Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Carlos I de España - Wikipedia

Carlos I de España

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Carlos V estivo presente na batalla de Mülberg, onde logrou unha gran victoria que non serviu de nada.
Agrandado
Carlos V estivo presente na batalla de Mülberg, onde logrou unha gran victoria que non serviu de nada.

Carlos I de España e V de Alemaña (* 1500, † 1558) foi fillo de Felipe O Fermoso de Habsburgo e de Xoana de Castela. Reinou en España a moi tenra idade, ós 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558. Normalmente coñécese a este monarca como Carlos V, máis que como Carlos I.


Índice

[editar] A xuventude

A súa infancia transcorreu na corte flamenca baixo a ensinanzas de Adriano de Utrecht. En 1515 fíxose cargo dos Países Baixos, e un ano despois, dos Reinos de Castela.

A política matrimonial dos seus avós, os reis católicos, a morte do seu pai e a incapacidade da súa nai concedéronlle a herdanza de catro dinastías.

Do seu avó Maximiliano de Austria recibiu os territorios centroeuropeos de Austria e os dereitos ó Imperio, da súa avoa María de Borgoña herdou os Países Baixos, de Fernando o Católico recibiu os reinos da Corona de Aragón, contando tamén tódalas posesións no mediterráneo deste reino, e da súa avoa Isabel a Católica, o Reino de Castela, Canarias, diversas prazas no norte de África e toda a América xa conquistada.

En 1516 logrou, polo tanto o reino de España e dous anos despois, en 1519, logrou coroarse emperador do Sacro Imperio Alémán.

Foi mal acollido en Castela pola súa xuventude, pero sobre todo por ser estranxeiro (recordemos que recibira unha educación flamenca) e ter conselleiros tamén estranxeiros. Este malestar conduciu ó levantamento Comunero (1520-1521), insurrección das principais cidades castelás, que foron derrotadas na Villalar e sometéronse ó novo monarca.

Tamén houbo revoltas en Valencia: os alzamentos das Xermanías, que protestaron contra o poder da nobleza e dos moriscos, e que foron tamén aplastados. Dita insurrección durou dende 1521 a 1524.


[editar] As guerras de Carlos V

Dominios de Carlos V en Europa, coloreados en verde.

O conflito que xa había desde tempos dos reis Católicos entre franceses e españois endureceuse ó sentirse este país cercado polas posesións do emperador Carlos. En 1521 España retirou as aspiracións francesas de facerse con Navarra. O rei de Francia Francisco I ocupou o Milanesado, pero foi derrotado e feito prisioneiro en Pavía. Prometeu entón retirarse de Milán e entregar Borgoña ó emperador, mais incumpriu as súas promesas e reanudou o conflito.

Na paz de Crépy (1544), Francisco I recoñeceu a soberanía do emperador Carlos sobre Artois e Flandres, retirando tamén as súas aspiracións sobre Milán e Nápoles; namentres que Carlos V abandonaba Borgoña.

Nese período loitou tamén contra os turcos, conténdoos en Austria e atacándoos polo Mediterráneo oriental. No norte de África conquistou Túnez (1535), pero fracasou na toma de Arxel (1541), o cal afianzou as posicións berberiscas.


[editar] A Reforma protestante

A Reforma de Martín Lutero fixo desaparecer a unidade relixiosa de Europa occidental e central, o que fixo perder poder a Carlos V ó ser dividido o Sacro Imperio entre católicos e reformados.

Carlos V intentou reunir a representantes da Reforma e da Igrexa Católica, mais o papa, que temía que Carlos V se volvese demasiado poderoso se lograba centralizar de novo o Imperio Alemán, impediuno ó se mostrar indiferente.

Entón, Carlos V decidiu actuar militarmente. Algúns príncipes alemáns reformados formaron a Liga de Esmalcalda para loitar contra o poder imperial, pero foron derrotados en Mülberg (1547) polo propio monarca. Non obstante, Carlos V non logrou con esta victoria a unidade política nin relixiosa no Sacro Imperio.

[editar] Abdicación

Consciente do seu fracaso ó non lograr impedir a división relixiosa de Europa, o monarca decidiu abdicar. Concedeu ó seu fillo Filipe os Países Baixos (1555) e Castela (1556), o cal se nomeou Filipe II, aínda que conservou o título imperial ata setembro de 1556.

O antigo emperador Carlos retirouse ó mosteiro de Yuste en 1556, no que morreu dous anos despois.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com