Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Tales de Mileto - Wikipedia

Tales de Mileto

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Tales de Mileto (grego Θαλής ο Μιλήσιος), é o primeiro filósofo occidental que se coñece, sendo o marco inicial da filosofia occidental e o primeiro dos filosofos presocráticos.

De ascendencia fenicia, naceu en Mileto, antiga colonia grega, na Asia menor, actual Turquía, no 625 a.C. e finou aproximadamente no 547 a.C. - segundo o historiador grego Dióxenes Laercio, morreu con 78 anos durante a 58ª Olimpíada.

Considérase aTales como un dos sete sabios da Grecia Antiga. Alén diso, foi o fundador da Escola Xónica. Considerado, tamén, o primeiro filósofo da "physis"(física), porque outros, despois del, seguiron o seu camiño procurando o principio natural das cousas.
Tales consideraba a auga como orixe de todalas cousas. E os seus seguidores, aínda que discordasen canto á “substancia primordial” (que constituía a esencia do universo), concordaban con el no que dicia respeito á existencia dun “principio único" para esa natureza primordial.

Entre os principais discípulos de Tales de Mileto, merecen destaque: Anaxímenes que dicia ser o "ar" a substancia primaria; e Anaximandro, para quen os mundos eran infinitos na súa perpetua interrelación.

[editar] Os traballos de Tales

Nas súas andanzas, Tales coñeceu as obras de varios matemáticos e astrónomos da rexión. Dedicouse á matemática e estableceu os primeiros postulados básicos da xeometría. Estudou as rectas e os ángulos e fixo demonstracións formais rigorosas sobre a xeometría do círculo e do triángulo isósceles. A el atribuese o cálculo da altura dunha pirámide baseado na lonxitude da súa sombra, en determinado horario do día (a través da posición do Sol) e, a demostración de como medir a distancia dun navío que se atopa no mar. Entre tanto parece que o teorema que leva o seu nome, relativo a liñas rectas paralelas cortadas por unha secante, se remonta á xeometría exipcia e babilónica.

Atribúese a Tales tamén a primeira medida exacta do tempo utilizándose o gnomon (reloxio solar) e a construción de parapegmas (calendarios astronómicos que contiñan informacións meteorolóxicas).

Tales foi o primeiro astrónomo a explicar o eclipse do Sol, ao verificar que a Lúa é iluminada por ese astro. Segundo Heródoto, el teria previsto un eclipse solar en 585 a.C. Segundo Aristóteles, tal eclipse marca o momento en que comeza a filosofía. Os astrónomos modernos calculan que ese eclipse se apresentou en 28 de Maio do ano mencionado por Heródoto.

Se Tales aparece como o iniciador da filosofia, é porque o seu esforzo en buscar o principio único da explicación do mundo non só constitúe o ideal mesmo da filosofía como tamén forneceulle impulso para o seu propio auto-desenvolvimento.

[editar] A Cosmoloxía de Tales

Na época de Tales, os gregos – a través da súa mitoloxía – consideraban os elementos da Natureza (o Sol, a Terra, o Ceo, o Océano, as Montañas, etc.) como forzas autonomas, honrandoos como deuses, elevados pola pantasia a seres activos, móbeis, conscientes e dotados de sentimentos, vontades e desexos. Estes deuses constituían a fonte e a esencia de todalas cousas do universo.
Tales foi un dos primeiros pensadores en discordar desa relixión vixente, cuxos principios eran ditados pola percepción que os homes captaban a través dos seus sentidos.
O ponto de partida da teoría especulativa de Tales – como tamén de todolos demais filósofos da escola Xonica – foi a verificación da permanente transformación das cousas unhas noutras e a súa intuición básica é de que todas as cousas son unha soa cousa fundamental, ou un só principio (arché).
Dos escritos de Tales, nengun deles sobreviveu ata nosos dias. As suas ideas filosóficas coñecense grazas aos traballos de Dióxenes Laercio, Simplicio e principalmente Aristóteles.
Na súa obra - Metafísica, Aristóteles contanos: “Tales di que o principio de todas as cousas é a auga, sendo tal vez levado a formar esa opinión, por ter observado que o alimento de todas as cousas é húmido e que o proprio calor é xerado e alimentado pola humidade. Ora, aquilo de que se orixinan todas as cousas é o principio delas. De ahí lle veu esa opinión, e tamén a de que as sementes de todas as cousas son naturalmente húmidas e de ter orixe na auga a natureza das cousas úmidas”.
No seu libro – Da Alma, Aristóteles escrebe: “E afirman alguns que ela (a alma) está mesturada co todo. É por iso que, tal vez, Tales pensou que todas as cousas están cheas de deuses. Parece tamén que Tales, polo que se conta, supuxo que a alma é algo que se move, se é que dixo que a pedra (imán) ten alma, porque move o ferro”.
Ese esforzo investigativo de Tales no sentido de descobrir unha unidade, que seria a causa de todas as cousas, representa unha mudanza de comportamento na atitude do home perante o cosmos, pois abandona as explicacións relixiosas ata entón vixentes e busca, a través da razón e da observación, un novo sentido para o universo.
Cando Tales dixo que todas as cousas están cheas de deuses, ou que o magnetismo se debe á existencia de “almas” dentro de certos minerais, el non estaba invocando as palabras deus e alma, no sentido relixioso como as coñecemos actualmente, mais si adviñando intuitivamente a presenza de fenomenos naturais inherentes á própria materia.
Aínda que as suas conclusións cosmolóxicas estivesen erradas podemos dicer que a Filosofia comezou entón con Tales, que ao establecer a proposición de que a auga é o absoluto, provoca como consecuencia o primeiro distanciamento entre o pensamento racional e as percepcións sensibeis.

[editar] Contos

  • Plutarco dixo que Tales certa vez ollando para o ceo, tropezou e caiu, sendo reprendido por alguén como lunático: analizaba o tempo para descobrir que haberia unha seca, coa cal gañou diñeiro.
  • Usando o seu coñecimento astronomico e meteorolóxico (probabelmente herdado dos babilonios), Tales previu unha excelente colleita de aceitonas cun ano de antecedencia. Sendo un home prático, conseguiu diñeiro para alugar todas as prensas de aceite de oliva da rexión e, cando chegou o verán, os produtores de aceite tiveron que pagarlle polo uso das prensas, o que o levou a gañar unha grande fortuna con ese negocio.
  • Cando lle perguntaron a Tales que era difícil, el respondeu: “Coñecerse a un mesmo”. Cando lle perguntaron o que era fácil, el respondeu: “Dar consellos”.
Wikiquote logo
Citas no Wikiquote sobre:
[[q:{{{1}}}|{{{1}}}]]
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com