Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Johann Gutenberg - Wikipedia

Johann Gutenberg

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Johannes Gensfleish zur Laden zum Gutenberg (1398-1468), impresor alemán coñecido polas súas contribucións á tecnoloxía da impresión en polo menos tres dos seus procesos: As matrices ou pranchas de impresión de tipos móbiles, a prensa e nas tintas para transferir os tipos ao pergamiño ou ao papel.

Johannes Gutenberg

Índice

[editar] Biografía

Gutenberg naceu en Maguncia, Alemaña, fillo do comerciante Friele Gensfleisch zu Laden, quen adoptaría máis tarde o nome "zum Gutenberg", homónimo da veciñanza onde a familia se trasladou.

Antes de inventar os tipos removibles fora ourive, coñecedor da arte da construción de moldes e da fundición de ouro e prata; por iso logrou facer excelentes tipos, valiosos ata artisticamente como traballo de ourive.

En 1434, Gutenberg trasladouse a Estrasburgo onde permaneceu varios anos.

Tras regresar ao seu Maguncia, Gutenberg asociouse cun comerciante quen o financiou para realizar a impresión da Biblia.

Non se coñece moito sobre os últimos anos da vida de Gutenberg. Sábese que morreu o 3 de febreiro de 1468.

[editar] Os tipos individuais móbiles

A Gutenberg considéraselle o inventor en Europa, pois os chineses e coreanos xa os usaban os tipos móbiles de chumbo fundido, máis duradeiros e resistentes cós fabricados en madeira, e xa que logo reutilizables que conferiron unha enorme versatilidade ao proceso de elaboración de libros e á súa masificación. Inicialmente estes eran singulares (únicos), como unha obra de arte, elaborados a man letra por letra, palabra por palabra, por un Scriba nun Scriptorium. Na alta idade media xa se empregaban matrices de impresión, estas son o negativo, é dicir, a imaxe especular dunha páxina, tallada nun medio ríxido para logo darlle tinta e transferila, mediante presión ao pergamiño ou papel. Estas matrices de tipos fixos -cifras, palabras, frases, parágrafos- gravados sobre taboíñas de arxila branda e logo cocidas ou talladas sobre madeira coñecíanse dende facía moito tempo. As primeiras foron case contemporáneas da invención da escrita, as taboíñas de arxila sobre as que os sumerios codificaron e marcaron os primeiros inventarios de produción agrícola e cobraron os primeiros impostos, cara ao 3500 adC.

A diferenza -e vantaxe- entre os tipos móbiles de Gutenberg e os orientais de chineses e coreanos non é despreciable, estriba no carácter alfabético da escrita occidental que require só a elaboración dun número reducido de clases de tipos, un por cada letra do alfabeto, mentres que a escrita chinesa, tamén usada polos coreanos, é ideográfica e require miles de clases de tipos, un para cada concepto, idea ou palabra.

[editar] A prensa

É outra das contribucións de Gutenberg; con anterioridade empregárase, tamén dende a época de Sumeria, discos ou cilindros sobre os cales se grava o negativo do texto a imprimar que xeralmente era só a rúbrica do dono do cilindro e outorgaba certeza de autenticidade ás taboíñas que a levaban. As prensas na Idade Media eran simples táboas grosas e pesadas ou bloques de pedra que se apoiaban sobre a matriz de impresión xa con tinta para transferir a súa imaxe ao pergamiño ou papel. A prensa de Gutenberg é unha adaptación daquelas usadas para espremer o zume das uvas na fabricación do viño, coas cales Gutemberg estaba familiarizado, pois Maguncia, onde naceu e viviu, está no val do Rin, unha rexión vinícola dende a época dos romanos.

[editar] As tintas e o papel de impresión

Trala invención dos tipos e a adaptación da prensa vinícola, Gutenberg seguíu experimentando coa prensa ata lograr un aparello funcional. Tamén investigou sobre o papel ou o vélaro e as tintas. Uns e outras tiñan que comportarse de tal modo que as tintas se absorbesen polo papel sen correrse, asegurando a precisión dos trazos; necesitábase que o secado fose rápido e a impresión permanente. Por iso, Gutenberg experimentou con pigmentos de base de aceite -que non só usou para imprimar coas matrices, senón tamén para as capitulares e ilustracións que se realizaban manualmente- e co papel de trapo de orixe chinesa introducido en Europa na súa época.

[editar] Biblia de Gutenberg

Biblia de Gutenberg
Agrandado
Biblia de Gutenberg

O primeiro libro impreso por Gutenberg foi a Biblia, proceso que iniciou o 23 de febreiro de 1455 e concluíu uns cinco anos despois; estímase que logrou imprimar, iluminar e encadernar 180 Biblias de 1282 páxinas cada unha, a dúas columnas de 42 renglóns. Actualmente existen 60 Biblias de Gutenberg, 12 en pergamiño e 48 en papel. Alemaña posúe polo menos 15 Biblias de Gutenberg, na súa maioría nas bibliotecas de institucións universitarias.

O interese de Gutenberg pola impresión rápida e económica de libros era en gran medida comercial e ata se chegou a afirmar que quixo facer pasar as súas primeiras Biblias por exemplares realizados a man.

[editar] Outros datos de interese

  • Outros impresos de Gutenberg (Incunables): monotipos e ilustracións, Gramática Latina, Catholicon, Calendario, etc.
  • Universidade de Maguncia é Johannes Gutenberg Universität Mainz
  • Lorenzo de Coster, impresor holandés, contemporáneo de Gutenberg aínda que maior; afírmase que inventou a prensa tipográfica antes ca Gutenberg

[editar] Véxase tamén

  • Imprenta
  • Historia do Libro
  • galaxia Gutenberg
  • proxecto Gutenberg: Precursor das bibliotecas dixitais.gl:Johannes Gutenberg
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com