Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Corán - Wikipedia

Corán

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Corán abásida, século X
Agrandado
Corán abásida, século X

O Corán (ou Qur'an, árabe: القرآن al-qur'ān, literalmente "a recitación"; tamén Al Qur'ān Al Karīm ou "O Nobre Corán") é o libro sagrado do Islam.

Os musulmáns cren que o Corán é a palabra literal de Deus e a culminación da revelación de Deus á humanidade, transmitida através do profeta Mahoma durante un período de 23 anos polo anxo Jibreel (Gabriel). O Corán consiste de 114 suras, ou capítulos, cun total de 6.236 ayat (versos). O Corán retoma moitos personaxes que aparecen nos libros sagrados do xudaísmo e do cristianismo (Torah e Biblia) e na literatura devota (apócrifos), con moitas diferenzas de detalle. Personaxes bíblicas moi coñecidas, como Adán, Noé, Abraham, Moisés, Xesús e Xoán o Bautista aparecen mencionados como profetas.

Índice

[editar] Orixe e desenvolvemento do Corán

[editar] O recitado orixinal

Segundo a tradición, Mahoma non sabía ler nin escribir e limitouse a recitarlles aos seus compañeiros o que lle era revelado para que estes o escribisen e memorizasen. Esta tradición de memorización existe aínda entre os musulmáns. Os crentes sosteñen que o texto literal do Corán tal e como se transmite hoxe correspóndese exactamente co que lle foi revelado a Mahoma, ou sexa, son as mesmas palabras que Deus lle comunicou a Mahoma através de Jibreel (Gabriel).

O recitado comezou unha noite do ano 610, cando Mahoma, que na altura contaba 40 anos, dormía no mes de Ramadán. Escoitou unha voz que o chamaba exhortándoo "Recita! Recita! Recita!" O anxo recitoulle tres versos e, ao espertar, tíñaos, dicía Mahoma, inscritos no corazón. A partir de entón, sóubose profeta e mensaxeiro de Deus, o derradeiro dunha liña sete que comezara con Abrahám e tivera en Xesús Cristo ao sexto. A súa misión era transmitir a derradeira e máis importante das mensaxes de Deus, a Recitación en árabe, ou Alcorán (tamén transcrito como Qur'an). As xentes de Deus (xudeus e cristiáns) desviáranse do camiño e o propósito do Corán era reconducilas.

Ese recitado voltaría a Mahoma en moitas ocasións. El repetía o que escoitaba e os seus seguidores memorizábanno. Nalgúns casos tamén se transcribía o texto no soporte que estivese disponíbel. O Corán, por tanto, foi un texto fundamentalmente oral durante a vida de Mahoma. Pero era tamén un texto fluído: conforme se lle engadían versículos e se reorganizaba o texto, os seguidores debían volver a memorizar o texto á luz das adicións e mudanzas. Mahoma repudiou certos versículos que se lle revelaran acusándoos de seren versículos "satánicos", ditados non por Gabriel senón por Satán, e foron expurgados.

Corán interprétase habitualmente como "recitación", o que indica que non pode existir como un simple texto. Para poder orar (unha das obrigas dos musulmáns) hai que aprender polo menos algunhas suras do Corán. Normalmente comézase pola primeira sura, al-Fatiha, coñecida como "os sete versículos moi repetidos" e progresando logo aos máis cortos cara o final. Quen coñece o Corán inteiro recibe o nome de Qari' ((قَارٍئ) ou Hafiz, que queren dicir "recitador" ou "memorizador", respectivamente. Mahoma foi o primeiro Hafiz.

Os compañeiros de Mahoma comezaron a recoller as suras por escrito antes de que este morrese (en 632), e hai constancia disto na tradición, como na historia da conversión de Umar ibn al-Khattab (estando Mahoma ainda na Meca), cando se menciona que a súa irmá estaba a ler o texto da sura Ta-Ha e dise que en Medina uns 65 "compañeiros" (sahaba) actuaron como escribas nalgún momento e que Mahoma recurría con frecuencia a eles cando lle viña unha revelación.

[editar] A compilación

Segundo unha tradición posterior, a primeira compilación completa do Corán nun volume único realizouna Zayd ibn Thabit en tempos do primeiro califa, Abu Bakr. Zayd ibn Thabit "recolleu o Corán de varios pergamiños e trozos de oso e dos peitos (ou sexa, as recordazóns) dos homes". Porén, esta narrativa considérase inxenua e tendente a retrotraer a historia do Corán até a época mesma de Mahoma. Esta copia gardaríase na casa de Hafsa bint Umar.

Durante o califato de Uthman ibn Affan tivo lugar unha disputa sobre o uso de varios dialectos (ahruf) no recitado do Corán. Tamén causaron preocupación as diverxencias que se producían nos recitados da revelación, especialmente entre os novos musulmáns. Como resposta, arredor de 650 Uthman decidiu codificar e estandarizar o texto. Segundo algunhas tradicións islámicas, Uthman encargoulle a un comité no que participaron Zayd e varios membros destacados de Quraysh a redacción do texto padrón, baseado nunha compilación que estaba en poder de Hafsa.

Ao rematar, Uthman enviou copias a varios recantos do Imperio islámico e ordenou a destrución de todas as copias non coincidentes. Varios manuscritos, entre eles o manuscrito de Samarkanda, pretenden ser unha desas copias orixinais, o cal é discutido. De entre os manuscritos descobertos recentemente en Sanaa, parece que tres polo menos datan de antes do ano 50 da héxira. Os restos de inscricións dátanse de algo máis tarde: arredor do ano 50.

Ademáis das primeiras versións coñecidas de Abdallah Ibn Masud e Ubay Ibn Ka'b, tense noticia dunha versión xiíta supostamente compilada por Alí, o xenro de Mahoma, á que renunciou en favor da colección de Uthman. Os eruditos musulmáns aceptan que as diferenzas entre as versións consistían maiormente en variantes ortográficas e léxicas e un cómputo distinto dos versos. Todos os tres mencionados (Ibn Masud, Ubay Ibn Ka'b e Alí) tiñan un posición de autoridade que lles permitiría oporse a calquer variación que existise entre a súa colección e a de Uthman e, porén, todos os tres apoiaron a compilación de Uthman e continuaron a servir a este califa.

[editar] As recitacións

Dado que a versión de Uthman non contiña marcas diacríticas e podía, en consecuencia, ser lida de varias maneiras por quen a memorizasen (o árabe usa un alfabeto silábico), arredor do ano 700 iniciouse o desenvolvimento dunha versión para a oralidade. O exemplar máis antigo que se garda é do século IX. Hoxe en día o Corán publícase con todas as vogais.

Existen actualmente dez recitados canónicos e catro non canónicos. Un recitado canónico debe cumprir tres condicións:

  1. Debe axustarse á compilación de Uthman, letra a letra.
  2. Debe seguir as regras sintácticas do árabe.
  3. Debe seguir unha continuidade ([[isnad]]) até ao Profeta Mahoma através de tawatur, isto é, ten que ter sido transmitido por un grupo de xente amplo através da cadea da isnad.

Ibn Mujahid recolleu sete destes recitados e Ibn Al-Jazri engadiu tres. Son:

  1. Nafi` de Medina (169/785), transmitido por Warsh e Qaloon
  2. Ibn Kathir de Makka (120/737), transmitido por Al-Bazzi e Qonbul
  3. Ibn `Amer de Damasco (118/736), transmitido por Hisham e Ibn Zakwan
  4. Abu `Amr de Basora (148/770), transmitido por Al-Duri e Al-Soosi
  5. `Asim de Kufa (127/744), transmitido por Sho`bah e Hafs
  6. Hamza de Kufa (156/772), transmitido por Khalaf e Khallad
  7. Al-Kisa'i de Kufa (189/804), transmitido por Abul-Harith e Al-Duri
  8. Abu-Ja`far de Medina, transmitido por Ibn Wardan e Ibn Jammaz
  9. Ya`qoob de Iemen, transmitido por Ruways e Rawh
  10. Khalaf de Kufa, transmitido por Ishaaq e Idris

Estes recitados difiren na vocalización (tashkil تشكيل) dunhas poucas palabras, o que lle dá un significado complementar á palabra en cuestión dacordo coas regras da gramática do árabe. Por exemplo, a vocalización dun verbo pódeo facer mudar entre as súas voces activa e pasiva. Pode modificar tamén a formación léxica, implicando intensidade, por exemplo. As vogais pódense facer longas ou curtas e as paradas glotais (hamzas) pódense engadir ou eliminar, dacordo coas regras de cada recitado concreto. Por exemplo, o nome do arcanxo Gabriel pronúnciase diferente nos diferentes recitados: Jibrīl, Jabrīl, Jibra'īl, e Jibra'il. O nome "Qur'ān" pronúnciase sen a parada glotal ("Qurān") nun dos recitados e o nome do profeta Abrahám pronúnciase Ibrāhām noutro.

As narracións máis usadas son as de Hafs (حفص عن عاصم), Warsh (ورش عن نافع), Qaloon (قالون عن نافع) e Al-Duri (الدوري عن أبي عمرو). Os musulmáns cren ferventemente que todos os recitados canónicos foron recitados polo Profeta mesmo, citando a cadea da narración isnad propia, e acéptanas como válidas para o culto e como referencia para as regras da Sharia. Os recitados non canónicos chámanse "explicativos" polo seu papel de dar unha perspectiva diferente dun ayah concreto. Varias ducias de persoas hoxe en día receben o titulo de "Memorizador dos Dez Recitados", considerado como a honra suprema nos estudos coránicos.

[editar] A Crítica Textual e o Corán

A crítica textual bíblica revolucionou o Xudaísmo e o Cristianismo ao cuestionar asuncións moi establecidas sobre as orixes da Biblia; algúns críticos textuais están a facer o mesmo co Corán. Indican que partes do Corán están baseados en historias dos Tanakh (a Biblia hebrea), o Novo Testamento, a Biblia cristiá e outras obras cristiás non canónicas. As diferenzas entre as versións bíblicas e as coránicas suxiren que estas historias non se tomaron directamente dos textos escritos, senón que eran parte das tradicións orais da Península arábica en tempos de Mahoma. Para os musulmáns, as historias xudeas e cristiás son simplemente corrupcións textuais dun orixinal divino case perdido que se reflexa no Corán.

Esta crítica procura tamén atopar probas da evolución do texto e das disputas sobre a transcrición no Islam primeiro. O recente descobrimento dos "Cemiterios do Corán" en Iemen parece que poderá aportar nova luz sobre a materia.

[editar] Interpretación do Corán

Dacordo cos testemuños máis antigos, escritos todos eles por crentes, o Corán foi revelado aos poucos durante o perído extenso. Cada sura, e ás veces mesmo cada versículo individual, ten as súas propias circunstancias específicas. Nalgúns casos, estas menciónanse nos coñecidos tafsirs (por exemplo, a surat Iqra, ou moitas partes, incluídos os ayat 190-194, da surat al-Baqarah); noutros casos (p.ex. surat al-Asr), o máis que se pode dicer é en que cidade vivía o Profeta na altura (dividindo entre as suras de Makkan e as de Medina). Nalgúns casos, tal e como na surat al-Kawthar, hai diverxencias sobre as circunstancias e tradicións diferentes fornecen unha relación diferetne. Porén, cando son coñecidas, as circunstancias considéranse unha axuda importante para comprender o significado pretendido de cada versículo. O telón de foro máis xeral do Corán, especialmente o histórico, tamén ten valor para a súa interpretación. Por exemplo, non sería posíbel entender ben a surat al-Fil sen coñecer o que os primeiros historiadores árabes contan do Ano do Elefante.

A axuda externa de maior utilidade á hora de intepretar os significados do Corán son os Hadith, a colección de tradicións islámicas da que derivan os detalles da historia islámica primitiva. Unha completa ciencia da isnad apareceu nos primeiros séculos do Islám que pretendía clasificar supostos ditos de acordo coa súa fiabiliade. A interpretación do Corán derivou logo na súa propia ciencia, a ilm at-tafsir. De entre os comentadores máis famosos destacan at-Tabari, az-Zamakhshari, at-Tirmidhi e Ibn Kathir. Encanto que estes comentarios mencionan todas as interpretacións comunmente aceptadas, os comentarios fundamentalistas modernos, como o de Sayyed Qutb tenden a cinxirse a só unha das interpretacións posíbeis.

A crenza na orixe divina, directa e incorrompida é fundamental para o Islám. Isto supón crer que o Corán non contén erros nen inconsistencias. Así, a surat al-Baqarah di no seu versículo segundo: "Este é o libro no que non non caben dúbidas, un guía para os crentes". Porén, é ben sabido que certos versículos cronoloxicamente posteriores substitúen a outros anteriores. Por exemplo, a prohibición do viño logrouse gradualmente e non inmediatamente, e mentres que para algúns estudosos certos versículos que desaconsellan certas prácticas (como a poligamia) sen prohibilas de todo débense interpretar como parte dun proceso semellante, para outros isto contradí a sura 5,3 ("Neste día perfeccionei a vosa relixión para vós, completei o Meu favor sobre vós e escollín para vós o Islám como relixión").

Con referencia á mensaxe básica do Corán hai tres ideas que se reiteran no libre: esta vida é unha proba; o alén é certo; as nosas accións nesta vida teñen consecuencias na vindeira.

[editar] O Corán "creado" e o "non-creado"

As variedades máis extendidas de teoloxía musulmana consideran que o Corán é eterno e "non-creado", reflexando certos aspeitos da filosofía grega, en concreto as teorías de Platón segundo as que as realidadese verdades últimas son eternas e inmutábeis. Dado que os musulmáns cren que as figuras bíblicas como Moisés e Xesús Cristo predicaron o Islán, a doutrina dunha revelación inmutábel e non creada implica que as contradicións entre as súas afirmacións en relación co Corán e a Biblia han de ser o resultado da corrupción humana das revelacións divinas anteriores.

Porén, algúns, entre eles as sectas Mu'tazili e Ismailí, contradín esta doutrina do Corán non creado. Varios movementos liberais dentro do Islám cuestionan, implicitamente ou explicitamente, a doutrina do Corán non creado ao discutir a aplicabilidade e validez da lei islámica, xa que as súas xustificacións baseánse con frecuencia na crenza de que esas leis foron creadas por Deus para afrontar necesidades e circunstancias específicas da comunidade de Mahoma.

De entre as moitas razóns ofrecidas por esas voces disidentes para a súa crítica da doutrina dun Corán eterno están as implicacións que tería para a doutrina da tawhid, ou unidade de Deus. Se o Corán é a fala eterna e non-creada de Alá, fala que existiu sempre xunto con El, estase a presentar un conceito plural da natureza de Deus.

[editar] Estilo

Ainda que non sempre, o Corán presenta unha rima asonante entre versículos sucesivos, como na surat al-Fajr:

Wal-fajr(i),
Wa layâlin `ashr(in),
Wash-shaf`i wal-watr(i)
Wal-layli 'idhâ yasr(î),
Hal fî dhâlika qasamun li-dhî ḥijr(in).

Estas vogais de fin de versículo non se pronuncian cando os versículos se enuncian por separado, fenómeno pausal normal en árabe. Nestes casos, î and û riman normalmente e hai certo grao de variación nas consoantes finais de sílaba. Algunhas suras inclúen tamén un refrán repetido cada poucos verses, como ar-Rahman ("Entón cal dos favores do teu Señor denegarás?") e al-Mursalat ("Malditos nese día os que repudien").

A lonxitude dos versículos (ayat) varía notabelmente entre sura e sura. En xeral, as suras primeiras (da Meca) teñen versículos máis cortos que as posteriores (de Medina), e os versos legais son especialmente longos.

Todos os capítulos, exceito un, van precedidos por "Bismillah ir-Rahman ir-Rahim" ("No Nome de Deus, o Misericordioso, o Compasivo". Sobre as letras iniciais dos capítulos (un conxunto reducido) discútese se teñen sentido, se introducen a revelación coránica ou se son os monogramas ou iniciais dos escribas.

Un rasgo notábel do Corán é a súa repetición parcial frecuente, que vai desde os epítetos cortos (p.ex. "Señor dos ceus e da terra") a oracións completas. Estas repeticións sirven ás veces para enfatizar unha idea importante e ás veces ilustran ideas diferentes. Están entre os fragmentos máis difíceis de memorizar porque, mentres que a maioría dos versículos só teñen unha continuación posíbel, estes poden ter varias.

Tamén se atopa a repetición temática, como nas historias de Thamud ou de Adám, que se narra en varias ocasións con aproximadamente o mesmo nível de detalle cada vez. Como non é unha narrativa, no Corán non hai un lugar determinado para cada elemento.

Tradicionalmente, os grmáticos árabes consideran que o Corán é un xénero único en si mesmo, que non é nen poesía (definida como texto cunha métrica e unha prosa nen prosa (definida como fala normal ou fala rimada pero non métrica, saj').

[editar] Partes e subdivisións

Sura 5, versos 12-13 dun Corán do século XIII
Agrandado
Sura 5, versos 12-13 dun Corán do século XIII

O Corán organízase en capítulos separados, ou sura. A súa orde non reflecte a orde cronolóxica na que foron ditadas, nen a estrutura de cada sura reflecte a natureza da revelación coránica orixinal. Os versículos éranlle revelados a Mahoma de maneira inesperada. Habitualmente, unha revelación púñao en trance e el e outros memorizaban os versículos; baixo a guía de Gabriel, Mahoma organizaba os versículos nas sura existentes.

Ademáis da repartición en suras e independentemente dela, o Corán divídese en partes de extensión aproximadamente similar para maior comodidade de lectura, recitado e memorización. Úsanse as sete "estacións" (manazil) e as trinta "partes" (ajza ', singular juz '), para ler o Corán inteiro nunha semana ou nun mes, un manzil ou unha juz ' cada día, respectivamente. As juz' divídense tamén ás veces en dous "grupos" (ahzab, singular hizb), e cada hizb divídese por súa vez en catro cuartos. Outra estruturación diferente é a das ruku'at, unidades semánticas semellantes aos parágrafos e que conteñen aproximadamente unhas dez ayat cada unha.

[editar] O Corán e a cultura islámica

Antes de tocar unha copia do Corán, os musulmáns realiza unha wudu ou ablución (limpeza ritual con auga). Isto baseáse na tradición e na interpretación literal da sura 56:77-79: "Con seguranza que é un Corán honrado, nun libro que está protexido: ninguén o deberá tocar exceito os purificados".

O recitado (tilawa, تلاوة) do Corán é unha arte no mundo musulmán e dá lugar a variacións de pronuncia.

As tradicións relacionadas coa tradución e a publicación do Corán mandan que cando se publica o libro non debe ser titulado simplemente "O Corán". O título debe incluir sempre un adxectivo descritivo (para evitar confusións posíbeis con outros "recitados" no sentido árabe), que é polo que todas as edicións do Corán se titulan O Glorioso Corán, o Noble Corán ou parecido.

[editar] Tradución do Corán

Para os musulmáns, o Corán é a revelación de Deus, polo que sempre o recitan no orixinal árabe durante as oracións rituais (salah). O texto traducido a outros idiomas non o consideran posuidor do carácter sagrado único do orixinal, senón só intentos de "tradución interpretativa", non teñen peso ningún nos debates sobre o significado do Corán e non son considerados "libros sagrados".

Todas as traducións máis importantes do Corán foron obra dun único individuo, de maneira que non hai tradución a ningún idioma que reflicta o estudo de eruditos especializados, como si sucede coa Biblia. A primeira tradución ao latín foi a de Robert de Ketton, en 1143.

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu