Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Segunda Guerra Mundial - Wikipedia

Segunda Guerra Mundial

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Segunda Guerra Mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945.

Índice

[editar] Bandos enfrontados

  • O Eixe: fundado tralo Pacto de Aceiro entre Alemaña e Italia ó que se incorporou máis tarde o Xapón. Tamén se uniron a este bando Romanía, Bulgaria e Hungría (estados non conquistados polos nazis pero que se puxeron do bando do eixo). Pódese considerar o caso especial de Finlandia, que malia recibir axuda alemá só combateu á Unión Soviética que intentara invadila.

[editar] Visión Xeral

A Segunda Guerra Mundial foi o maior conflito bélico do século XX, que enfrontou á maioría dos países industrializados do mundo e terminou coa división deste en dous grupos de influencia, o Norteamericano e o Soviético, que se enfrontarían durante a Guerra Fría.

Segundo a historiografía europea, o conflito comeza o 1 de setembro de 1939 coa invasión de Polonia por parte da Alemaña nazi. Outros din que o verdadeiro inicio é a invasión de China por Xapón o 7 de xullo de 1937, ou incluso a creación dun estado títere en Manchuria por Xapón en 1931, mentres que outros defenden que a guerra non pode cualificarse como mundial ata a entrada dos Estados Unidos a finais do ano 1941 tralo ataque sorpresa a Pearl Harbour.

A finais dos anos 30 a política de apaciguamento británica permitiulle a Alemaña rearmarse e anexionarse a Austria e crear protectorados en Chequia. Pero en 1939 o Reino Unido e Francia alíanse con Polonia nun intento de frenar unha supremacía alemá en centroeuropa. A pesar de este pacto Alemaña inicia o 1 de setembro de 1939 a invasión de Polonia e o país queda dividido tal e como se indicara nas cláusulas secretas do pacto de non agresión entre Hitler e Stalin. A pesar do ultimato francobritánico Alemaña continuou a ofensiva en Polonia polo que se produce a declaración de guerra que tamén subscriben os países da Commonwealth.

Nos comezos a guerra no Oeste de Europa non é moi intensa, Alemaña tiña comprometida a maioría das súas forzas na conquista de Polonia e os aliados descoñecendo a debilidade da fronteira oeste alemá decidíronse por unha estratexia defensiva mentres que acumulaban os homes e materiais necesarios para pasar a ofensiva. Esta tranquilidade na fronte occidental permitiulle ao exercito alemán despregarse e reequiparse para preparar a Batalla de Francia que se iniciou o 10 de maio de 1940 coa invasión de Bélxica, Holanda e Luxemburgo. Grazas ás técnicas de guerra relámpago concibidas polo xeneral Heinz Guderian os exércitos alemáns romperon as liñas de fronte a través das Ardenas e coparon aos exércitos francobritánicos que acudiran na defensa de Bélxica. O 25 de xuño Francia vese obrigada a capitular ante o réxime nazi e o Reino Unido queda so fronte Alemaña e Italia que lle declarara a guerra aos aliados o 21 de xuño.

Alemaña comeza a preparar a invasión das Illas Británicas operación coñecida como Leon Marino iniciando unha campaña de bombardeos destinada a acadar a superioridade aérea que foi coñecida como a Batalla de Inglaterra. Tras meses de loita os alemáns sofren importantes baixas, esta sangría xunto ás necesidades para a preparación do ataque á Unión Soviética os obriga abandonar o seu proxecto de invadir o Reino Unido, aínda que con menor intensidade os bombardeos sobre poboación civil non cesan.

Ó mesmo tempo, o Imperio Británico que ve ameazada as súas posicións no Mediterráneo pasa a ofensiva neste teatro de operacións derrotando facilmente aos italianos no mar, Libia e Etiopía. Estas vitorias británicas obrigaron a Hitler a reforzar as posicións do Eixo no Mediterráneo enviando o Afrika Korps a Libia e unidades de aviación a Italia. O brillante xeneral Erwing Rommel ao mando do Afrika Korps a pesar da inferioridade numérica e a falta de subministracións mantivo a raia aos exércitos británicos até 1942 en que unha ofensiva habilmente prantexada e dirixida polo xeneral Montgomery no Alamein lle inflixiu unha derrota estratéxica.

Considérase que a segunda fase de guerra comeza coa entrada no bando aliado da Unión Soviética e os Estados Unidos. A Unión Soviética é invadida por Alemaña, que rompe o pacto de non agresión, e comeza a recibir axuda militar do Reino Unido en forma de convois. Tralo ataque sorpresa á base hawaiana de Pearl Harbour, os Estados Unidos declaran a guerra a Xapón, que comeza unha política aínda máis agresiva no Pacífico, conquistando Hong Kong, as Filipinas e incluso bombardeando Australia.

O desembarco de forzas Norteamericanas no norte de África, comandadas polo Xeneral Patton pon fin ás batallas neste territorio, colaborando co exército británico de Montgomery. Polas mesmas datas, a veloz invasión da Unión Soviética sofre un grande revés coa rendición do exército alemán en Stalingrado, onde máis de medio millón de soldados son feitos prisioneiros. A Batalla de Kursk daría a vantaxe á Unión Soviética na fronte oriental, o máis feroz e o que máis mortes causou de toda a guerra. Por último, o outro punto de inflexión dáse no Pacífico, onde a flota americana afunde catro portaavións xaponeses na Batalla de Midway.

Na terceira fase, a partir do ano 1943, a derrota do eixe é clara e os aliados comezan a conquistar máis e máis terreo. No Pacífico, os americanos van reducindo o control xaponés coa táctica de island hopping do xeneral MacArthur. Na fronte oriental, os soviéticos van facendo avanzar as súas liñas cada vez máis, e no occidental os aliados conquistan a maior parte de Italia.

O 6 de xuño de 1944, co desembarco de Normandía, constitúese a fronte definitiva contra Alemaña, que fai que teña que dividi-los seus recursos entre Francia e o fronte do leste. Comeza unha carreira entre os aliados occidentais e a Unión Soviética para conquista-la maior cantidade de territorio posíbel no menor tempo e así ter maior influencia trala guerra; nesta carreira os soviéticos parten con vantaxe pero a invasión americana é rápida grazas ás tácticas militares do xeneral Patton. Os alemáns fan un último esforzo na batalla das Ardenas, pero o 8 de maio de 1945 asinan a súa rendición, cunha Alemaña reducida a escombros tralos fortísimos bombardeos aliados.

No fronte oriental, a guerra poderíase alongar moito máis, pois nas datas da rendición alemá Xapón dominaba aínda gran parte de China e Indochina, pero as dúas bombas atómicas lanzadas sobre Hiroshima e Nagasaki polos Estados Unidos precipitan a rendición do Imperio Xaponés no 2 de setembro de 1945.

[editar] Cronoloxía destacada

[editar] 1939

1 de setembro Alemaña invade Polonia.

3 de setembro Francia e o Reino Unido declaran a guerra a Alemaña. Neville Chamberlain nomea a Winston Churchill primeiro Lord do Almirantazgo.

17 de setembro A Unión Soviética invade Polonia e as repúblicas bálticas (pacto Molotov-Ribbentrop).

21 de setembro os xudeus de Polonia son obrigados a recluírse en guetos.

27 de setembro o exército polaco réndese en Varsovia. As tropas alemás e as soviéticas xúntanse en Brest-Litovsk, cidade no que se asinou a paz en 1918 entre os revolucionarios rusos e os Imperios Centrais.

30 de novembro a URSS invade Finlandia.

14 de decembro a URSS é expulsada da Liga de Nacións.

[editar] 1940

12 de marzo a URSS asina a paz con Finlandia.

8 de abril desembarco británico en Namsos (Noruega).

9 de abril invasión alemá de Noruega e Dinamarca.

10 de maio divisións mecanizadas alemás atravesan a Línea Maginot ó mando de Rommel. Invasión de Francia, Luxemburgo, Bélxica e Holanda. Chamberlain dimite e Winston Churchill substitúeo.

14 de maio Holanda réndese.

22 de maio o Parlamento británico aproba amplos poderes para o executivo de cara a defensa de Gran Bretaña.

27 de maio evacuación de Dunquerque. Tropas francesas, belgas e británicas abandonan Europa continental incapaces de combater a máquina de guerra alemá. Foxen a Inglaterra. En total case 340.000 soldados, dos cales 140.000 son franceses que abandonan o seu mellor material bélico ós alemáns.

28 de maio Bélxica réndese.

4 de xuño remata a evacuación de Dunquerque.

10 de xuño a Italia fascista declara a guerra ós aliados.

14 de xuño o exército alemán entra en París.

15 de xuño os EUA rexeitan a petición de axudar a Francia.

22 de xuño Francia asina o armisticio con Alemaña. Divídese o país en dúas zonas: a norte con gobernadores alemáns e a sur, a chamada Francia de Vichy, colaboracionista, baixo o mandato do xeral Petain.

Adolf Hitler posa no Campo de Marte, 23 de xuño de 1940.
Adolf Hitler posa no Campo de Marte, 23 de xuño de 1940.

.

28 de xuño Churchill recoñece ó xeneral Charles De Gaulle como o lexítimo representante da Francia Libre.

3 de xullo a armada británica afunde a flota francesa en Mérs el-Kebir.

10 de xullo comeza a batalla de Inglaterra. A Luftwaffe bombardea día e noite instalacións militares e industriais inglesas.

3 de agosto o exército italiano invade a Somalia Británica.

23 de agosto a Luftwaffe comeza a atacar directamente á poboación civil. Raid de Londres.

25 de agosto a RAF bombardea Berlín.

13 de setembro o exercito colonial italiano entra en Exipto.

27 de setembro Xapón asina o pacto tripartito.

23 de outubro Hitler e Franco reúnense en Hendaia (Francia).

28 de outubro Italia invade Grecia.

14 de novembro a Luftwaffe bombardea Coventry (Inglaterra).

16 de novembro como represalia a RAF bombardea Hamburgo (Alemaña).

18 de novembro primeiras probas con éxito do radar en Inglaterra.

[editar] 1941

22 de xaneiro os británicos capturan Tobruk (África).

1 de marzo Bulgaria asina a alianza coas potencias do Eixe.

7 de marzo os ingleses entran na Etiopía (italiana).

6 de abril os italianos réndense en Etiopía.

10 de abril Alemaña, Italia e Bulgaria invaden Iugoslavia.

12 de abril cae Belgrado.

14 de abril pacto de no agresión entre o Xapón e a URSS.

16 de abril Iugoslavia réndese.

21 de abril Grecia réndese ós alemáns.

25 de abril Rommel e o seu Afrika Korps entran en Exipto.

10 de maio a Luftwaffe bombardea o Parlamento londiniense. Rudolf Hess aterra en Escocia.

1 de xuño comezan a repartirse cartillas de racionamento en toda Inglaterra. O exército ten prioridade no reparto de roupa e comida.

8 de xuño Siria invadida por franceses e británicos.

21 de xuño comeza a Operación Barbarroxa. O III Reich invade a Unión Soviética. A pesares de que o Exército Soviético é moi superior en número e en tecnoloxía de tanques, a mala preparación dos soldados e a falla de oficiais superiores (ver Purgas), fan que se mova con dificultade e que perda calquera iniciativa de resposta fronte ás Panzerdivisionen. Ademais de que a Luftwaffe tiña os mellores pilotos nese momento da contenda.

25 de xuño aproveitando a conxuntura, Finlandia declara a guerra á URSS.

27 de xuño Hungría declara a guerra á URSS. Os rusos non han tardar moito en vingarse.

12 de xullo A Unión Soviética e o Reino Unido pactan un tratado de axuda mutua.

12 de agosto as divisións alemás cercan Leningrado (San Petersburgo)

25 de agosto forzas anglo-soviéticas entran en Persia.

6 de outubro os alemáns están a tiro de pedra de Moscova. Será o máis preto que cheguen. A combinación de dous factores detén o avance alemán. Por un lado o inverno que chegou máis cedo ese ano. As tropas alemás non tiñan roupas de abrigo e por mor do mal tempo, moitos vehículos quedábanse atorados na lama, o III Reich estendeu o uso de mulas e cabalos para o transporte de material. Pola outra banda, o segundo factor foi a decisión de Stalin de mover 20 Divisións siberianas do Estremo Oriente ás aforas de Moscova. Esas 20 divisións ben adestradas e equipadas esperaban dende anos atrás unha suposta invasión do Xapón na Siberia. Comandadas polo xeneral Zhukov, deron unha sorpresa ós alemáns que se dispuñan a asaltar Moscova.

13 de outubro a RAF bombardea Nuremberg.

13 de novembro o portaavións Ark Royal é afundido fronte a Xibraltar.

5 de decembro o Reino Unido declara a guerra a Finlandia, Hungría e Romanía.

7 de decembro ataque xaponés en Pearl Harbor (Hawaii) sen previa declaración de guerra.

8 de decembro tropas expedicionarias niponas invaden Malaisia, Tailandia e Filipinas. Os EUA declaran a guerra a Xapón.

11 de decembro os xaponeses entran en Birmania.

25 de decembro os ingleses perden 12.000 homes na inútil defensa de Hong Kong.

[editar] 1942

20 de xaneiro Reinhard Heydrich organiza a Conferencia Wannsee con outros dirixentes das SS (Eichmann... ). Apróbase a Solución Final, o máis lamentable episodio da historia da humanidade.

29 de xaneiro os EUA abren campos de concentración para os centos de miles de xaponeses que viven no país.

19 de febreiro Xapón bombardea Darwin, Australia.

18 de abril EUA bombardea Toquio.

6 de maio comeza a batalla do mar do Coral.

27 de maio Reinhard Heydrich é abatido a tiros por partisanos comunistas en Praga.

30 de maio os aliados, con 1.000 bombardeiros reducen a Colonia a escombros.

2 de xuño Alemaña afunde dous barcos mexicanos. México declara a guerra a Alemaña.

3 de xuño comeza a batalla de Midway.

21 de xuño Rommel captura Tobruk a Montgommery.

7 de xullo desembarco xaponés en Guadalcanal.

7 de agosto desembarco americano en Guadalcanal. Usan o navaho para codifica-las súas mensaxes.

24 de agosto o 6º exército alemán entra en Stalingrado (actual Volgogrado).

4 de novembro o Afrika Korps perde a iniciativa en El-Alamein.

8 de novembro os aliados desembarcan no norte de África: Operación Torch

11 de novembro os alemáns entran na Francia de Vichy.

12 de novembro o 8º exército de Montgommery retoma Tobruk.

[editar] 1943

23 de xaneiro os aliados capturan Trípoli (Libia).

9 de marzo Von Arnium substitúe a Rommel ó mando do Afrika Korps.

19 de abril levantamento do gueto de Varsovia.

7 de maio os aliados conquistan Tunisia (130.000 prisioneiros).

10 de xullo americanos e británicos desembarcan en Sicilia a mafia facilítalles axuda.

25 de xullo o rei Victor Manuel III de Italia dimite ó ditador Mussolini.

23 de agosto o Exército Vermello reconquista Kharkhov (Ucraína). Por primeira vez os soviéticos aparecen no campo de batalla con máis material e máis moderno que os alemáns.

3 de setembro Montgommery desembarca en Reggio di Calabria.

7 de setembro para que non caia en mans aliadas, a flota alemá do norte bombardea a súa base meteorolóxica máis setentrional: Spitzbergen (Noruega, Círculo Polar Ártico).

15 de setembro tras escapar do cárcere, Mussolini funda a República Social Italiana no Lago di Garda.

23 de setembro Italia asina a paz cós aliados.

25 de setembro tropas mecanizadas soviéticas reconquistan Smolensk.

12 de decembro A República Checa asina a paz con Stalin en Moscova.

28 de decembro Churchill, Roosevelt e Stalin reúnense en Teherán (Persia).

[editar] 1944

31 de xaneiro os aliados desembarcan nas illas Marshall.

15 de febreiro os aliados bombardean o mosteiro de Monte Cassino, as tropas xermanas acurraladas resisten a duras penas.

19 de febreiro bombardeo a Londres de día. Cuantiosas baixas.

6 de marzo de 1944 comezan os bombardeos máis pesados a Berlín coa luz do día.

9 de maio os alemáns abandonan Sevastopol.

18 de maio os aliados entran en Monte Cassino.

4 de xuño os aliados son recibidos con vítores en Roma (Italia).

6 de xuño desembarco de Normandía. Ábrese unha terceira fronte.

13 de xuño a primeira V1 cae en Londres.

3 de xullo o Exército Vermello captura Minsk (Bielorrusia).

9 de xullo cae Caen.

18 de xullo Hideki Tojo dimite como primeiro ministro.

20 de xullo un atentado para matar a Hitler falla. Dura represalia contra os oficiais da aristocracia prusiana.

24 de agosto republicanos españois da División LeClerc capturan París coa axuda americana.

25 de agosto Romanía declara a guerra a Alemaña.

4 de setembro os británicos entran en Bruxelas (Bélxica).

8 de setembro a primeira V2 cae sobre Londres.

11 de setembro o III Exército dos Estados Unidos (Patton) entra en Alemaña.

12 de setembro Romanía asina un armisticio co Reino Unido, Estados Unidos e a URSS.

17 de setembro comeza a operación Market Garden para liberar Holanda.

19 de setembro Finlandia -por segunda vez nesta guerra- asina a paz coa Unión Soviética.

25 de setembro alistamento obrigatorio para todos os alemáns entre 16 e 60 anos.

28 de setembro tropas canadenses liberan o paso de Calais.

4 de outubro os británicos desembarcan na Grecia ocupada.

6 de outubro o Exército Vermello entra en Eslovaquia.

9 de outubro Churchill, Roosevelt e Stalin reúnense en Moscova.

14 de outubro Rommel é obrigado a suicidarse.

24 de outubro comeza a batalla do golfo de Leyte.

28 de outubro Bulgaria asina a paz cós aliados.

[editar] 1945

Conferencia de Yalta, 1945
Agrandado
Conferencia de Yalta, 1945

17 de xaneiro o Exército Vermello libera Varsovia e Budapest (Hungría).

4 de febreiro Conferencia de Yalta.

13 de febreiro Dresde é reducida a cinzas. A Cruz Vermella protesta ó mando aliado.

19 de febreiro combates en Iwo Jima.

28 de febreiro os Estados Unidos liberan Manila (Filipinas).

9 de marzo bombardeo de Toquio.

22 de marzo

27 de marzo derradeira V2 cae en Londres.

29 de marzo os soviéticos entran en Austria.

1 de abril os americanos entran en territorio xaponés: Okinawa.

7 de abril afundimento do destrutor Yamato, a xoia da mariña de guerra xaponesa, fronte as costas de Okinawa.

12 de abril Franklin D. Roosevelt morre e é substituído por Harry S. Truman.

13 de abril liberación de Belsen e Buchenwald.

25 de abril liberación de Dachau. Fundación das Nacións Unidas en San Francisco (EUA).

28 de abril Mussolini e maila súa compañeira son aforcados sumariamente por partisanos antifascistas.

29 de abril o exército alemán en Italia depón as armas.

O Exército Vermello toma o Promi (Ministerio da Propaganda, Berlín
Agrandado
O Exército Vermello toma o Promi (Ministerio da Propaganda, Berlín

30 de abril Hitler e Eva Braun suicídanse no asediado búnquer da Chancelería do Reich (Berlín). O almirante Doenitz é designado novo chanceler.

2 de maio os resistentes en Berlín réndense a Zhukov.

4 de maio o exército alemán réndese en Alemaña.

5 de maio os aliados entran en Dinamarca.

8 de maio día V.E. (Vitoria en Europa) rendición incondicional alemá asinada por Alfred Jodl.

9 de maio o exército alemán en Checoslovaquia réndese ó Exército Vermello.

22 de maio o dirixente das SS Himmler suicídase no seu tren militar.

16 de xullo primeira proba con éxito do Proxecto Manhattan no Campamento Trinity en Alamogordo (Novo México).

6 de agosto o Enola Gay realiza o primeiro ataque nuclear sobre Hiroshima (Xapón).

9 de agosto segundo ataque nuclear sobre Nagasaki (Xapón)

2 de setembro Yamashita rende as tropas xaponesas das Filipinas. Douglas MacArthur acepta a rendición xaponés. Fin da guerra.

Outono: diversos buques e submarinos alemáns continúan a facer operacións de sabotaxe no Océano Atlántico. A maioría vaise rendendo en portos suramericanos.

Anos 70: os derradeiros combatentes xaponeses aparecen en diversas illas de Indonesia e Filipinas e tamén se renden.


[editar] Líderes políticos

[editar] Reino Unido

[editar] Francia

[editar] Estados Unidos

[editar] Unión Soviética

[editar] Líderes militares

[editar] Líderes británicos

Harold Alexander, James Lacey, Claude Auchinleck, Oliver Leese, Douglas Bader, Trafford Leigh-Mallory, Donald Bennett, Basil Liddel Hart, Thomas Blamey, Edgar Ludlow-Hewitt, Harry Broadhurst, Herbert Lumsden, Alan Brooke, Clifford McEwen, Maurice Buckmaster, Frank Messervy, Leonard Cheshire, Bernard Montgomery, Peter Churchill, Leslie Morshead, Arthur Coningham, Lord Mountbatten, Andrew Cunningham, Keith Park, Miles Dempsey, Marmaduke Pattle, Alan Deere, Richard Peirse, John Dill, Arthur Percival, Eric Dormon-Smith, Charles Portal, William Sholto Douglas, Bertram Ramsay, Hugh Dowding, Neil Richie, Basil Embry, Robert Saunby, Guy Gibson, John Slessor, John Gort, William Slim, Colin Gubbins, James Somerville, Arthur Harris, Arthur Tedder, Brian Horrocks, John Tovey, William Ironside, Archibald Wavell, Hastings Ismay, Jeff West, Johnnie Johnson, Orde Wingate, Edgar J. Kain, Edward Yeo-Thomas.

[editar] Líderes americanos

Henry Arnold, Thomas Kinkaid, Walter Bedell-Smith, Walter Krueger, Omar Bradley, William Leahy, Simon Buckner, Curtis LeMay, Daniel Callaghan, John Lucas, Evans Carlson, Douglas MacArthur, Mark Clark, George Marshall, Joe L. Collins, Frank Merrill, Lucius D.Clay, Chester Nimitz, William Donovan, Alexander Patch, Ira Eaker, Patton, Merritt Edson, Lewis Puller, Robert Eichelberger, Matthew Ridgway, Dwight D. Eisenhower, Holland Smith, Frank Fletcher, Carl Spaatz, Roy Geiger, Raymond Spruance, Oscar Griswold, Harold Stark, Leslie Groves, Joseph Stilwell, William Halsey, Paul Tibbets, Thomas Hart, Lucian Truscott, Millard Harmon, Richmond Turner, Courtney Hodges, Alexander Vandegrift, Husband Kimmel, Jonathan Wainwright, Ernest King, Carleton Wright.

[editar] Líderes xermanos

Jurgen von Arnium, Siegmund List, Hermann Balck, Erich von Manstein, Fritz Bayerlein, Hasso Manteuffel, Ludwig Beck, Erhard Miltch , Werner von Blomberg, Walther Model, Guenther Blumentritt, Werner Moelders , Fedor von Bock, Walther Nehring, Heinrich von Brauchitsch, Freidrich Paulus, Ernst Busch, Gunther Prien, Wilhelm Canaris, Erich Raeder, Kurt Daluege, Walther von Reichenau, Joseph Dietrich, Wolfram von Richthofen , Karl Doenitz , Erwin Rommel, Adolf Eichmann, Hans Ulrich Rudel, Alexander von Falkenhausen, Gerd von Rundstedt, Werner von Fitsch, Friedrich Schorner, Erich Fromm, Fabin Schlabrendorff, Adolf Galland, Kurt von Schleicher, Hermann Goering, Hans von Seeckt, Wilhelm Groener , Fridolin von Senger, Heinz Guderian , Otto Skorzeny, Franz Halder, Hans Speidel, Erich Hartmann, Hugo Sperrle, Kurt Hammerstein-Equord, Jürgen Stroop, Gotthard Heinrici, George Stumme, Adolf Heusinger , Kurt Student, Erich Hoepner, Carl Stulpnagel, Herman Hoth, Kurt von Tippelskirch, Hans Hube , Wilhelm von Thoma, Alfred Jodl, Henning von Tresckow, Wilhelm Keitel, Ernst Udet, Albert Kesselring , Heinrich Vietinghoff, Paul von Kleist, Walther Warlimont, Gunther von Kluge, Siegfried Westphal, George von Kuechler, Karl Wolff, Wilhelm Leeb, Erwin von Witzleben, Joachim Lemelsen, Kurt Zeitzler,

[editar] Líderes xaponeses

Masaki Honda, Raizo Tanaka , Janji Ishiwari , Hisaichi Terauchi , Mineichi Koga , Hideki Tojo, Takeo Kurita , Soemu Toyoda , Akiro Muto , Mitsuru Ushijima, Chuichi Nagumo, Isoruku Yamamoto, Jisaburo Ozawa, Tomoyuki Yamashita,

[editar] Líderes franceses

Antoine Bethouart, Alphonse Juin, Gaston Billotte, Pierre Koenig, Jean-Francois Darlan, Jean-Maarie de Lattre, Maurice Gamelin, Philippe Leclerc , Charles De Gaulle, Charles Nogues, Alphonse Georges, Henri-Philippe Petain, Henri Giraud, Maxime Weygand,

[editar] Líderes soviéticos

Zhukov, Nikita Kruschev, Semen Timoshenko, Konstantin Rokossovy,

Historia en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Ti podes colaborar e contribuir así que a Galipedia mellore e medre. Hai tamén outros relacionados que precisan ser completados.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com