editar] Os substantivos

Teñen:

[editar] O adxectivo

Hai dúas clases de adxectivos, que marcan mediante flexión os diferentes graos: comparativo e superlativo.

[editar] O verbo

Conxúgase segundo:

  • catro conxugacións;
  • dúas voces (activa e pasiva), co caso particular dos verbos depoentes (forma pasiva pero senso activo);
  • seis modos (infinitivo, indicativo, subxunctivo, imperativo, xerundio e participio) así como as formacións secundarias como o supino e o adxectivo verbal;
  • seis tempos (presente, perfecto, imperfecto, pluscuamperfecto, futuro simple e futuro anterior).

[editar] Historia

O lugar ancestral da lingua latina corresponde exatamente ao Vetus Latium, unha rexión considerabelmente moito menor do que hoxe é a Italia. Estaba limitada polo río Tibre ao norte, polo curso baixo do río Anio a nordeste, pola cadea dos Apeninos a leste, polo territorio Volsciano ao sur e polo Mar Tirreno a oeste. Cando a influencia militar e política de Roma se espallou, a lingua latina tamén se difundiu tanto nas cidades como nas zonas rurais, mesmo que con características dialectais proprias.

Hai unha serie de datas que marcan a expansión de Roma e con elas a súa lingua: en 241 a.C. a Sicilia tórnase provincia romana; en 238 a.C. tamén a Sardeña e a Córsega; en 197 a.C. a Hispania; en 146 a.C. a África; en 167 a.C. a Iliria; en 120 a.C. a Galia Meridional; en 50 a.C. a Galia Setentrional; en 15 a.C. a Retia e por último, en 107 d.C. baixo Traxano, a Dacia.

O proprio nome de Roma non só non é latino, probabelmente nin sequera sexa indoeuropeo, probabelmente derivado do xentilicio etrusco Ruma, sendo o adxectivo latinus un derivado do topónimo Latium (que pode significar comarca plana en oposición á montañosa Sabina).

Desde o punto de vista lingüístico, o latín forma parte da familia indoeuropea, na cal representa unha área marxinal do grupo de linguas kentum.

Xuntamente co osco, umbro e falisco pertence ao ramo itálico das linguas indoeuropeas.

Historicamente os seus períodos poden ser así divididos:

  • Preclásico, do século VII a.C. ao século II a.C.. As inscricións máis antigas proceden do século VII a.C. Nos séculos III e II a.C. a literatura fai súa aparición, baixo influencia grega (Plauto, Terencio).
  • Clásico, do século II a.C. ao século II d.C. A idade dourada da literatura latina.
  • Latín Vulgar, incluíndo o período patrístico, do século II ao V d.C. Onde se inclúe a Vulgata de San Xerome e as obras de Santo Agostiño.
  • Período Medieval, do século VI ao século XIV. A literatura latina continúa mais xorden as linguas romances.

Despois da súa transformación en linguas romances, o latín continúa fornecendo un repertorio de raíces para moitos campos semánticos, especialmente culturais e técnicos, para unha ampla variedade de linguas.

Moitas linguas europeas derivan directamente do latín, as linguas romances, como galego, o portugués, o castelán, o catalán, o occitano, o francés, o italiano, o romanche, o romanés, etc. Outras linguas teñen unha gran influencia do latín no seu vocabulario, como o albanés (por proximidade) ou o inglés (pola intermediación do francés antigo). O latín foi durante séculos a lingua de cultura e a da Igrexa católica. A súa influencia en Europa fíxose sentir nun grande número de linguas.

[editar] Latín medieval

Fálase ás veces de baixo latín para designar o latín de antes da Idade Media. Para a Idade Media en si pódese falar de latín medieval, por oposición estes dous termos ó latín clásico de Cicerón.

Moitos termos xermánicos son incluídos no vocabulario. Un certo número de termos clásicos adquiren un senso relixioso no contexto da Cristiandade (credo por exemplo) que non tiñan na época antiga.

[editar] Diferencias lexicais entre o l. clásico e vulgar

O latín vulgar crea derivados:

  • latín clásico APIS → latín vulgar APĬCŬLA → abella
  • GENU → GENUCULU → xeonllo
  • OVIS → OVĬCŬLA → ovella
  • UTI → USĂRE (USUS) → usar
  • AUDĒRE → *AUSĀRE (AUSUS) → ousar

Variantes vulgares fronte a formas clásicas:

  • SUBFERRE → *SŬFĔRĔRE → sufrir
  • SOCRUS → SŎCRA → sogra
  • DIES → *DIA → día
  • POSSE → *PŎTĒRE

Palabras diferentes entre o latín clásico e o vulgar, de orixes diversas pola composición heteroxénea do Imperio:

  • LOQUI, FARI → FABULARE → falar
  • DOMUS → CASA → casa
  • OS → BŬCCA → boca
  • OSCULUS → BASIUS → beixo
  • INVENIRE → AFFLARE → achar

Con todo, o latín vulgar xa traía grecismos e xermanismos incorporados no seu sistema que conformaban o adstrato do latín:

  • CAPUT → CARA → cara
  • GLADIS → SPATHA → espada
  • FUNIS → CHORDA → corda
  • LAPIS → PETRA → pedra

[editar] Ver tamén

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com