Gonzalo Torrente Ballester
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gonzalo Torrente Ballester (Ferrol 1910 - Salamanca 1999) foi un novelista galego en lingua castelá.
Estudou nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo; foi en Oviedo onde comezou a escribir. Logo da Guerra Civil Española afiliouse á Falange Española e dende 1939 foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela. En 1943 publicou a súa primeira novela, Javier Mariño. Participou nas protestas en apoio dos mineiros asturianos en foron á folga en 1962, e como consecuencia as autoridades académicas expulsárono da universidade. En 1966 marchou aos Estados Unidos, onde deu clase na State University of New York en Albany.
Foi membro da Real Academia Española de la Lengua dende 1975, foi Premio Nacional de Literatura en 1981, Premio Príncipe de Asturias en 1982, Premio Cervantes 1985 e Premio Planeta en 1988.
[editar] Obras
- El viaje del joven Tobías (1938)
- El casamiento engañoso (1939)
- Lope de Aguirre (1941)
- República Barataria (1942)
- Javier Mariño (1943)
- El golpe de estado de Guadalupe Limón (1946)
- Ifigenia (1949)
- Ifigenia (1950)
- A triloxía Los gozos y las sombras, constituída por El señor llega (1957), Donde da la vuelta el aire (1960) e La Pascua triste (1962).
- Don Juan (1963)
- Off Side (1968)
- La saga/fuga de J.B. (1972)
- Fragmentos de Apocalipsis (1977)
- La isla de los jacintos cortados (1980), premio Nacional de Literatura.
- Dafne y ensueños (1982)
- Quizá nos lleve el viento al infinito (1984)
- La Princesa Durmiente va a la escuela (1985):
- La rosa de los vientos (1985)
- Yo no soy yo, evidentemente (1987)
- Filomeno, a mi pesar (Premio Planeta 1988)
- Crónica del rey pasmado (1989)
- Las islas extraordinarias (1991)
- La muerte del decano (1992)
- La novela de Pepe Ansúrez (1994)
- La boda de Chon Recalde (1995)
- Los años indecisos (1997)
- Doménica (1999).