Diacrítico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Diacríticos |
---|
|
Un (signo) diacrítico (do grego διακριτικός diacritikós, «que distingue») é un signo situado sobre (diacrítico superescrito), debaixo (diacrítico subscrito), en ou a través (diacrítico inscrito), despois (diacrítico adscrito), diante (diacrítico preescrito) ou ao redor (diacrítico circumscrito) dun grafema para:
- modificar o seu valor fonético;
- permitir unha lectura máis precisa (os diacríticos non son pois obrigatorios);
- ou evitar unha ambigüidade entre homógrafos.
Existen tamén letras diacríticas, mudas e por forza escritas ao lado da letra que modifican. Accesoriamente, puideron convertirse en signo diacrítico (cf. Umlaut).
Do mesmo xeito que as ligaturas e que as letras suplementarias inventadas, a adición de diacríticos amplía o número de grafemas dunha escritura. En moitos casos, a letra con diacrítico non se considera como un grafema independente senón como un alógrafo, é dicir, outra versión escrita da letra simple. A letra con diacrítico non intervén xa que logo, na clasificación alfabética.
Como exemplo, o acento agudo do francés modifica o valor fonético dun e, pronunciado xeralmente [ǝ] (e mudo): é sona [e]. O acento grave sobre un a, non obstante, so permite distinguir homógrafos: la (artigo) ~ là (adverbio de lugar), sonando os dous [la]. Sen embrago non se consideran é e à como letras independentes de e e a. O francés non coñece diacrítico ningún que sirva para afinar a lectura: todos son obrigatorios.
Ese tipo existe en árabe, onde as vogais non se escriben; nas obras didácticas ou relixiosas pódense notals en forma de diacríticos. A fatḥa, un trazo lixeiramente oblicuo suscrito, serve para indicar a presenza dunha vogal [a]: a palabra عدل lese ʿadl (‘adl) pero translitérase ʿdl. Para precisar a súa lectura, pódeselle engadir unha fatḥa: عَدل.
Cada escritura puido desenvolver os seus propios diacríticos:
- diacríticos do alfabeto galego;
- diacríticos do alfabeto latino (ao servir este para a romanización, é o alfabeto que coñece máis signos diacríticos):
- cf. tamén diacríticos do alfabeto vietnamita (quôc ngu),
- diacríticos do alfabeto grego;
- diacríticos do alfabeto cirílico;
- diacríticos do alfabeto árabe;
- diacríticos do alfabeto hebreo;
- diacríticos do devanâgarî;
- diacríticos dos silabarios xaponeses;
- diacríticos do alfabeto tibetano;
- diacríticos do alfabeto turco.
[editar] Artigos relacionados
- letra diacrítica;
- letras suplementarias;
- escritura;
- ligatura;
- tipografía.