Meridional
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dise da ubicación orientada cara ó sur, tamén chamada antártico ou austral. O nome procede do étimo en latín meri dies ou de circulus meridianus, e polo tanto en contraposición ó setentrional. A súa orixe procede de que estaba no "círculo medio" que dividía á terra (o ecuador) ou ben a que era o lugar apuntado polo sol no mediodía.