Mar do Norte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O mar do Norte é un mar epicontinental do océano Atlántico, situado ó noroeste de Europa, e que se estende por unha superficie duns 575.000 km2.
Os países que bordean o mar do Norte son:
- Reino Unido ó oeste;
- Francia, Bélxica, Países Baixos e Alemania ó sur;
- Dinamarca e Noruega ó leste.
Comunicado con:
- A Canle da Mancha polo Paso de Calais ó suroeste;
- O Mar Báltico polo estreito de Skagerrak ou a canle de Kiel ó leste;
- O Océano Atlántico ó norte.
O mar do Norte constitúe unha zona de forte tránsito marítimo, de explotación petrolífera e de pesca.