Fenicio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Fenicios foron un pobo de comerciantes de orixe semítica que saíron do norte da rexión hoxe coñecida como Líbano para o norte da África en busca de novas rotas e que por un gran período de tempo dominaron o comercio no Mar Mediterráneo. Así, os fenicios fundaron portos e cidades en lugares tán lonxanos como a costa norte da África e a España. Discútese a validez de vestixios de presenza fenicia na costa da Gran Bretaña.
Despois de períodos consecutivos de dominación asiria, persa e macedonica, a rexión de orixe dos fenicios perdeu o seu poder, ao paso que unha das colonias fenicias do Mediterráneo, Cartago, acendeu como un dos portos máis importantes do Mediterráneo. Nun intervalo de 120 anos, entre os séculos III e II a.C., os fenicios de Cartago disputaron o control do Mediterráneo co Imperio Romano nas chamadas Guerras Púnicas. Despois de súa derrocada, en 146 a.C., pouco restou da cultura fenicia no Mar Mediterráneo.