Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia de España - Wikipedia

Historia de España

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Historia en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Ti podes colaborar e contribuir así que a Galipedia mellore e medre. Hai tamén outros relacionados que precisan ser completados.


Índice

[editar] Prehistoria

Artigo principal España prehistórica

[editar] Periodo magdaleniense

25.000 ó 10.000 a. C. pinturas rupestres en Pinal, Peña de Cándamo, El Pendal, Pasiega, Ribadesella e Altamira. Grupos humáns organizados en torno á familia. Economía de caza e recolección.

[editar] Neolítico

Xorden a gandería e a agricultura o que propicia os primeiros asentamentos sedentarios. (Ver arqueoloxía, antropoloxía, palinoloxía e antracoloxía). Aumento da poboación.

7.000 ó 3.000 a. C. desigual desenvolvemento da revolución neolítica, sobre todo debido á particular xeografía ibérica. Así, na Meseta chegaran os cambios de xeito máis tardío que nas costas andaluzas, levantinas e catalanas. Característica salientable: singular traballo da cerámica na ribeira do Mediterráneo. Adornos nos intrumentos cerámicos feitos con cunchas. Economía baseada no troco.

[editar] Idade do ferro

Século IX a. C. pobos celtas procedentes de Europa central entran na península atravesando os Pirineos. Ata o século V a. C. non paran de chegar novos pobos celtas como: belones, perendones, sefes, lugones e belgas. [1]

[editar] España prerromana

[editar] Colonización grega, fenicia e cartaxinense

Ó redor do 1100 a.C. fundación da colonia fenicia de Gadir (Cádiz). Expansión nos seguintes anos polo Baixo Guadalquivir ata Estremadura. As colonias fenicias comezaron sendo portos fortificados. Pouco a pouco co aumento do comercio cos indíxenas comezan a fundar vilas no interior.

Tartessos (séc. IX a. C. - VI a . C.), primeira nación urbana e centralizada (Monarquía) da península. Época: baixo bronce. Lugar: Andalucía Occidental. Reis coma Argantonio utilizaban a guerreiros mercenarios celtas para afirma-lo seu poder. Economía baseada nas minas e o comercio con gregos e fenicios. Relixión semítica ó estilo fenicio. Culto á diosa Astarté de Tiro (Líbano) (a Ishtar dos Babilonios). O reino establécese na desembocadura do río Guadalquivir, no triángulo formado por Sevilla, Huelva e Cádiz. Trala decadencia do século VI a. C. ese reino o herdarían os turdetanos, xa baixo a influenza cartaxinesa. Destacan os xacementos de Lora del Río, Camas (Sevilla), Riotinto (Huelva) e o santuario de Cancho Roano en Zalamea de la Serena (Badajoz).


Século VI a.C. fundación de Emporion (Ampurias) polos gregos foceos. Competición comercial entre gregos e fenicios. Acúñase moeda por primeira vez na península.

Séculos VI ó III a. C. Cartago domina as colonias fenicias ibéricas.

238 a. C. Cartago seguindo unha política de expansión imperialista, manda a Amílcar Barca desembarcar en Gadir. Atopa resistencia turdetana. O seguinte xeral, Asdrúbal consegue o recoñecemento fronteirizo coa República Romana no río Ebro. Fundación de Cartagho Nova (Cartaxena).

Aníbal, fillo de Amílcar, ataca Sagunto no 219 a. C. Roma declara a guerra a Cartago, comeza a 2ª Guerra Púnica.

[editar] Dominación romana

Artigo principal: Hispania Romana
A República Romana competindo contra o poder de Cartago no marco das Guerras Púnicas, chega no 218 a. C. á Península Ibérica. Comeza a súa conquista, que non rematará ata o 19 da nosa era. Todo este periodo non é uniforme, xa que ó longo de toda a dominación sempre houbo conatos de resistencia, tanto da poboación autóctona, como da pequena aristocracia hispanorromana. [2]

Provincias peninsulares nos albores do Imperio
Provincias peninsulares nos albores do Imperio

As orixes adminsitrativas españolas parten da época romana e a súa división provincial.

209 a.C.: Declive do exército de Aníbal Barca en Italia e comezo da gran conquista de España por parte de Roma. Esta anexiona a península e pártea en dúas provincias: Hispania citerior e Hispania ulterior.

Do 143 a. C. ó 139 a. C. revolta lusitana contra as lexións de Roma. Viriato alcanza grande fama como caudillo.

133 a. C. os numantinos prefiren morrer abrasados que rendir a plaza fronte as tropas de Emiliano Escipión.

27 a. C. división da península en: Tarraconensis, Bética e Lusitania.

264, os suevos e os francos chegan a Tarracino (Tarragona). Son expulsados polas tropas romanas.

411, os suevos establécense na Gallaecia.

[editar] Época xermánica

Ruralización xeralizada da sociedade. Seguindo a tónica do Baixo Imperio, as cidades seguen a perder poboación en favor do campo. Cada vez máis latifundios dependen de pequenos señores feudais que teñen o poder efectivo.

Esquema da Península Ibérica no século VI
Esquema da Península Ibérica no século VI

586 - 601 reinado de Recaredo, enfontamentos cós borgoñóns na Septimania e cos bizantinos en Levante. 585 os suevos son apalstados polos visigodos. Unión política da península ibérica. 586, alzamento suevo comandado por Malarico. 587 Recaredo, fillo de Leovixildo, convértese ó catolicismo. Unión relixiosa da península.

633 IV Concilio de Toledo. Obrígación ós xudeus de bautizarse. Os novos reis deben ser confirmados pola Igrexa.

711, batalla de Guadalete, os musulmáns desembarcan na península e derrotan a don Rodrigo.

[editar] Dominio árabe

711, Tariq, gobernador musulmán de Tánxer, vence ós partidarios de don Rodrigo na batalla de Guadalete.

718 os musulmáns entran en Pamplona.

Na zona norte, os musulmáns só ostentan o poder nas cidades, a xeografía dificulta o cobro de impostos. Múltiples escaramuzas de resistentes visigodos contra as tropas bereberes.

722, batalla de Covadonga. Resistentes visigodos baixo o mando de don Pelaio rechazan ós musulmáns en Asturias.

773 Abderramán I proclama o Emirato de Córdoba. Autonomía plena dos musulmáns da Península Ibérica de Damasco.

929 Abderramán III proclama o Califato de Córdoba.

A resistencia de galaicos, astures e cántabros non se diferencia moito da que opuxeron contra os románs. De feito, nos últimos séculos apenas hai evolución nestes pobos.

A partires do século XIII só queda o reino nazarí de Granada, tributario de Castela.

Ver

A Reconquista
Reino de León
Condado de Castela

[editar] Imperio Español

Ver Renacemento en España

[editar] Reis Católicos, séc. XV

  • Co matrimonio (1474) da raíña Isabel de Castela e Fernando de Aragón, créase o primeiro goberno realmente unitario dende a época visigótica (lémbrese Recaredo Rex Hispanorum).
  • Creación do Tribunal da Santa Inquisición. Este tribunal perduraría ata ben entrado o século XIX.
  • Expulsión dos xudeus. Os Reis Católicos seguiron sempre unha política centralizadora e homoxeneizante.
  • A creación de institucións centralizadoras, tanto xurídicas como militares, converten a España nun dos primeiros estados modernos do Renacemento que abandona a Idade Media.

[editar] Forxa do Imperio

Trala morte de Isabel I (1504), Xoana I como herdeira pasou a se-la nova raíña, pero Fernando de Aragón tivo que facerse co poder (rexente de Castela e Rei de Aragón) de ambos reinos por mor do complicado estado mental da súa filla. En 1509 tomouse a decisión de encerra-la no castelo de Tordesillas. Xoana falecería o 12 de abril de 1555.

Cando morre Fernando, asume a xefatura do Estado o seu neto Carlos, pero ata 1555 seguiu figurando Xoana I como raíña legal, aparecendo o seu nome en tódolos documentos oficiais da coroa.

[editar] Carlos I

 Carlos I a cabalo. Tiziano.
Carlos I a cabalo. Tiziano.

Ver Carlos I

A maior ambición de Carlos I de España (rei de 1516 a 1556) e V de Alemaña (emperador de 1519 a 1556), era a de crear un imperio universal de caracter católico. Mellor non puido empezar, xa que ós dominios españois en España, Italia e América, uniríanse os dos Habsburgo, e no 1519 os estados alemáns o elixirían emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. No 1526 obtería o Milanesado (Tratado de Madrid), a finais desa década obtería as posesións do ducado de Borgoña, tras vencer unha e outra vez (Pavía, Bicoca,...) a Francisco I, rei de Francia. Este último ducado teríao que devolver polas presións da alianza de Francia, o Papa e os príncipes italianos (Liga de Cognac).

En 1521 o levantamento comunero en Castela é sufocado en Villalar.

En 1532, franceses, otomanos e príncipes alemáns en desacordo coa Dieta de Ausburgo (Liga de Esmalcalda), rebélanse contra Carlos. Os turcos sitian Viena e os tercios españois levantan o asedio, logo, en 1535 Carlos toma Túnez, non poidendo evitar a perda de Saboya ós franceses.

1544, paz de Crépy, Francisco I vése obrigado a rompe-la alianza con Solimán o Magnífico, emperador turco, e loitar pola unidade dos cristiáns.

1547, victoria en Mühlberg. Enrique II, novo rei francés, alíase coa Liga de Esmalcalda.

1555, paz de Ausburgo, Carlos I recoñece o dereito á liberdade relixiosa no imperio. 25 de outubro, Carlos abdica no seu irmán e no seu fillo.

21 de setembro de 1558, morre no mosteiro de Yuste, Estremadura.

[editar] Filipe II

Ver Filipe II

O 25 de outubro de 1556 Filipe II pasa a ser coroado rei das Españas e das Indias. Este monarca herdaría tódalas posesións do seu pai agás as do Imperio Alemán. Coma o seu pai foi o monarca máis poderoso do seu tempo. Trala anexión de Portugal reinou tamén sobre o imperio desta nación.

Unión peninsular: Vacante o trono portugués, Filipe II fillo da infanta Isabel de Portugal era o candidato máis axeitado, nembargantes, parte da nobreza lusa defendeu a candidatura do Prior de Crato, fillo bastardo do rei Don Sebastián. O Duque de Alba cruzou a península e apareceu no territorio portugués cun inmenso exército formado por tercios de veteráns das guerras contra Francia (os "tercios de Alba"). Venceu ás tropas reunidas para defender a Crato nun paseo militar. Filipe II foi proclamado rei de Portugal nas Cortes de Thomar (1580), xurando respeta-los foros e os privilexios, tal como se viña facendo por exemplo con Aragón ou Navarra.

En 1598 Filipe morría no mosteiro-palacio de El Escorial. As súas guerras contra Francia e Inglaterra, as sublevacións dos Países Baixos e o esforzo da expansión colonial agotaran as súas forzas e as de todo o reino. Intuíase unha próxima decadencia do imperio, pero esta tardaría case medio século en sair á superficie. Filipe II deixou como herdeiro ó seu fillo Filipe froito do seu cuarto e derradeiro matrimonio con Ana de Austria.

[editar] Decadencia

Durante o reinado dos tres últimos Austrias, España irá perdendo influenza política pese a continuar sendo o país máis grande do mundo, con presencia nos cinco continentes. A corrupción da clase dirixente, as costosas aventuras militares e o parón da ciencia por mor da Igrexa serán varias das causas desta decadencia.

Aínda así, neste século XVII, España dá ó mundo a mellor literatura, é o chamado Século de Ouro. Con persoeiros da talla de Quevedo, Cervantes, Góngora, Lope de Vega,...

O estilo arquitectónico predominante é o Barroco, que supón unha ruptura das formas xeometrizantes do renacentismo previo.

[editar] Filipe III

  • Filipe III, durante o seu reinado continúa a hexemonía mundial española.
  • Reinado de pacificación se se compara cos seus predecesores. Tensión có Imperio Otomano, República de Venecia e o dux de Saboia.
  • De 1601 ó 1606 a Corte establécese en Valladolid.
  • 1609, Tregua dos doce Anos: recoñécese a independencia de Holanda. Expulsión dos moriscos.
  • 1618, comeza a Guerra dos Trinta Anos. España apoia ó emperador Fernando II de Austria contra o elector do Palatinado Federico V.

[editar] Filipe IV

  • Filipe IV.
  • Comeza a declina-la hexemonía española.
  • O rei exerce de mecenas propiciando grandes logros na música, literatura, artes escénicas. Periodo de luxo bizantino e exaltación na corte.
  • Exerce o goberno Gaspar de Guzmán, máis coñecido coma conde-duque de Olivares, do 1621 ó 1643.
  • So 1643 ó 1665 a confidente do rei, sor Mª Jesús de Ágreda inflúe notoriamente nas decisións estatais.
  • 1648, Paz de Munster, España perde o norte dos Países Baixos. fin da Guerra dos Trinta Anos.
  • Independencia de Portugal trala derrota de Villaviciosa.

[editar] Carlos II

Véxase Artigo principal Carlos II.

  • 1675, remata a rexencia de Mariana De Austria, nai de Carlos II.
  • 1677 a 1679 goberna Xoán Xosé de Austria, ségueno o Duque de Medinacelli e mailo Conde de Oropesa.
  • 1680 deflación da moeda de vellón en Castela, o Conde de Oropesa decide conte-lo gasto público e baixa-los impostos.
  • Desigual desenvolvemento dos reinos peninsulares: Castela empobrécese e Aragón recupérase un puco debido a novas estructuras económicas forais.
  • 1690 - 1697, a maioría de países europeos alíanse contra Francia. Acaba coa Paz de Rvswick, Luis XIV cede plazas en Flandes, Luxemburgo e Cataluña a España.
  • Carlos II non ten descendencia e plantéase elixir entre o archiduque Carlos, fillo do emperador Leopoldo e bisneto de Filipe III, e Filipe de Anjou, neto de Luis XIV e bisneto de Filipe IV. Isto provocará a Guerra de Sucesión, conflicto bélico no que se implican tódalas potencias europeas.

[editar] Os Borbóns e o século XVIII

Filipe V

  • Reformas administrativas: extensión da xurisprudencia castelá a Aragón.
  • Decreto de Nova Pranta.
  • Guerra de sucesión española
  • Mellora do comercio coas colonias, comeza a recuperación económica.
  • De xaneiro a agosto de 1724 Filipe V abdica no seu fillo, que reinaría como Luis I ata que tras morrer de viruela o pai volve a recupera-lo trono.

Fernando VI

Debido ó leve retraso mental deste rei e da súa esposa, a portuguesa Bárbara de Braganza, o país foi dirixido polo primeiro ministro, o marqués da Ensenada e o Secretario de Estado José de Carvajal y Lancaster. A política exterior foi de neutralidade total, abandoando o monopolio do comercio de escravos fronte os ingleses. Durante o seu reinado 1746 - 1759, o marqués da Ensenada promoveu a fabricación de novos buques para armada. É unha etapa de estabilidade económica.

Carlos III

Carlos IV

[editar] Século XIX

[editar] Guerra da Independencia

No marco das guerras napoleónicas, as tropas francesas piden paso franco a través de España para chegar a Portugal, (18 de outubro de 1807). Aproveitan a debilidade nese momento e a alianza con Carlos IV para quedarse en territorio español.

Debido ó descontento popular contra o rei Carlos IV e Godoy, un levantamento popular obrígao a abdicar en favor do seu fillo Fernando, que é a súa vez retido polas tropas francesas. Napoleón nunha hábil estrataxema, propónse para mediar entre pai e fillo a cuestión sucesria.

O 2 de maio de 1808 o alcalde de Móstoles redacta un bando pedindo a colaboración cidadá para libera-lo rei Fernando VII:A Patria está en perigo. Madrid perece víctima da perfidia francesa. Españois, acudide a salvala. A insurxencia popular contra os franceses esténdese a Madrid e de alí a outras capitais.

Ante o clima violento que se respira neses momentos na capital, os xenerais españois non se deciden a facer nada, nembargantes, un simple capitán de artillería, Daoíz, ó ver ó pobo loitar na rúa contra os franceses, decide apoia-los seus compatriotas e levanta a súa garnición. Só é apoiado por outro capitán, Velarde, que se une a el con outros 30 soldados e algunhas pezas de artillería. Este primeiro levantamento fracasa ante o moi superior exército de Murat.

O 4 de maio a revolta chega a Badaxoz. O Comadante Xeneral de Estremadura decide levanta-la súa garnición e enviar correos chamando á revolta. O día 9 de maio tódalas capitais de provincia rebélanse contra o exército francés.

A loita contra os franceses fíxose por medio de Xuntas Xerais, con independencia do poder rexio. Esta situación e mailo novo xeito de pensar do exército invasor que bebeu das ideas revolucionarias fan que as ideas liberais atopen terreo aboado nun país tradicionalmente conservador como España. En 1812 proclámase en Cádiz a primeira Constitución (a 'Pepa'), que recolle os Dereitos do Home expresados pola Revolución Francesa. Trátase dunha constitución liberal moi ambiciosa.

[editar] Reinado de Fernando VII

Coa volta de Fernando VII a España restaurase o absolutismo que estará presente en todo o seu reinado (agás un pequeno período de tres anos coñecido como Trienio Liberal). Foi deposta a Constitución de 1812 aprobada polas Cortes de Cádiz durante a Guerra de Independencia. Caracterízase este periodo por unha relativa paz internacional, e polas constantes loitas internas entre absolutistas e liberais, tomando partido Fernando VII polos primeiros. Remata o seu reinado cunha crise sucesoria (o rei só tiña unha filla), e trala súa morte sería sustituído pola súa filla Isabel II.

[editar] Desaparición das colonias

Poden citarse cinco causas como as fundamentais da emancipación das colonias continentais españolas:

  1. Influenza das ideas liberais, transmitidas á alta sociedade crioula por medio de sociedades secretas.
  2. O exemplo de prosperidade das colonias norteamericanas.
  3. A axuda de potencias rivais de España como Francia.
  4. O descontento coa política económica da Metrópole.

O motivo principal sería a invasión de España por Napoleón. Esta provocou un levantamento revolucionario nas cidades americanas, que ó principio tivo caracter de lealdade á causa española.

Arxentina proclama a súa independencia no Congreso de Tucumán en 1816 da man do xeneral San Martín. En México sería Agustín de Itúrbide o emancipador, que tras proclamarse Emperador foi fusilado e proclamada a República Federal. América Central fíxose independente baixo forma de Confederación, as chamadas Provincias Unidas de Centroamérica. Uruguai, que proclamou a independencia en 1813, foi conquistada por Brasil, aínda que logo independizase coa axuda Arxentina.

[editar] Guerras Carlistas

En 1833, tras a morte de Fernando VII e a proclamación como raíña de Sabela II, producíronse en distintos lugares levantamentos ultrarrealistas nos que se recoñecía como rei a Don Carlos (irmán de Fernando VII). Estas proclamacións dividiron aos españois en dous bandos: os carlistas e os isabelinos, e deu orixe á primeira guerra carlista. Nela dirimíase quen debía reinar en España e tamén que sistema político debía prevalecer -liberalismo (isabelinos) ou absolutismo (carlistas)- e que organización territorial debía existir -centralismo ou foralismo-.

O carlismo caracterizase pola defensa do lexitimismo ou dereito ao trono de España do infante Carlos de Borbón e dos seus descendentes, polo tradicionalismo político, relixioso e social e polo foralismo ou mantemento da organización administrativa tradicional. Apoiaron o carlismo o clero e a fidalguía rural e tamén os campesiños das provincias vascas e de Navarra, prexudicados pola abolición dos privilexios xa que o sistema foral lles garantía a exención de impostos, autonomía administrativa e económica, limitación do poder real, restricións ao servizo militar... O exército, a burguesía e a meirande parte da poboación urbana non apoiaron ao carlismo, senón ós intereses isabelinos e liberais. O levantamento carlista produciuse en setembro de 1833, a proclamación de Carlos de Borbón como rei só triunfou nas provincias vascas e Navarra e determinados lugares do norte de Castela, a Rioxa, o Maestrazgo e Cataluña. O exército carlista tivo como xefe a Zumalacárregui, que conseguiu sucesivas vitorias, pero fracasou e morreu ó intentar conquistar Bilbao, En 1839 o xeneral Maroto (carlista) e Espartero (isabelino) asinaron o Convenio de Vergara, no que se recomendaba ao Goberno que propuxera ás Cortes o mantemento ou a modificación dos privilexios forais, e se recoñecían os empregos e graos dos militares do exército carlista, a cambio, os carlistas aceptaban a Constitución de 1837 e recoñecían a Sabela II, Pero Carlos de Borbón non recoñeceu o acordo e a guerra continuou dirixida pro Cabrera e en 1840 as derradeiras partidas carlistas abandonaron España camiño do exilio.

A segunda guerra carlista tivo lugar en 1846, pretendían a defensa dos dereitos ao trono de Carlos VI, os protagonistas non conseguiron os seus obxectivos e a represión foi moi dura.

A terceira guerra carlista comezou en abril de 1872, e tivo un amplo apoio popular nas provincias vascas e Navarra e menor en Cataluña. Os carlistas ocuparon a case totalidade do territorio vasco e navarro coa excepción das capitais, e estableceron unha sólida administración que lles permitiu resistir ata a súa derrota definitiva en 1876.

[editar] O desastre do 98

Trala desaparición da meirande parte do imperio español no primeiro terzo do século XIX. Só quedaban nos últimos anos do século as colonias africanas de Guinea, Río de Ouro e Marrocos, as americanas de Porto Rico e Cuba, e as do Pacífico Guam e Filipinas.

Cuba e Porto Rico baseaban a súa economía na exportación de produtos non transformados á metrópole. A súa economía era anticuada e soportada por man de obra semi-escrava. No caso do Caribe, España apoiaba a unha reducida oligarquía latifundista, no caso filipino, o poder e influenza residía nas ordes relixiosas e o exército colonial.

En 1895, prodúcense insurreccións independentistas en Filipinas e Cuba (Jósé Martí). Estados Unidos apoiará a causa independentista debido a intereses económicos e estratéxicos (The back courtyard).

A guerra de Cuba iniciase co estoupido do acoirazado Maine (260 mortos), a prensa americana culpa a España e comezan as operacións militares. España é incapaz de loitar en diversos escenarios ó mesmo tempo cunha tecnoloxía desfasada fronte á americana. Prodúcense as batallas de Cavite e La Habana. España veráse obrigada a recoñece-la súa derrota. En decembro de 1898 fírmase a paz en París.

  • España cede Porto Rico ós EUA (hoxe segue sendo un estado libre asociado)
  • España acepta a independencia de Cuba a cambio de compensacións económicas.
  • España cede a illa de Guam.
  • España cede Filipinas, que continuarán pelexando contra os novos colonizadores e finalmente obterán a independencia en 1946.

España perdeu así o seu imperio ultramarino e tivo que asumi-la destrución de boa parte da súa flota oceánica. Pero non todo foron desgrazas. As consecuencias económicas do "desastre do 98" foron bastante boas debido a:

  • Repatriación de capitais e inversión na industria.
  • Saneamento de Facenda, en 1900 as arcas públicas mostran superávit por primeira vez en moitos anos.
  • Reforma na emisión de débeda e maior transparencia na recadación de impostos.

Nembargantes a perda de 50.000 vidas produce unha fonda sensación de derrota:

  • Os autores da xeración do 98 escriben de xeito crítico e realista a visión dunha España pouco o nada imperial.
  • Comezan as propostas de reforma política (democracia baseada nas clases medias).
  • Os rexionalismos e nacionalismos receben un pulo fundamental ("crise da idea de España").

[editar] Restauración e Ditadura 1902-1930

[editar] II República

O triunfo republicano nas eleccións locais en case tódalas grandes cidades o 12 de abril de 1931. Provoca o exilio do rei Alfonso XIII, o 14 de abril proclámase a II República. Niceto Alcalá-Zamora preside o primeiro goberno provisional (formado por republicanos de esquerdas e dereitas, rexionalistas moderados e PSOE) encargado da redacción dunha constitución democrática. Oponse ó artigo que fala da laicidade do estado e é substituído por Manuel Azaña. O 14 de outubro de 1931 apróbase unha nova constitución republicana.

[editar] Bienio reformista

O 16 de decembro, Manuel Azaña volve a ser elixido presidente e encabeza un goberno de coalición republicano-socialista. Este primeiro goberno terá que loitar coa oposición da xerarquía católica e utilizar a forza pública contra os queimadores de igrexas. Pola súa parte, altos cargos do exército manifestan a súa disconformidade co novo goberno que pretendía reduci-lo número de oficiais. En setembro de 1931 o proxecto de Estatuto Vasco, apoiado por carlistas e nacionalistas vascos, é rexeitado nas Cortes Constituíntes por sobrepasa-los límites constitucionais.

O 10 de agosto de 1932 o xeral José Sanjurjo fracasa nun intento de golpe de Estado. O 9 de setembro apróbase o Estatuto de Autonomía de Cataluña. ERC gaña as primeiras eleccións autonómicas (Francesc Maciá). O maior programa educativo da historia do país supón a construción de miles de novas escolas no rural, así como a contratación de centos de novos mestres de escola. A ensinanza establécese mixta e a materia de relixión optativa.

O paro no deixa de aumentar. Fracasa a Lei de Reforma Agraria. Insurrección de Casas Viejas. O goberno entra en crise. A oposición de dereitas está representada polo Partido Radical de Lerroux e a patronal. A oposición de esquerda está representada pola CNT que é a maior central sindical (máis dun millón de afiliados), grupos anarquistas e anarco-sindicalistas e os comunistas do PCE.

[editar] Bienio radical

O goberno disolve a Cámara e convoca eleccións. Vitoria dos radicais de Lerroux, gobernarán co apoio da CEDA (Confederación española de derechas autónomas, de Gil-Robles). Continúa a axitación social. Paralízase a reforma agraria. Gardas de Asalto expulsan a xornaleiros das terras ocupadas. Amnistíanse ós militares participantes do golpe de Sanjurjo de 1932. As xuventudes da CEDA ("Juventudes de Acción Popular"), copìan trazos claramente fascistas (brazo en alto en contraposición ó puño comunista).

1 de outubro de 1934, entran tres ministros da CEDA no goberno. O PSOE convoca unha folga xeral. O presidente da Generalitat Lluis Companys (ERC) dirixe unha insurrección contra a república. Represión do exército. A UGT e a CNT proclaman a "revolución socialista" en Asturias. A Lexión ás ordes de Francisco Franco é levada a Asturias: 1.300 mortos, 3.000 feridos, 30.000 detidos. Manuel Azaña, Lluis Companys, Largo Caballero (PSOE) e outros son arrestados. O goberno suspende o Estatuto Catalán. As diferenzas entre os radicais e os extremistas da CEDA súmanse ós casos de corrupción. Son convocadas novas eleccións para febreiro de 1936.

[editar] Fronte Popular

Nas eleccións de febreiro, a Fronte Popular gaña á Coalición de Dereitas. Alcalá-Zamora preside o goberno de Azaña. En abril prodúcese unha crise de goberno. O presidente da República Dimite. Manuel Azaña pasa a se-lo novo xefe de Estado e o coruñés Santiago Casares Quiroga presidirá o goberno. Amnistía para os represaliados polo golpe de outubro de 1934.

12 de xullo, asasinato do tenente da Guarda de Asalto Castillo, instrutor das Xuventudes Socialistas. 13 de xullo, asasinato en represalia do deputado dereitista, José Calvo Sotelo.

17 de xullo de 1936, fracasa o golpe de Estado (Mola, Goded, Cabanellas, Sanjurjo, Franco,...). O exército de África cruza á península. O día 18 declárase o estado de guerra en Sevilla e outras gornicións dos sediciosos. Comeza a guerra civil española.

[editar] Guerra Civil

O 17 de xullo de 1936, a conspiración que se vía fraguando dende primavera faise realidade. A guarnición de Melilla sublévase contra o goberno central (o franquismo creará a figura da "Adiantada" para esta cidade). Seguidamente, os militares de resto do protectorado en Marrocos e o arquipélago de Canarias álzanse en armas contra a República. É nas illas Canarias onde se producen os primeiros enfrontamentos entre sindicalistas e elementos falanxistas. Ó día seguinte o golpe esténdese á península. En cidades como Barcelona as centrais sindicais comezan a pedir "armas para o pobo". Tanto o goberno de Casares Quiroga como a Generalitat néganse. Mantense á expectativa.

O golpe triunfou en:

O golpe fracasou en:

Os sublevados conservaron divisións íntegras (as de Galicia, Castela e Andalucía), e sobre todo o Exército de África (Lexión Estranxeira, Regulares...). Pola outra banda, na zona republicana, as unidades do exército quedaron desarticuladas xa que tiveron que arrestar a grande parte da oficialidade por sublevarse. Nembargantes, as Forzas Aéreas e a Armada permaneceron fieis á República.

Tralo fracaso parcial da sublevación, o bando rebelde obtén éxitos iniciais:

  • Liberación do Alcázar de Toledo
  • Toma de Irún, bloqueo da fronteira do País Vasco con Francia.

O 18 de outubro de 1936, os rebeldes chegaron a Madrid. En novembro iniciaríase a ofensiva encamiñada a toma-la capital e pór fin á guerra. Comeza a Batalla de Madrid. O goberno, partidos e sindicatos mobilizan á poboación civil baixo o lema "Non pasarán". Incorpórase á defensa de Madrid a "columna Durruti" con armamento comprado á Unión Soviética. Avións alemáns bombardean a capital de xeito indiscriminado. Combates en Cidade Universitaria, Casa de Campo e na Ponte dos franceses. Franco ordena parar a ofensiva. É a primeira "vitoria" do bando republicano: Madrid é inexpugnable. A continuación, os intentos de Franco por rodea-la capital tamén fracasan: batalla do Jarama (participan as brigadas internacionais) e batalla de Guadalaxara (na que combateron os italianos contra o Exército Popular). Sen embargo, os sublevados toman Málaga.

A comezos de 1937 o peso da contenda trasládase ó norte. Unidades dirixidas dende Galicia abren o cerco a Oviedo. Cae Cantabria e País Vasco, prodúcese o bombardeo de Gernika por parte dos Stuka alemáns. Os republicanos fracasan en Aragón (batalla de Belchite).

En decembro de 1937 os republicanos liberan Teruel, que finalmente volve a caer en mans dos sublevados. O 15 de abril de 1938 os nacionalistas chegan ó Mediterráneo dende Aragón, a república queda partida en dous. En xullo de 1938, a república tentará recupera-la iniciativa no combate na batalla do Ebro, a meirande da guerra. Na que morren 100.000 persoas e mailas esperanzas da República. En inverno, os nacionalistas chegan a Barcelona. Prodúcese o maior exilio en masa da Historia de España.

En febreiro de 1939 cando os franquistas chegan á fronteira francesa, máis de medio millón de persoas fuxiran á Francia.

O coronel Casado da un golpe de Estado en Madrid, decidido a seguir combatendo a ultranza coa esperanza de que a guerra civil quedara ligada ó inminente conflito europeo que se aveciñaba entre fascistas e demócratas máis comunistas. Prodúcense conversacións entre os dous bandos, pero Franco só quere a rendición incondicional. O 28 de marzo de 1939 as tropas sublevadas entran nunha capital destruída pola aviación alemá e famenta. O 1 de abril, Franco persoalmente redacta o derradeiro parte de guerra:

"En el día de hoy, cautivo y desarmado el Ejército rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado."

Ver máis en Guerra civil española

[editar] Ditadura

A Ditadura franquista foi un sistema antidemocrático que pretendía controlar a sociedade. Pero aínda que houbo intentos de encadrar ás masas en organizacións de apoio ao réxime -Movemento Nacional- estas nunca foron a base do sistema. A Ditadura franquista foi unha ditadura militar que tivo a súa fundamentación ideolóxica no pensamento conservador e católico español pero que incorpora elementos procedentes do fascismo italiano.

Todos os grupos políticos (falanxistas, carlistas e monárquicos) que apoiaban ao réxime franquista, foron agrupados nunha única formación autorizada: o Movemento Nacional. Os sindicatos de clase foron suprimidos, creándose unha organización única para obreiros e patróns: o Sindicato Vertical.

As Leis Fundamentais tiñan un carácter constitucional e eran as normas básicas da organización do Estado, diferéncianse dous grupos: de carácter dogmático (Foro do traballo, Foro dos españois, Lei de principios do Movemento) e de carácter orgánico (Lei de Cortes, Lei de Referendo, Lei de Sucesión, Lei Orgánica do Estado).

Franco concentrou na súa persoa todos os poderes do Estado, recibiu o nome de Caudillo de España e foi considerado o símbolo e encarnación da vontade da nación española. A doutrina oficial do réxime franquista baséase no programa da Falanxe. O franquismo defendeu tanto o catolicismo e a confesionalidade do Estado como o sometemento da vida política, social e cultural ás directrices da Igrexa católica. As relacións entre a Igrexa católica e o réxime franquista regularizáronse mediante a sinatura do Concordato de 1953. Nel Franco conseguía o recoñecemento polo Papa do seu goberno e obtiña os privilexios da presentación de bispos e de poder entrar nas igrexas baixo palio. A cambio, a Igrexa obtiña: Potenciar o catolicismo; capacidade legal para adquirir, posuír e administrar toda clase de bens; restitución dunha parte dos bens eclesiásticos perdidos en pasadas desamortizacións; dereito a establecer seminarios; garantías de ensino da relixión católica; control da moral pública e competencia exclusiva de Igrexa en cuestións referidas ao matrimonio.

Durante a II Guerra Mundial España declárase neutral, pero adopta unha política simpatizante cos países do Eixe, en 1940 Franco entrevistase con Hitler en Hendaia e en 1941 con Mussolini en Bordighera. En España organízase unha cruzada contra o comunismo a través dunha expedición de voluntarios destinada á fronte soviética: a División Azul, que se integrou no exército alemán.

[editar] Illamento internacional: 1945-1953

España non foi aceptada na ONU, ao tempo que se recomendaba aos países membros da organización que rompesen as relacións diplomáticas con España. Así comezaba o cerco internacional e a oposición no exilio abrigaba a esperanza de poder restablecer un réxime democrático. Nos anos seguintes España foi expulsada de numerosos organismos internacionais. Pero a situación cambia a partir de 1947 co inicio da Guerra Fría. As potencias occidentais buscaron o apoio de todos os países anticomunistas, iniciándose cambios que foron paseniñamente acabando co illamento, aínda que o réxime seguía a ser condenado pola maioría dos países democráticos.

[editar] Recoñecemento internacional. 1953-1959

O ano 1953 foi decisivo para o recoñecemento internacional do réxime de Franco gracias ao achegamento coa Santa Sé e o Pacto cos EE UU que supuxo un trunfo para o réxime ante a opinión pública; a cambio dunha importante axuda económica, instálanse en España bases militares (Morón, Rota, Zaragoza e Torrejón). O prezo pagado por España era alto xa que o territorio español, en caso de conflitividade na área, podía ser utilizado sen consultar co seu Goberno.

En 1955, España pedía a súa admisión na ONU e integrábase en organismos económicos coma o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial.

[editar] Plantexamento económico:

Etapa de autarquía: Etapa que se caracteriza pola escaseza, a inflación e o estancamento da produción, cun importante desenvolvemento do mercado negro, que recibía popularmente o nome de estraperlo. Son anos de carestía a todos os niveis; como exemplos, as cartillas de racionamento para repartir e controlar os alimentos básicos e o emprego do gasóxeno como carburante substitutivo dos derivados do petróleo.

Nos anos cincuenta iníciase a recuperación económica. O Plan de Estabilización de 1959 pon en marcha unha política de estabilización, en conformidade coas directrices do Fondo Monetario Internacional. Os instrumentos para levar a cabo a planificación indicativa son os Plans de Desenvolvemento. O Primeiro plan -1963-67- crea os polos de promoción e desenvolvemento industrial; o Segundo 1968-71 pon a énfase na agricultura e o Terceiro -1972-75- que ve recortados os seus proxectos pola crise económica.

[editar] Cronoloxía:

1939 -> o fin da Guerra Civil
1939-59 -> Autarquía
1941 -> División Azul
1945 -> Illamento internacional
1945 -> Foro dos Españois e Lei de Referendo
1947 -> Lei de Sucesión
1953 -> Acordos con EE UU
1953 -> Firma do Concordato coa Santa Sé
1955 -> Ingreso na ONU, FMI, BIRD
1956 -> España recoñece a independencia de Marrocos
1958 -> Lei de Principios do Movemento
1959 -> Plan de Estabilización
1964-66 -> I Plan de Desenvolvemento
1967 -> Lei Orgánica do Estado
1969-72 -> II Plan de Desenvolvemento
1972-75 -> III Plan de Desenvolvemento
1959 -> Fúndase ETA
1968 -> Independencia de Guinea Ecuatorial
1969 -> Xoán Carlos, sucesor
1973 -> Asasinato de Carrero Blanco
1975 -> Morte de Franco

[editar] Transición e Democracia

  • En 1978 aprobouse a actual Constitución Española.
  • 23 de febreiro de 1981, unha conxura de altos cargos militares intenta un golpe de estado. O tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero entra no Congreso dos Deputados. Milans del Bosch saca os tanques á rúa en Valencia. A intentona queda freada polas forzas leais á constitución representadas polo rei Xoán Carlos I.
  • 28 de outubro de 1982, maioría absoluta do PSOE nas eleccións xerais. Filipe González forma goberno con Alfonso Guerra como vicepresidente. No 1986 revalidan a maioría absoluta, cousa que non se repetirá en 1989 e 1993. Nesas eleccións o PSOE pacta cos nacionalistas de PNV e CIU.
  • 13 de novembro do 2002 o petroleiro Prestige afunde fronte as costas galegas. A maior catástrofe ecolóxica da historia do país. Durante as seguintes semanas prodúcense manifestacións contra o goberno en todo o país.
  • 11 de marzo de 2004, o maior atentado terrorista en Europa, cóbrase 192 mortos en Madrid en diversas estacións e trens. Os feridos chegan a 1.500.


[editar] Ligazóns externas

  • [1] Acerca dos celtas e dos celtíberos.
  • [2] Historia de Roma
  • [3]Mapa das calzadas romanas en Hispania.
  • [4] Cronoloxía 1975 - 2000.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com