Aristóteles
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aristóteles de Estaxira, 384 a.C. - 322 a.C. filósofo grego, un dos maiores pensadores de todos os tempos. As súas reflexións filosóficas - por un lado orxinais e por outro reformuladoras da tradición grega - acabaron por configurar un modo de pensar que se extendería por séculos. Prestou inigualábeis contribuicións para o pensamento humano, destacando en ética ética, política, física, metafísica, lóxica, psicoloxía, poesía, retórica, zooloxía, bioloxía, historia natural e outra áreas de coñecemento. É considerado por moitos o filósofo que máis influenciou o pensamento occidental.
Índice |
[editar] Vida
Aristóteles (en grego Αριστοτέλης) naceu en Estaxira, unha colonia de Andros e de lingua grega, na Calcídica, territorio macedónico. Era fillo de Nicomaco, amigo e médico persoal do rei macedonio Amintas II, pai de Filipe e avó de Alexandre, o Grande. É provable que o interese de Aristóteles pola bioloxía e fisioloxía decorra da atividade médica exercida por seu pai.
Cando tiña dezaseis ou dezasete anos partiu para Atenas, o maior centro intelectual e artístico de Grecia. Como moitos outros mozos do seu tempo, Aristóteles foi para aquela cidade a fin de proseguir os seus estudos. Dúas grandes institucións disputaban a preferencia das xente nova: dun lado estaba a escola de Isócrates, que visaba preparar o alumno para a vida política e, doutro lado, estaba Platón e a súa Academia, que daba preferencia á ciencia (episteme) como fundamento da realidade. Apesar do aviso de que quen non coñecese xeometría alí non debería entrar, Aristóteles decidiuse pola Academia platónica e nela permaneceu ata 347 a.C., ano no que morre Platón.
Coa morte do seu gran mestre e coa escolla do sobriño de Platón, Espeusipo, para a presidencia da Academia, Aristóteles partiu para Asos con algúns ex-alumnos da Academia. Dous feitos parécense relacionar con ese episodio. O primeiro, é o feito de que Espeusipo representase unha tendencia interna que desagradaba inmensamente a Aristóteles, isto é, a matematización da filosofia. O segundo, é o feito de Aristóteles sentirse marxinado (ou mesmo rexeitado), xa que se xulgaba o máis apto para asumir a dirección da Academia platónica.
En Asos, Aristóteles fundou un pequeno círculo filosófico coa axuda de Hermias, tirano local e eventual ouvinte de Platón. Aló ficou por tres anos e casou con Pitias, sobriña de Hermias. Ao ser Hermias asasinado, Aristóteles partiu para Mitilene, na illa de Lesbos, onde realizou a maior parte das súas famosas investigacións biolóxicas. No ano de 343 a.C. tornouse preceptor de Alexandre, función que exerceu ata 336 a.C., cando Alexandre subiu ao trono.
Neste mesmo ano, de volta a Atenas, Aristóteles fundou o Liceo, e os seus alumnos coñecéronse como peripatéticos (os que pasean), nome ese que proviña do hábito de Aristóteles ensinar ao ar libre, moitas veces baixo as árbores que cercaban o Liceo. Ao contrario que a Academia de Platón, o Liceo privilexiaba as ciencias naturais. O propio Alexandre enviaba para seu antigo mestre exemplares da fauna e flora das rexións conquistadas.
Aristóteles dirixiu a súa escola ata 323 a.C., pouco despois da morte de Alexandre. En vista diso, os sentimentos antimacedonios dos atenienses voltáranse contra Aristóteles. Sentíndose ameazado, deixou Atenas dicindo que non ía permitir que a cidade cometese un segundo crime contra a filosofía (alusión ao xulgamento de Sócrates). Deixou a súa escola aos cuidados do seu principal discípulo, Teofrasto (371 a.C. - 287 a.C.) e retirouse para Calcis, na Eubea, onde morreu no ano seguinte.
[editar] O pensamento aristotélico
A tradición representa un elemento vital para a comprensión da filosofía aristotélica. En certo sentido, Aristóteles vía o seu propio pensamento como o punto culminante do proceso desencadeado por Tales de Mileto. A súa filosofia pretendía non só examinar coidadosamente senón tamén corrixir as fallas e imperfeccións das filosofias anteriores. Ao mesmo tempo, abriu novos camiños para fundamentar as súas críticas, revisións e novas proposicións.
[editar] As catro causas
Para Aristóteles, existen catro causas implicadas na existencia de algo:
- A causa material (aquilo do cal se fai unha cousa, como a arxila, por exemplo);
- A causa formal (a cousa mesma, como un vaso de arxila);
- A causa motora (aquilo que dá orixe ao proceso en que a cousa surxe, como as mans de quen traballa a arxila, por exemplo);
- A causa final (aquilo para o cal se fai unha cousa, como enfeitar a sala e levar flores, por exemplo).
A teoría aristotélica sobre as causas exténdese sobre toda a Natureza, que é como un artista que actúa no interior das cousas.
[editar] Esencia e accidente
Aristóteles distingue, tamén, a esencia e os accidentes nunha cousa.
A esencia é algo sen o cal aquilo non pode ser o que é; é o que dá identidade a un ser, e sen a cal aquel ser non pode ser recoñecido como sendo el mesmo (por exemplo: un libro sen ningun tipo de letras non pode ser considerado un libro, pois o feito de ter letras é o que lle permite ser identificado como "libro" e non como "caderno" ou meramente "papel en branco").
O accidente é algo que pode ser inherente ou non ao ser, mais que, mesmo así, non se descaracteriza o ser pola súa falta (o tamaño dunha flor, por exemplo, é un accidente, pois unha flor grande non deixará de ser flor por ser grande; a súa cor, tamén, pois, por máis que unha flor teña que ter, necesariamente, algunha cor, aínda así tal característica non fai dunha flor o que ela é).
[editar] Potencia, acto e movemento
Todas as cousas son en potencia e acto. Unha cousa en potencia é unha cousa que tende a ser outra, como unha semente (unha árbore en potencia). Unha cousa en acto é algo que xa está realizado, como unha árbore (unha semente en acto). É interesante notar que todas as cousas, mesmo en acto, tamén son en potencia (pois unha árbore - unha semente en ato - tamén é unha folla de papel ou unha mesa en potencia). A única cousa totalmente en acto é o Acto Puro, que Aristóteles identifica co Ben. Ese Acto non é nada en potencia, nin é a realización de potencia ningunha. El é sempre igual a si mesmo, e non é un antecedente de cousa algunha. Dese concepto Tomás de Aquino derivou a súa noción de Deus.
Un ser en potencia só pode tornarse un ser en acto mediante algún movemento. O movemento vai sempre da potencia ao acto, da privación á pose. É por iso que o movemento pode ser definido como acto dun ser en potencia encanto está en potencia.
[editar] A alma
O organismo, unha vez desenvolvido, recebe a forma que lle posibilitará perfección maior, facendo pasar as súas potencias a acto. Esa forma é alma. Ela fai con que vexeten, crezan e se reproduzan os animais e plantas e tamén fai con que os animais sintan.
No home, a alma, alén de suas características vexetativas e sensitivas, hai tamén a característica da intelixencia, que é capaz de apreender as esencias de modo independente da condición orgánica.
[editar] Ética
No sistema aristotélico, a ética é unha ciencia menos exacta na medida en que se ocupa con asuntos pasíbeis de modificación. Ela non se ocupa con aquilo que no home é esencial e inmutable, mais daquilo que pode ser obtido por accións repetidas, disposicións adquiridas ou de hábitos que constitúen as virtudes e os vicios. O seu obxectivo último é garantir ou posibilitar a conquista da felicidade.
Partindo das disposicións naturais do home (disposicións particulares a cada un e que constitúen o carácter), a moral mostra como esas disposicións deben ser modificadas para que se axusten á razón. Estas disposicións acostuman estar afastadas do medio-termo, estado que Aristóteles considera o ideal.