Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
2 de xaneiro - Wikipedia

2 de xaneiro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Dec - Xaneiro - Feb
lu ma xo ve sa do
  1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2006
lu ma xo ve sa do
  1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31
2005
lu ma xo ve sa do
  1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
2004

Os 366 días do ano

O 2 de xaneiro é o 2º día do ano do Calendario Gregoriano. Quedan 363 días para finalizar o ano, 364 nos anos bisestos.

1 de xaneiro < 2 de xaneiro < 3 de xaneiro

Índice

[editar] Acontecementos

[editar] Ata 1900

  • 69 - As lexións da Xermania rebelanse nomeando emperador a Vitelio.
  • 366 - Os alamanes cruzan o xeado Rhin - Rhine invadindo o Imperio Romano.
  • 1482 - Establécese a Inquisición en Sevilla
  • 1492 - Os Reis Católicos entran en Granada, que fora conquistada polos árabes.
  • 1519 - Celébrase por primeira vez en Granada a procesión do Día da Toma, segundo o disposto no testamento do rei Fernando o Católico.
  • 1521 - Real Cédula da raíña Xoana de Castela pola que se lle concede o título de vila a Mijas (Málaga).
  • 1536 - Chega a Santa Marta (Colombia) a expedición do sevillano Pedro Fernández de Lugo que saíra de Tenerife en novembro do ano anterior.
  • 1702 - Ten lugar en Tarifa (Cádiz) unha das máis grandes inundacións da súa historia. A riada ocorreu durante o día, non houbo que lamentar perda ningunha de vidas humanas.
  • 1705 - Créase o corpo de Escopeteiros Voluntarios de Getares para vixilancia do contrabando na baía de Alxeciras, tiña a súa sede na cidade de Tarifa (Cádiz) con corenta homes escollidos da vecindade. O seu mando foille outorgado a Gaspar Salado, capitán das Milicias Urbanas Andaluzas.
  • 1757 - O Reino Unido captura Calcuta, capital da India.
  • 1762 - Inglaterra declara a guerra a España, temerosa do Pacto de Familia entre os Borbóns franceses e españois.
  • 1776 - Xosé II de Austria establece a abolición da tortura.
  • 1782 - Xosé II de Austria promulga o Edicto de Tolerancia onde garante dereitos e obrigacións cidadás ós non cristiáns no seu país, incluindo os xudeus.
  • 1790 - Estreo da obra de teatro "Cosi fan tutte" en Viena de Wolfgan G. Mozart.
  • 1791 - Ante o acollemento do primeiro número do xornal Mercurio peruano, este segue a editarse semanalmente cun número extra.
  • 1814 - A Asemblea Representativa de Venezuela outorga a Simón Bolívar poderes absolutos.
  • 1829 - Decrétase a expulsión dos españois residentes en México.
  • 1833 - Gran Bretaña apoderase do arquipélago arxentino das Malvinas coa entrada da corbeta Cleo en Porto Soedade.
  • 1839 - Louis Daguerre tira a primeira fotografía da Lúa.
  • 1866 - O Goberno español pecha as cátedras do Ateneo.
  • 1868 - A cidade de Asunción entrégase ós rebeldes que loitan contra o ditador de Paraguai, Francisco Solano López.
  • 1870
  • Comeza a construción da Ponte de Brooklyn.
  • Convértese en monarquía constitucional a dictadura que exerceu en Francia Napoleón III.
  • 1871 - O rei de España, Amadeo de Saboia, xura a Constitución.
  • 1872 - Arrestado Brigham Young presidente da igrexa dos Mormóns acusado de poligamia (tiña 25 esposas).
  • 1874 - Emilio Castelar, presidente da República española, perde a confianza do Parlamento e presenta a súa dimisión.
  • 1876 - As invasións dos pobos indíxenas en Tapalqué (Bos Aires), foron polas tropas do coronel Conrado Villegas.
  • 1882 - A Standard Oil Company de Ohio e varias subsidiarias constitúen a Standard Oil Trust
  • 1886

[editar] 1901 - 1950

  • Estrada Palma elixido presidente de Cuba.
  • Convócase unha folga do metal en Barcelona.
  • O Goberno búlgaro denuncia o tratado comercial que lle une a Austria-Hungría.
  • Cuba: Publícase na "Gaceta Oficial" o decreto número 1, para a creación da Xunta Superior de Sanidade da illa de Cuba.
  • 1904 - Os herdeiros sublévanse contra os colonos europeos en Winhoek e Okahuadja.
  • 1905 - Durante a Guerra ruso-xaponesa Port Arthur cae en poder dos xaponeses.
  • 1906 - María Tareixa de Borbón, infanta de España, celebra o seu casamento co infante Fernando de Baviera e Borbón.
  • 1908
  • Suspéndense as garantías constitucionais en Barcelona e Xerona a causa dunha ola de terrorismo.
  • Estréase en Viena a ópera Ein Wintermärchen de Karl Goldmark.
  • 1909 - Pío Baroja publica a novela A cidade da néboa.
  • 1910 - Cuba: Por primeira vez aplícase a "fórmula 606", na Quinta de Hixiene.
  • 1912
  • Inaugúrase en Alemaña o novo alumeado de gas de neón.
  • Nun taller mecánico da Plaza das Viscaínas da cidade de México, realízase o primeiro avión feito no país. Os seus constructores son o mexicano Juan Guillermo Villasana e o ruso inmigrante Santiago Poveregsky.
  • Real Decreto polo que o rei Afonso XIII concede á vila de Adra (Almería) o título de cidade.
  • 1913 - O Imperio otomano renuncia ós seus territorios europeos, con excepción dos estreitos, e propón a independencia de Albania.
  • 1914 - Alfonso XIII, disolve o Congreso.
  • 1915 - Estréase en Barcelona a obra teatral A verdade de Xacinto Benavente.
  • 1918 - Numerosas obras de arte son destruidas por un incendio no Palacio Real de A Granxa (Segovia).
  • 1919 - O exército checoslovaco toma a cidade de Bratislava.
  • 1921
  • Fúndase o Cruceiro Esporte Clube, de Belo Horizonte, en Brasil.
  • Inauguración do tramo de ferrocarril entre os pobos onubenses da Palma e Bollullos.
  • 1922 - Crimea obten a indepencia.
  • 1923
  • O marco alemán volve a sufrir unha forte caída.
  • Inglaterra e Francia non chegan a ningún acordo na Conferencia de Reparacións celebrada en París.
  • 1924 - Celébrase en Madrid un gran combate de boxeo entre Morgan e Ambrosini.
  • 1926 - Comenzan a emitirse en España os diarios radiofónicos, chamados "A palabra".
  • 1928 - Arxentina: Fúndase o Clube Atlético Victoriano Arenas
  • 1929
  • Anunciase a creación dun concurso de beleza, que permitirá a elección de "Miss España".
  • Efectúase unha división territorial de Chile, quedando o país dividido en 16 provincias, e suprímense sete das existentes.
  • Chiang Kai Chek asume a xefatura do poder civil en China.
  • Contabilízanse en España 240.000 automóbiles matriculados.
  • Estreo no teatro Alcázar de Madrid de A irmá San Sulpicio, de A. Palacio Valdés.
  • O presidente panameño Arosemena é destituido polo movemento nacionalista da Acción Comunal Patriótica.
  • Un accidente ferroviario en Kazán (URSS) causa a morte de 65 persoas.
  • Ola de frío en toda España, en Madrid alcánzanse 7 graos baixo cero e 14 en Burgos.
  • 1932 - Iníciase en Panamá a revolta contra o presidente Arosemena.
  • 1933
  • Edgardo Day realiza o traxecto entre Buenos Aires e Montevideo cun biplano Moth 60.
  • Comenza en Barcelona o alzamento de anarquistas e sindicalistas.
  • 1934 - O poeta español Vicente Alexandre gaña o primeiro premio do Concurso Nacional de Poesía.
  • 1937 - Acordo italobritánico sobre o mantemento do statu quo no Mediterráneo.
  • 1938 - A poboación de Arxentina estímase en 12.761.500 habitantes segundo algúns xornais.
  • 1939 - O físico atómico italiano Enrico Fermi exíliase en Nova York.
  • 1940
  • Dende 1857 ata 1940 foron chegando a Arxentina 2.111.397 españois.
  • O segundo continxente de tropas canadienses desembarca na Gran Bretaña.

[editar] 1951 - 2000

  • O Tribunal Supremo español confirma as penas de morte impostas os dous delincuentes que asasinaron a unha anciá, á que roubaron 175 pesetas.
  • A RDA négase a que unha comisión da ONU prepare a organización de eleccions libres no seu territorio.
  • Díctanse en España novas normas de reorganización das Brigadas de Investigación Criminal, Político-social e Móbil.
  • 1954 - O día antes do comenzo das emisions da televisión italiana, o papa Pío XII advirte dos perigos que entraña a televisión para a familia.
  • 1955 - Jose Antonio Remón, presidente de Panamá é asasinado a tiros.
  • 1956 - Estréase en Barcelona a película Johnny Guitar, dirixida por Nicholas Ray.
  • 1958 - O Goberno de Caracas anuncia a rendición dos sublevados en Maracai.
  • 1959
  • Buques pesqueiros mexicanos son apresados pola mariña guatemalteca.
  • Fidel Castro faise co poder en Cuba e Manuel Urrutia é nomeado presidente polo Movemento 26 de Xullo.
  • Os tres días de disturbios en Léopoldville causan 42 mortos.
  • Lánzase a sonda rusa Lunik I, primeiro trebello mandado a Lúa.
  • 1960 - Estatísticas do tráfico de 1959: 983 víctimas en 10.347 accidentes.
  • 1961
  • A URSS pon en circulación o novo rublo.
  • Fúndase en Sevilla a Agrupación Provincial de Canaricultores, nomeando primeiro presidente a Diego Muñoz Vega.
  • 1963 - Conséguese con éxito en Shanghai (China) a reimplantación dunha man.
  • 1965
  • Ayub Khan elixido presidente de Pakistán.
  • Son liberados 23 misioneiras españolas e un crego que foran secuestrados polos rebeldes congoleños.
  • 1966 - René Barrientos Ortuño inicia o seu terceiro mandato como presidente de Bolibia.
  • 1968 - O doutor Christian Barnard leva a cabo o primeiro transplante de corazón. Ese mesmo dia parece ser que o dentista Philip Blaiberg é a segunda persoa en recibir, no hospital Groote-Schuur de Ciudade do Cabo, un corazón alleo.
  • 1971 - 66 mortos pola rotura das gradas durante o partido de fútbol entre o Rangers F.C. e o Celtic F.C. en Glasgow, Escocia.
  • 1973 - Reanúdanse en París as conversacions sobre Vietnam.
  • 1976 - A Unión Soviética dificulta a sua política migratoria a pesar de asinar o acordo de Helsinki de 1975, que aboga por un movemento máis liberal de persoas e ideas en Europa.
  • 1978 - A igrexa católica amosa o seu descontento coa aconfesionalidade do anteproxecto constitucional.
  • 1979 - Son asasinados un comandante do exército e un cabo da policía armada no País Vasco.
  • 1981 - Peter Sutcliffe, o Destripador de Yorkshire, é arrestado.
  • 1983
  • Constitúese en Perú o segundo goberno do presidente Belaúnde Terry.
  • O presidente francés François Mitterand asegura que o seu país non reducirá o número de mísis nucleares e sinala que as conversacións sobre o desarme entre Estados Unidos e a Unión Soviética "non son asunto noso".
  • Despedida da comedia musical "Annie" no Alvin Theater de New York (despois de 2.377 representacións).
  • 1984 - Cinco barcos iranís son atacados e destruidos pola Armada iraquí no Golfo Pérsico.
  • 1985
  • Renfe pecha cerca de 1.000 quilómetros de líñas férreas en España, dos que 750 corresponden a servizos de viaxeiros e cercanías.
  • Kenia e Israel establecen relacións diplomáticas.
  • Toma posesión do seu cargo o novo Gobernador de Porto Rico, Rafael Hernández Colón.
  • O Goberno italiano autoriza a construción dunha ponte entre Sicilia e a península, a través do Estreito de Messina.
  • Apróbase a Lei Electoral de Andalucía que ten por obxeto establecer o marco xurídico adecuado para a convocatoria e celebración de eleccións ó Parlamento de Andalucía.
  • Decrétase o peche da emisora nicaragüense "Radio Católica", por negarse a transmitir, o día anterior, a mensaxe dirixida ó país polo presidente Daniel Ortega.
  • 1988 - Isabel Preysler e Miguel Boyer contraen casamento civil na intimidade.
  • 1990
  • O presidente do Estado checoslovaco, Václáv Havel visita Berlín oriental e Munich.
  • Estatísticas do tráfico de 1989: 6.054 víctimas en 5.005 accidentes.
  • 1991 - Rebeldes salvadoreños derriban un helicóptero estadounidense, perecendo os tres tripulantes, un polo choque e os outros dous aparentemente ultimados por guerrilleiros
  • 1992
  • Entra en vigor a libre circulación de traballadores españois na CE.
  • Paraguai entra a formar parte da Convención de Berna.
  • Retirada masiva de depósitos dos clientes de Banesto tra-la intervención do banco por parte do Banco de España.
  • Alfredo Sáenz, do Banco Bilbao-Vizcaia, faise cargo da entidade.
  • 1995 - Barrionuevo pide o amparo do CGPJ e acusa a Garzón de deixa-lo "indefenso".
  • 1996 - Sindicatos e CEOE pactan somete-las folgas a unha mediación obrigatoria previa.
  • 1997
  • Miguel Indurain anuncia a súa retirada do ciclismo profesional.
  • Un soldado dispara a seis palestinos en Tel Aviv.
  • A oposición dos extremistas xudeus á evacuación de Hebrón volveu a ameazar o delicado proceso de paz no Oriente Próximo, cun saldo de varios civís feridos e 6 palestinos mortos.
  • Kofi Annan inicia a sua xestión como secretario xeral das Nacións Unidas cunha premisa de reforma-lo organismo.
  • Netanyahu e Yaser Arafat ó final chegan a un acordo: a saída do último soldado israelí será o 31 de agosto de 1998.
  • Ernesto Zedillo, presidente de México, destitúe ó ministro do Interior, Emilio Chuayffet, como responsable da matanza de Chiapas o 22 de decembro.
  • O Goberno exclúe ós sindicatos do plan de restitución dos bens incautados polo dictador Franco.
  • O secretario xeral do sindicato abertzale LAB vincula unha tregua de ETA co fin da dispersión dos presos.
  • Michael, o segundo fillo de Robert Kennedy, morre nun tráxico accidente na neve.
  • Un morto e cinco feridos tras un atentado nunha taberna católica do norte de Belfast.
  • Suben os prezos da gasolina, transporte por carretera, Correos e as primas de seguros.
  • Malasia di que expulsará a un millón de traballadores extranxeiros para protexer o traballador malaio por mor da crecente crisis financeira en Asia
  • O Papa condena o uso do diñeiro público con fins privados.
  • A Orquestra Filarmónica de Viena rebasa os 1.000 millons de audiencia no tradicional Concerto de Aninovo.
  • Un total de 349 aventureiros cubriu a primeira etapa do Rally París-Dakar.
  • Comandos integristas asasinan a 412 persoas en tres aldeas de Relizan (Alxeria).
  • Juan José Ibarretxe toma posesión coma novo lehendakari do Goberno vasco.
  • O goberno estudia conceder o terceiro grao aos 22 ex dirixentes de ETA, membros da mesa de Herri Batasuna.
  • Fidel Castro celebra o 40 aniversario do triunfo da Revolución.
  • Queda fixada a paridade irrevocable do euro en 166,386 pesetas, moeda oficial dos 11 países da zona euro: Austria, Alemaña, Francia, Italia, España, Holanda, Bélxica, Finlandia, Portugal, Irlanda e Luxemburgo.
  • Forzas rebeldes derriban un avión de carga da ONU, que levaba oito persoas a bordo. É o segundo en caer na zona de guerra do altiplano angoleño en oito días
  • Entra en vigor dende hoxe o novo IRPF, que suporá unha rebaixa fiscal media do 11% e un coste estimado en 538.000 millons de pesetas.
  • O piloto español Miguel Prieto triunfa na etapa inaugural do París Dakar.
  • A oposición triunfa nas Eleccións Parlamentarias de Croacia.
  • Un Garda Civil resulta ferido tras o lanzamento de cócteles Molotov contra o cuartel bilbaíno de Galdácano.
  • O ex axente da KGB, Vladimir Putin, exerce como presidente en funcións de Rusia tras a dimisión de Boris Yeltsin.
  • Liberan o Airbus indio que estaba secuestrado no aeroporto afgano de Kandahar.
  • O Nasdaq rexistra en 1999 una revalorización do 85%.
  • Nace o fillo dunha muller que levaba 47 días clínicamente morta.

[editar] 2001 -

  • O goberno salvadoreño de Francisco Floresdecide adopta o dólar como moeda nacional.
  • Os españois do seculo XXI apoian a eutanasia, a clonación con fins médicos e os casamentos entre homosexuais.
  • O terrorista "demonio", fuxido en Bidart, é considerado polo Interior o novo xefe do aparello loxístico etarra.
  • Suecia toma o relevo de Francia na presidencia da UE.
  • Seis palestinos, entre eles dous nenos, morren en Cisxordania nun tráxico comenzo de ano.
  • O Tribunal de Defensa da Competencia endurecerá as condicións da fusión entre as empresas do sector enerxético Endesa e Iberdrola.
  • Cinco mortos e seis desaparecidos son o tráxico resultado ocasionado polo temporal no Pirineo.
  • Piden rescate polos dous lenzos de Renoir e o Rembrandt roubados en Estocolmo.
  • Ibarretxe anunciará medidas xurídicas e sociais contra a prórroga do Concerto Económico Vasco.
  • O peronista Duhalde negocia co seu partido selo quinto presidente de Arxentina en duas semanas.
  • O estreo da nova moeda, o euro, pon a proba ós bancos e ás caixas de aforros.
  • Os fortes incendios forestais en Australia avanzan cara o centro de Sydney.
  • Michael Jordan despide o ano 2001 demostrando que é o mellor baloncestista da NBA
  • O HCR culmina a repatriación de máis de 25.000 somalíes refuxiados no campo etíope de Daror.
  • Cinco persoas son condenadas en China a penas de entre 5 e 10 anos de cárcere por organizar motins populares.
  • Berlín encarece os envases que degradan o medioambente, pero devolverá a diferencia si se reciclan.
  • A noite de aninovo deixa en Filipinas un saldo de doce mortos e 423 feridos.
  • Serbios, bosnios e musulmans discrepan sobor a conmemoración do asasinato do archiduque Francisco Fernando ocorrida no 1914.
  • Os inspectores da ONU visitan cinco instalacions máis en Bagdad e os seus rededores e en Takrit.
  • Un barco con 70.000 toneladas de gasoil choca perante a costa francesa.
  • O estudio de rochas nos glaciares indica que o xeo antártico occidental podería derretirse en 7.000 anos.
  • O paro causa unha pérdida de 750 millóns de dólares no seu primeiro mes para o Goberno de Chávez.
  • Rexistrado un tremor de 5,3 graos na escala Richter en Ciudad de México.
  • Israel ten no seu poder máis de 200 cabezas nucleares e é a sexta potecia nuclear, segúndo a axencia 'Irna'.
  • Un tremor de 6,3 graos sacude as illas de Bali e Lombok causando dous feridos e danos materiais.
  • Irlanda comenza a sua presidencia nunha UE en plena crisis.
  • Dous mortos e 25 feridos nunha explosión de artígos de pirotecnia en Arxentina.
  • Ascende a 186 mortos e o menos 97 feridos polo incendio dunha discoteca, os feridos encontranse en estado crítico en hospitais de Bos Aires.
  • Un total de 511 persoas morreron en accidentes de tráfico en Israel durante o pasado ano 2004.
  • Media ducea de réplicas sacuden as illas de Andamán e Nicobar.
  • Morren 20 persoas nun atentado o norte de Bagdad.
  • O número de mortes polo mamemoto de magnitude 9 confirmadas é 123.365, aunque o balance final pode supera-las 150.000. O balance estipulouse do seguinte xeito: Indonesia (80,246), Sri Lanka (28.729), India (8.955), Tailandia (4,985), Somalia (200), Birmania (90), Maldivas (80), Malasia (67), Tanzania (10), Bangladesh (2) e Kenia (1).
  • Hyundai invirte 860 millons no seu proxecto turístico en Corea do Norte, que xa visitaron 800.000 persoas.
  • Autobuses israelíes trasladan a miles de palestinos a Exipto para que acudan a paregrinaxe a Meca.

[editar] Nacementos

  • 1566 - Luisa de Carvajal e Mendoza, poetisa española
  • 1727 - James Wolfe, xeneral británico durante a Guerra franco-india
  • 1758 - Xoan xosé Paso, político arxentino
  • 1776 - Frei Patricio de las Torres, escritor español
  • 1777 - Christian Daniel Rauch, escultor alemán
  • 1816
  • Benjamin Hobson, misioneiro na China
  • Isidoro Araujo, xornalista español, fundador e primeiro director do xornal cubano Diario da Mariña, da Habana
  • 1817 - Xosé Mármol, poeta arxentino
  • 1822 - Rudolf Clausius, físico alemán
  • 1836 - Mendele Moykher Sforim, escritor bielorruso
  • 1870 - Ernst Barlach, escultor, artista gráfico e poeta alemán
  • 1873 - Santa Tareixa de Lisieux, relixiosa francesa
  • 1880 - Rafael González Madrid, "Machaquito", toreiro español
  • 1890 - Leónidas Anastasi, avogado e xurisconsulto arxentino
  • 1895 - Conde Folke Bernadotte, diplomático sueco
  • 1896 - Dziga Vertov, director de cine ruso
  • 1905 - Michael Tippett, compositor británico
  • 1912 - Renato Guttuso, pintor italiano
  • 1913: - Anna Lee, actriz britanica
  • 1916 - Líbero Badii, escultor e pintor arxentino de orixe italiana
  • 1917 - Vera Zorina, bailarina e actriz alemana
  • 1920
  • Renata Tebaldi, soprano italiana
  • María Fux, escritora española
  • Víctor García de la Concha, filólogo e profesor español
  • Edward L. Romero, embaixador estadounidense en España
  • 1935 - Xosé Martínez de Genique, ministro español de Agricultura
  • 1936 - Roger Miller, músico estadounidense
  • 1937 - David Bailey, fotógrafo americano
  • 1938 - Norman Briski, actor arxentino
  • 1940 - Manuel Azpilicueta, presidente do Círculo Español de Empresarios
  • 1941 - Pedro Manuel Damas Rico, enxeñeiro e politico español
  • 1943 - Emilio Disi, actor e director arxentino
  • 1945 - Linda Peretz, actriz arxentina
  • 1946
  • Tomás de la Quadra Salcedo, ex ministro, mestre e politico español
  • Francisco Martín Morales, humorista gráfico español
  • 1947 - Elsa Baeza, cantante e actriz española de orixe cubana
  • 1949 - Chick Churchill, músico britanico
  • 1951 - Jordi García Candau, director xeneral de RTVE
  • 1953
  • Xoan Fernández-Amesto, presidente da CNMV
  • Joan Bibilone, músico brasileiro
  • 1958- Colomán Trabado Pérez, atleta español
  • 1962 - Carmelo Gómez, actor español
  • 1963 - Luis Dántin, piloto español de motociclismo
  • 1965 - Diane Lane, actriz estadounidense
  • 1966
  • Basilei Boli, futbolista ucraniano
  • Tia Carrere, actriz estadounidense
  • Arnaldo Alvarado, programador e deseñador gráfico español de orixe venezolana
  • Pepe Luis Martín, toreiro español

[editar] Mortes

  • 1557 - Jacopo da Carucci "Il Pontormo", pintor italiano
  • 1614 - Luisa de Carvajal e Mendoza, poetisa española
  • 1819 - María Luisa, raíña de España, muller de Carlos IV
  • 1850 - Manuel de la Peña y Peña, ex presidente de México
  • 1868 - Marcos Paz, presidente da Arxentina
  • 1871 - Margarita Maza de Juárez, muller de Benito Juarez, presidente de Mexico
  • 1873 - Napoleón III, emperador de Francia
  • 1890 - Julián Gayarre, tenor español
  • 1915 - Cayetano del Toro e Quartiellers, oftalmologo español, alcalde de Cádiz
  • 1921 - Emilio Bobadilla, escritor e xornalista cubano
  • 1938 - Alejandro Alvarado "Alvaradito", toreiro español
  • 1948 - Vicente Gracía Huidobro, poeta chileno
  • 1955 - Jose Antonio Remón, presidente de Panamá
  • 1960- Fausto Coppi, ciclista italiano
  • 1964 - Pío Fonty Quer, botánico español
  • 1974 - Tex Ritter, actor e músico estadounidense
  • 1977 - Erroll Garner, pianista estadounidense de jazz
  • 1980 - Larry Williams, músico norteamericano
  • 1981 - David Lynch, músico britanico
  • 1982 - Paul Belmondo, escultor francés
  • 1984 - Sebastián Xoan Arbó, escritor español
  • 1987 - Ramón Castroviejo, oftalmólogo español
  • 1991 - Edmon Jabs, poeta sefardí de orixe exipcia
  • 1994:- César Romero, actor estadounidense
  • 1995
  • Mohamed Siyad Barre, presidente da República de Somalia
  • Manuel Rivera Hernández, pintor español
  • Joan Coromines, filólogo e escritor español
  • Randy California, músico estadounidense
  • Rolf Liebermann, compositor suizo
  • Joan Brossa, poeta español
  • Ana Martínez Sagi, xornalista e deportista española
  • María das Mercedes de Borbón e Orleans, condesa de Barcelona e nai do rei de España, Xoan Carlos I
  • Nicholas Muller, fotógrafo húngaro
  • Patrick O'Brien, historiador e novelista británico
  • 2001 - Juan Manuel Herrero, ex vicepresidente do Real Madrid
  • 2002 - Pablo Antonio Cuadra, poeta e xornalista nicaragüense

[editar] Santoral

  • A vida da Nosa Señora do Pilar; Basilio o Grande e Gregorio Nacianceno (Bispos e Doutores); Isidoro, Martiniano e Siridión (Bispos); Acucio, Argeo, Narciso e Marcelino (Mártires); Macario (Abade); Edelmira e Estefania (Virxes); Pedro (Abade de Armenteira); Adelardo (Santo).

[editar] Festas e celebracións

  • Granada. A Toma, conmemoración da conquista da ciudade polos Reis Católicos, o 2 de xaneiro de 1492.
  • Grisuela do Páramo, Bustillo do Páramo "León" (A Circuncisión do Señor)
  • Valdesogo de Abajo, Villaturiel "León" (A Circuncisión do Señor)

[editar] Outros: Crónicas e augurios

[editar] Cronicas: Xano

Cando menos neste título, seguimos dedicando o primeiro mes do ano a Xano, que ten a evidencia máis patente na denominacion galega "Xaneiro" ou no portugues "Janeiro". A súa colocación no calendario no é casualidade. O deus bifronte protexe as portas e os camiños, a porta dun novo ano ábrese e o camiño preséntase adiante. Pero Xano ten dúas faces, a que mira cara o futuro e a que atinxe a mirada cara atras, cara o pasado, toda unha leccion de sabidoría que, ás veces, parecemos esquecer. Se queremos ver de fronte un Xano supervivinte a súa cristianización en dous soles, non teremos máis que achegarnos á igrexa de Aguas Santas (en Ferreria de Pantón). Alí campea moi ufano no arco interior e alí foi estudado polo miúdo por Xosé Lois García, que percorreu o románico panteón na compaña de Manuel María e Saleta. O caracter de Xaneiro, en canto a mes se refire, detéctase, por exemplo, nas "sortes" ou cabañolas galegas, un método adivinatorio que obriga a mirar cara atrás para poder mirar cara o futuro e que o espírito racionalista despreza por supersticioso. Moito racionalismo e moita zarandaia, pero o que máis e o que menos agarda grandes cousas (dos anos capicúas en especial) no xeral; o dos que rematan no cero e creencias similares. Moitos agnosticos chaparonse as doce uvas da sorte coa esperanza de que, facendo a correcto inxesta a golpe de campá, terían "unha boa fada". E os augures pobran os meios de comunicación e vendense San Pancracios para ter de man ante o Servicio Nacional de Loterias, buscase o 11.901 (por poñer un exemplo); data das caias de torres maiores, evistase o amarelo por ser cor enmeigada, rezanse responsos a San Antón porque atopa as cousas e hai hoteis sen habitacións 13 nin pisos do mesmo número... asi que as "sortes non son tanta loucura.

[editar] Augurios: ¿Como é e que ocorre?

Este é un tempo que nos que naceron entre o 22 de decembro e o 20 de xaneiro corresponde o signo do zodíaco chamado Capricornio (pero a ter sempre en conta na actualidade, que debido a precesión dos equinocios, conten as constelación de Saxitario), de aí, que o resumo que vamos expoñer para os nados neste día non corresponda na súa totalidade, tan só é de caracter orientativo. A persoa nada neste día adoita ter unha mente penetrante, inquisitiva, coa capacidade de captar e analizar velozmente tódalas facetas dun negocio ou dunha proposición. Soen ten calidades para a arte musical e tamén a pintura. Deben de cuida-la tendencia a segui-lo camiño máis curto cara a fortuna; asimesmo, deben de aprender a delega-las resposabilidades nos demais.

366 días do ano


Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com