Abraham
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Patriarca das tres crenzas monoteístas principais da actualidade (xudaísmo, cristianismo e islam), herdeiras do mitrianismo indo-persa.
Abraham, segundo a tradición/lenda, naceu no século XX antes de Cristo na cidade babilónica de Ur (hoxe Iraq ). Deus, comunícalle a Abraham que de se traslar á Terra de Canaán a súa semente será bendicida e levantará unha grande nación. Así, Abraham e a súa tribo nómade chegan ó que hoxe se coñece como deserto do Neguev (sur de Israel). En Beersheva fúndase a primeira base estable da tribo de Abraham.
Como era tradicional nos pobos semitas, Abraham foi polígamo, con unha muller chamada Sara tivo a Isaac, e con Hagar tivo a Ismael.
No que se coñece como Áqueda, Deus pedíulle a Abraham o sacrificio do seu primoxénito Isaac para poñer a proba a súa fe. No último minuto, un anxo detivo o brazo de Abraham a piques de asasina-lo seu fillo.