Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Revolución Francesa - Wikipedia

Revolución Francesa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Toma da Bastilla, 14 de xullo de 1789
Agrandado
Toma da Bastilla, 14 de xullo de 1789
Luis XVI de Francia
Agrandado
Luis XVI de Francia

A revolución francesa de 1789 xurdiu a consecuencia das ideas da Ilustración e en contra do Antigo Rexime e o poder do clero e da nobreza en Francia. A Revolución Americana servira de exemplo aos ideais de liberdade e igualdade.

Por outra banda, Francia pasaba por un período de crise economica despois de anos de prosperidade. A participación francesa na guerra da independencia americana e mailos elevados custos da corte do rei Luís XVI deixaran as finanzas do país en mal estado, o tesouro estaba practicamente baldeiro e os campesiños e artesáns afundíanse na miseria como consecuencia dos impostos e de varios anos de malas colleitas ao que se xuntaba os intereses da burguesía francesa que quería participar no poder político e rematar co réxime absolutista.

A decisión do rei de facer pagar impostos á nobreza para evitar a bancarrota do Estado obrigou a que o rei convocara os Estados Xerais, asemblea de orixe medieval que non se xuntaba desde séculos atrás, co fin de anunciar o aumento dos impostos para facer face a aquelas dificuldades financeiras acabaría por desencadear a Revolución, xa que era a oportunidade que estaba a agardar a burguesía que estaba tamén representada nos Estados Xerais como terceiro estado, axiña se axuntaron estes os burgueses de París provocaron unha serie de grandes manifestacións populares, a máis importante foi a que rematou no asalto á Bastilla o 14 de xullo de 1789, que asustaron ao rei e obrigraron a ceder aos seus desexos, os Estados Xerais convertéronse na Asemblea Constituínte, xa controlada pola burguesía, que suprimiu os privilexios da nobreza, deu fin ao absolutismo e instaurou a monarquía constitucional; decretou que o poder residía no pobo e proclamou as liberdades políticas, o cal deu orixe á aparición dos partidos políticos, os máis importantes foron os xirondinos, representantes dos intereses da alta burguesía que consideraba que a revolución triunfara e non debía seguir adiante e os xacobinos, representantes da clase media que aspiraban a seguir cunha revolución que destituíra ao rei e proclamara unha república. Ademais destas dúas forzas xurdiron clubs, organizacións populares que agrupaban cidadáns de ideoloxía e condición social semellante, o club dos xacobinos foi o máis importante, formado por membros do partido xacobino, e o club dos cordeliers que promoveu numerosas manifestacións populares.

Luís XVI cada volta estaba nunha situación máis incómoda xa que non aceptaba a perda do seu poder e o desprazamento da nobreza, en xuño de 1791 fuxiu de París en secreto pero antes de poder cruzar a fronteira descrubrírono e foi enviado de volta a París. En abril de 1792 Francia entraba en guerra con Austria e moi pronto extendeuse a toda Europa, cando se tivo coñecemento dunhas cartas do rei chamando os austríacos a marchar sobre a capital francesa o rei foi encarcerado, xulgado por traizón e condenado a morte na guillotina ao tempo que se proclamaba a República. Esta situación favoreceu o triunfo dos xacobinos dirixidos por Maximilien de Robespierre que acabou por establecer unha ditadura mediante a aplicación sistemática do terror mediante o Tribunal de Salvación Pública que enviou a milleiros de franceses sospeitosos de opoñerse á República á guillotina. O réxime de Robespierre tivo éxito en rexeitar a invasión estranxeira e en imposibilitar calquera intento de restauración monárquica pero un sector ata entón colaborador de Robespierre comezou a afastarse alarmado polo aumento do protagonismo das masas en París. O 27 de maio de 1794 un golpe de Estado supuxo a fin do goberno dos xacobinos, establecéndose un Directorio controlado pola alta burguesía o que non impediu que o resto de Europa seguise vendo Francia como un perigo que pretendía extender os ideais revolucionarios polo continente polo que o enfrontamento armado continuou pero a partir de 1796 foi Francia a que tomou a iniciativa contratacando e ocupando varios estados europeos, nos cales estableceu repúblicas ao estilo francés, neste cambio estratéxico foi fundamental a figura dun xeneral novo, Napoleón Bonaparte que se converteu nunha das figuras máis populares de Francia e en novembro de 1799 diante o rumor que afirmaba que os xacobinos estaban preparando un golpe de estado acudiu coas súas tropas a París e co pretexto de establecer a orde tomou o poder, acabando co Directorio e establecendo un goberno persoal que culminou en 1804 ao proclamarse emperador.

A revolución dá inicio á era moderna na Francia. Acabou co feudalismo en Francia e proclama os principios de "Liberdade, Igualdade e Fraternidade" (Liberté, Egalité, Fraternité). Acabou tamén cos privilexios da nobreza e de castas e comezaron a imperar os ideais igualitarios.



[editar] Datas e Feitos Esenciais

  • 1787: Revolta dos Notabeis
  • 1789: Revolta do Terceiro Estado — Toma da Bastilla
  • 1790: Confisco dos bens do clero.
  • 1791: Constitución que estableceu a Monarquía Constitucional.
  • 1791: Tentativa de fuga e prisión do Rei Luís XVI.
  • 1792: Invasión da Francia por Austria e Prusia.
  • 1793: Oficialización da República e morte do Rei Luís XVI — 2ª Constitución.
  • 1793: Terror contra os enimigos da revolución.
  • 1794: Deposición de Robespierre.
  • 1795: Rexime do Directorio — 3ª Constitución.
  • 1799: Golpe do 18 Brumario de Napoleón.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com