Turinxia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Basisdaten | |
---|---|
Capital: | Érfurt |
Superficie: | 16.172,14 km² |
Poboación: | 2.355.280 |
Densidade: | 146 hab/km² |
Website: | thüringen.de |
Política | |
Ministro Presidente: | Dieter Althaus (CDU) |
Turinxia (en alemán Thüringen) é un estado libre entre os 16 Estados federados de Alemaña, Atravesado polo bosque de Turinxia e situado no centro xeográfico do país.
Algunhas cidades importantes deste estado son Weimar, Érfurt, Eisenach e Xena.
Índice |
[editar] Historia
A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras Napoleónicas o territorio que comprende este estado pasou a formar parte da Confederación do Rin e tras o congreso de Viena adheriuse á Confederación Xermánica.
A industrialización de Alemaña durante o século XIX iniciouse en Turinxia e Saxonia.
Durante a Segunda Guerra Mundial a rexión foi severamente destruída e sufriu gran numero de baixas civís provocadas na súa maioría polos bombardeos dos aliados.
A partir de 1949 Turinxia formou parte da República Democrática Alemá (RDA). En 1952 foi disolto como estado e o territorio pasou a ser administrado en tres distritos.
Tras a reunificación alemana en 1990 Turinxia renaceu como estado.
Ver: Landgraviato de Turinxia e Batalla de Xena
[editar] Economía
Turinxia ó igual que a maior parte das ex-RDA viviu unha dispar progresión económica e a situación mellorou globalmente. Así e todo, Érfurt ostenta un dos niveis de riqueza máis baixos do país a pesar das constantes subvenciones do goberno federal e da Unión Europea (UE).
[editar] Ver
- Persoeiros célebres: Johann Friedrich Gmelin, Johannes Thienemann e Lothar de Maizière.