Música
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A música é a arte de combinar os sons para criar unha determinada emoción no oínte. Na música occidental, tal combinación faise conforme aos principios da melodía, a harmonía e mais o ritmo, sendo estes os seus elementos constituíntes esenciais.
O son ten catro parámetros básicos: a altura, a duración, a intensidade e mais o timbre.
- A altura é o resultado da frecuencia (maior ou menor número de vibracións por intervalo de tempo). A maior frecuencia, tanto máis agudo será o son.
- A intensidade é a forza do son; depende da amplitude das ondas sonoras.
- O timbre está relacionado coas frecuencias múltiplas(harmónicos)da frecuencia fundamental (altura). É a cualidade que permite distinguir os diferentes instrumentos a pesar de que estean a producir sons coa mesma altura e intensidade. Así, existe unha diferenza entre o timbre dun óboe e mais o dun clarinete, aínda que estean interpretando coa mesma altura e intensidade.
- A duración corresponde ao tempo que duran as vibracións que producen un son. A duración do son está relacionada co ritmo.
Tanto a melodía como a harmonía son agrupacións dos parámetros de duración e frecuencia do son.
A melodía é o desenvolvemento horizontal (desde o punto de vista dun gráfico que exprese a liña melódica ao longo do tempo) da altura e a duración dos sons. A harmonía é o desenvolvemento vertical deses dous mesmos parámetros
A melodía é un desenvolvemento horizontal (desde o punto de vista dun gráfico que exprese a melodía ao longo do tempo) e a harmonía é o traballo vertical dos parámetros de duración e frecuencia do son.
O son é a sensación producida sobre o oído polo movemento vibratorio dos corpos sonoros. A ausencia de son é o silencio.
Índice |
[editar] Diferentes definicións
- Indícanse tanto as definicións como as críticas asociadas a tales definicións.
A música é a arte de combinar os sons e mais os silencios no tempo.
- A música é a arte de combinar os sons de maneira pracenteira ao oído.
-
- Esta definición non inclúe á música que non está feita para producir pracer, senón unha dramática sensación de desequilibrio, desasosego, dor, tristura, etc.
- A música é unha linguaxe universal.
-
- A música está ligada a un grupo social e os seus acontecementos, e é expresión destes últimos. Estes acontecementos non son universais, polo tanto non se pode dicir que a música sexa universal, polo menos en canto ao seu contido e interpretación. Por exemplo, é probábel que as obras de Mozart non lle parezan música a un indíxena de Borneo (nin ao contrario)
- O músico (emisor) transmite determinados feitos e sentimentos a través dunha secuencia de sons.
-
- A música pode ter unha intencionalidade, representada cunha sucesión de notas e ritmos empregados na obra. Por exemplo, o uso dunha tonalidade menor que contraste coa tonalidade principal da peza musical xerará un impacto no oínte (que podería ser definido como «tristura» ou «nostalxia»), que pode ser previsto polo compositor.
- O músico precisa expresar unha verdade.
-
- Ao compoñer, o compositor non «precisa» expresar nada, o músico executante da música tampouco precisa nada. Se unha persoa quere expresar unha verdade debe utilizar unha disciplina como a literatura.
- O compositor si que procura expresar algo, a música é unha forma de comunicación. O executante debe poder traducir a intención do compositor, porque doutra maneira non lle sería fiel á obra. É de facer notar que na música, ademais de todos os recursos para construír temas e frases, existe o carácter, que corresponde ao tinte que se dá á expresión dunha obra musical, por medio das cales o compositor e logo o intérprete buscan facer sentir e experimentar ao oínte; iso pode constituír unha verdade que o compositor quere transmitir, non precisamente coa literatura senón co “linguaxe dos deuses”: a música.
- O fin da música é crear unha determinada emoción no oínte.
- A música é a disciplina que estuda os principios da harmonía.
-
- Esta é unha definición (tautolóxica) da propia harmonía.
- A música é a disciplina que estuda as relacións dos sons entre si.
-
- Esta última sería unha definición (tamén pobre) de contrapunto (relación de melodías entre si).
-
- A música académica europea (mal chamada «música clásica») define —de maneira non neutral— que a música está formada pola melodía, a harmonía e o ritmo. Mais as diferentes culturas enfatizaron algún aspecto da música, chegando a non ter en conta outros. Nas culturas non occidentais practicamente non hai harmonía, porque non hai acordes (facer sonar simultaneamente tres ou máis alturas diferentes)
- Os conceptos de harmonía (desenvolvemento dos acordes ao longo do tempo) e contrapunto (relación de melodías entre si) son o únicos fenómenos totalmente propios da música occidental. O concepto de melodía ou ritmo non son iguais para a música académica occidental como para a música africana, chinesa, indiana, etc.
- Erroneamente relaciónase ao ritmo coa percusión; porén, no contexto da música académica occidental, o ritmo compréndese como unha alternancia ordenada dos estados de tensión e repouso. Nas culturas orientais, o ritmo compréndese dun xeito totalmente diferente, e as melodías afástanse moito das concepcións estéticas occidentais.
- A música é unha ciencia, polo cal debe ser prezada emocionalmente e comprendida intelectualmente.
-
- Así como a pintura precisa do coñecemento da teoría do cor (á cal chegouse mediante o método científico), a música implica técnica e coñecementos de distintas disciplinas, mais non é unha ciencia, xa que non se utiliza nela o método científico (non hai hipótese nin demostración algunha).
[editar] Teoría musical
Os primeiros intentos de formalizar unha teoría musical remóntanse a máis de 2.000 anos antes da nosa era. Ling-Lun Knei sistematizou en China unha escala pentáfona que tiña como alicerce as relacións 2/1 e 3/2, ou sexa, os intervalos de oitava e quinta. A maioría dos sistemas musicais coñecidos son semellantes a este.
Os gregos desenvolveron o sistema progresivo de quintas e, ao lle engadiren cordas á lira, estableceron un sistema de sete notas. Este sistema mantívose no mundo occidental e perdurou até os nosos días, convertíndose no alicerce fundamental das estruturas musicais propias da nosa cultura. De entre as aportacións máis relevantes que a melloraron destacan as dos teóricos Holder, Zarlino ou Dlezeunue e, fundamentalmente, a consolidación da escala temperada (gama que unifica o bemol e o sostido e crea unha escala de doce notas a intervalos iguais).
[editar] Evolución histórica da música occidental
Con frecuencia sepárase a evolución da música occidental segundo esteamos tratando de música denominada culta ou de música denominada popular.
- culta é a música froito do estudio técnico e teórico da ciencia musical. Por definición, é a que está en mans da poboación instruída que tende a ser a clase alta da sociedade. O acceso das clases baixas á mesma foi no millor dos casos moi difícil, e con frecuencia completamente imposible.
- popular é, en contraposición á música culta, a música que desfrutan as clases baixas, particularmente nas súas festas e actividades sociais.
A diferenza entre ambas non é demasiado significativa ata a idade media co auxe do cristianismo. Non en van, os alicerces da cultura cristiá primixenia están en Grecia (a traverso da cultura romana).
A fins do século XI florece a lírica galante (non relixiosa) cos trobadores provenzais, que inmediatamente se estende ao norte (os trobeiros en Francia e os minnesinger en Alemaña) e logo ao sur Italia, España e Portugal.
[editar] A música culta
Os primeiros rexistros de música culta danse na Grecia, onde desempeñou un papel moralizador e pedagóxico desde a época en que se escribiron os textos homéricos (s. X a.C.).
No primeiro milenio da era cristiá, a música foi cultivada exclusivamente pola igrexa. Para fins do século VI refundiuse o chamado antigo romano, e a este canto, adoptado de xeito oficial pola igrexa católica, chamóuselle desde entón canto gregoriano, estendéndose polos diversos países europeos.
No século IX, xa aparecen referencias ao organum, que era unha forma medieval de escritura polifónica baseada nunha melodía (canto plano) sobre a que se superpuña outra melodía.
A principios do século XIII xorde o motete (canto a varias voces con distintas letras).
No século XIV floreceu en Francia e estendeuse a Italia o ars nova, con repertorio profano (rondós, baladas, e madrigais), aparecendo músicos como Phillippe de Vitry ou Francesco Landino.
No século XV desenvólvese a polifonía na escola franco-flamenca, á que pertencen Guillaume Dufai, Guilles Binchois e o seu máximo representante, Josquin des Prés. O Renacemento escomezou como prolongación da etapa anterior, así naceron os repertorios instrumentais, a emancipación da música instrumental no século XVI e a súa afirmación como xénero dotado de características propias foi fundamental para o establecemento do que coñecemos como música clásica.
A música enriqueceuse verdadeiramente no período barroco coa ópera, a cantata, e o oratorio. Tres foron os centros musicais: Italia, Alemaña e Francia. Aparecen neste período figuras da música tales como Vivaldi, Haendel e Bach.
O clasicismo, foi o período que lle seguiu, abranguendo a segunda metade do século XVIII, salientando as figuras alemás de Gluck, Haydn e Mozart. O período clásico aportou a mellora da técnica en todos os seus aspectos.
No século XIX, o romanticismo musical significou unha liberdade compositiva, desenvolvéndose os grandes xéneros sinfónicos, e xenios como: Beethoven, Schubert, Schumann, Chopin e Liszt.
Nun romanticismo tardío, os nacionalismos fixeron a súa entrada na música, salientando como representantes Brahms, Dvorak, Tchaikovski, Grieg, Verdi e Wagner. A ruptura co romanticismo e a incorporación de innovacións, produciuse no último cuarto do século XIX, con compositores como Debussy, Mahler, entre outros.
No século XX, Schöenberg achega o atonalismo, impoñéndose as vangardas estéticas: impresionismo, expresionismo, neoclasicismo, etc. Compositores dignos de mencionar son: Stravinski, Bártok, Prokófiev, De Falla.
[editar] A converxencia entre a música culta e a música popular
A universalización da educación e do acceso a calqueira rexistro de información que foi tónica dominante no mundo occidental no século XX, permiteu que unha ampla gama de persoas puidesen adquerir coñecementos de calqueira aspecto da teoría musical, así como de calqueira forma de música popular. Os conservatorios e os centros de estudios superiores enchéronse de músicos ávidos por aprender e experimentar coa música. Os músicos de oído ou de imitación foron remprazados por músicos de forte formación teórica. Os intérpretes das orquestas dominaban un amplo repertorio de pezas cultas con case tanta perfección como as propias pezas de baile que interpretaban nas súas actuacións.
Así foi natural a proliferación musical de tendencias, sen dubida a tónica do século XX, na que tiveron cabida correntes como a música serial (desde 1923, baseada en series matemáticas de alturas), a música concreta (desde 1948, baseada no procesamento de gravacións en cinta), a música electrónica (desde 1956, baseada na xeración de son por medio de osciladores), a música electroacústica (combinación das dous anteriores), a música aleatoria (John age), o postserialismo (Kagel, Hidalgo), a música por ordenador, ou ben a aparición e auxe de estilos populares coma o jazz, o blues, o rock, o folk, etc.
Hacia finais do século XX, como consecuencia desta democratización da música, prodúcese o auxe da música Pop. A música pasa a ser un elemento máis de consumo, e en consecuencia, aparecen novas formas de entender a música. A música electrónica e o rock dan lugar primeiro á música Disco (música destinada a consumirse en locais de concentración, as discotecas) e logo á música Tecno. Outras formas populares acadan a súa máxima expresión (caso dos ritmos latinos, as rumbas, o Flamenco e outros), para, xa no final de século e principio do XXI, conformar un conxunto bastante homoxéneo dende o ponto de vista cultural.
Paralelamente, o jazz, o blues, o rock, e o folk sofren tamén unha forte evolución na que en ocasións converxen e noutras diverxen da música culta. O jazz convértese (por dereito) nunha segunda música culta (por suposto, convértese nunha corrente minoritaria), o blues pasa a ser sinónimo de madurez musical (perdendo, por tanto, o caracter festivo que o caracterizou en inicios e pasando a ser só a música azul, triste e lenta) e o rock e o folk sofren unha curiosa simbiose dando lugar a multitude de novas concepcións musicais:
- Como derivado do folk, aparece a música étnica, que acabará sendo denominada música de raíz en tanto e en canto un mesmo músico interpreta (e mesmo compón) música étnica, pero de distintos pobos.
- Do rock derivan dúas correntes que se asentan co paso do tempo: o Punk e o Heavy Metal. Ámbolos dous xubxéneros dan lugar a multitude de variedades: rock radical, rock urbano, Trash Metal, Power Metal, etc.
Nos albores do século XXI, inda é corrente separar a música culta, á cal se lle acostuma a chamar clásica (coa salvedade de que hai quen inclúe ó jazz nesta categoría) é a música popular. Non obstante, nada fundamenta hoxe tal clasificación.
[editar] Períodos da música
- Música antiga (desde o 30.000 a.C.)
- Música medieval (850-1450)
- Renacemento (1450-1600)
- Barroco (1590-1750)
- Clasicismo (1720-1820)
- Romanticismo (1790-1900)
- Posromanticismo (1890-1920)
- Vangardas clásicas (1900-1950)
- Música contemporánea (1950-...)
[editar] Cronoloxía de Compositores de música clásica do século XX
[editar] Cronoloxía de Bandas de rock
[editar] Artigos relacionados coa música na Galipedia
[editar] Ritmos Musicais
[editar] Xéneros musicais
- Bambuquera
- Clásica
- Disco-music
- Étnica
- Funk
- Grunge
- Heavy Metal
- Hip-Hop
- Pop
- Riot grrrl
- Rock
- Samba
- Soul
- reggaeton
[editar] Conxuntos musicais:
- AC/DC
- Addys D'Mercedes
- A Perfect Circle
- A Static Lullaby
- Against Me!
- Alexisonfire
- Alice In Chains
- Alien Ant Farm
- Anti-Flag
- Ash
- At The Drive-In
- Audioslave
- Avalanch
- Arma Blanca
- Babes In Toyland
- Bad Religion
- Beach Boys
- Beep Beep
- Bikini Kill
- Black Sabbath
- Bloc Party
- Blur
- The Clash
- Coldplay
- D12
- Deep Purple
- Deftones
- dEUS
- Dinosaur Jr
- Dios ke te crew
- Dire Straits
- Dredg
- Eagles of Death Metal
- Elastica
- Eminem
- Evanescence
- Falsa Alarma
- Fantômas
- Foo Fighters
- Franz Ferdinand
- Fugazi
- Heredeiros da crus
- Hole
- Garbage
- Green Day
- Grupo Carisma
- Jane's Addiction
- Incubus
- Institute
- Interpol
- King Crimson
- Kiss
- Korn
- Kraftwerk
- Kyuss
- Led Zeppelin
- Megabeat
- Metallica
- Millencolin
- Mudhoney
- Muse
- Nach Scrach
- Nightwish
- Nirvana
- Oasis
- Ocensize
- Offspring
- Opeth
- Pearl Jam
- Pink Floyd
- Placebo
- Queen
- Queens Of The Stone Age
- Radiohead
- Rainbow
- Ramones
- Red Hot Chili Peppers
- R.E.M.
- Scorpions
- Scrach Comando
- SFDK
- Sleater-Kinney
- Sonata Arctica
- Soundgarden
- Stock Aitken Waterman
- Stone Temple Pilots
- System of a Down
- The All-American Rejects
- The Cure
- The Killers
- The Mars Volta
- The Smashing Pumpkins
- The Smiths
- The White Stripes
- Tool
- U2
- Violadores del verso
- Weezer
- Zwan
[editar] Outros
- Notación musical
- A percusión no mundo da música
- Real Filharmonía de Galicia
[editar] Músicos galegos
- Amancio Prada
- Andrés do Barro
- Jesús Bal y Gay
- Juan Pardo
- Rogelio Groba
- Rudesindo Soutelo
- Suso Vaamonde