Riot grrrl
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Riot Grrrl (ou Riot Grrl) é un movemento musical feminista que tivo o seu explendor na década dos 90 pero que continúa tendo unha significante influencia na música e cultura actual. O termo Riot Grrrl é tamén a designación dun xénero, referido á música punk rock feita polos membros iniciais do movemento. Tamén pode referirse aos individuos auto-proclamados Riot Grrrls, que continúan promovendo a subcultura punk feminista do "faino ti mesmo" creando bandas de mulleres, festivais de música centrados nas mulleres, reunións e publicacións independentes ou fancines.
[editar] Historia
A pesar de que o movemento Riot Grrrl comeza a principios dos 90, músicos como Yoko Ono, Patti Smith, Penelope Houston (Avengers), X-Ray Spex, Crass, Joan Jett, The Slits, Beat Happening, Kim Gordon (Sonic Youth) e Jean Smith son a miúdo citadas como importantes influencias do movemento. O post-punk inglés, a escena dos anos 80 en Olympia, as bandas de mulleres dos 60 eran outras influencias. Os usos e significados do termo Riot Grrrl evoluíron co paso do tempo, pero as súas orixes pódense remontar aos disturbios raciais no barrio Mount Pleasant de Washington D.C. na primavera de 1991.