Lesbos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lesbos é un illa de Grecia, tamén chamada de Mitilene. Localizase no mar Exeo, próximo a Turquía. En grego moderno, o nome da illa é Lesvos, e os seus habitantes son chamados de lesvianos ou lesvianotas. As principais cidades da illa son Mitilíni, Kalloni, Mithyma, Plomarion, Axiasos e Petra, e localízase no concello grego do mesmo nome.
A illa leva sido habitada desde a Idade de Bronce. A primeira mención a ela é feita en rexistros hititas como Lazpa. Outros nomes antigos son Lassia, Imerti, Aegira, Isa, Mythonis e Les-Ba.
Lesbos foi o centro dunha civilización no VI século a.C, tendo sido o lar dos poetas Safo e Alceo. En 428 a.C., Lesbos xuntouse á Liga de Delos nunha revolta sen éxito contra Atenas. Aristóteles e Epicuro tamén moraron aquí.
Na mitoloxía grega, Lesbos tamén era o nome do deus padroeiro da illa. Lesbos era fillo de Lafita e casou con Metima.
A palabra lésbica vén do nome desta illa. A súa orixe está nos poemas de Safo de Lesbos, onde se describe o amor entre mulleres. Debido a isto, Lesbos é frecuentemente destino turístico de cruceiros e outros paseos para lesbianas. Mentres, as autoridades lesbovitas non aproban enteiramente isto, e a algúns navíos de cruceiro xa lles foi negado o permiso para atracaren na illa.
Índice |
[editar] Dados
Poboación: 105.082
Área: 2.154 km²
Densidade Demográfica: 48,78 h/km²
Capital: Mitilini