Stock Aitken Waterman
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Stock Aitken Waterman foron un importante trío británico de productores de música pop e dance de mediados dos anos oitenta ata principios dos noventa formado por Mike Stock, Matt Aitken e Pete Waterman. Nos paises de fala inglesa tamén son coñecidos polo acrónimo SAW. De entre a gran lista de artistas producidos por eles podemos salientar como exemplo a Kylie Minogue, Bananarama, Rick Astley, Samantha Fox e Jason Donovan.
Aparecidos a finais do 1984 foron un dos equipos de producción máis prolíficos e de meirande repercusión no panorama comercial da década dos oitenta. Agrupados baixo a compañía Pete Waterman Limited (PWL) abandeiraron ó longo dun importante período de tempo o estilo nomeado Hi–NRG (léxase high energy), adoptando elementos do synth–pop e do dance electrónico ata converxeren nun son totalmente propio e doado de recoñecer. Na súa época máis tardía fíxose notoria a influenza do house e do eurobeat nas súas composicións, aínda que sen caeren plenamente neles e sen perde–la súa propia base.
O éxito sen precedentes de Stock, Aitken e Waterman debeuse a unha calculada e esmerada liña de producción, dende a captación de novos artistas, pasando pola fase de composición e arranxos, a pulcritude no proceso de gravación e mestura e finalmente a campaña de lanzamento. Ao marxe das críticas cara o círculo mainstream cabe facer fincapé en que gran parte do éxito obtido fundaméntase na consecución dun estilo moi persoal que tivo unha masiva acollida principalmente en Europa e paises da Commonwealth.
De raíz eminentemente tecnolóxica e bailable, a súa música apóiase no recoñecemento de certos patróns e clixés aínda que sen caer nunha tesitura forzosamente simple e/ou obvia. A efectos de harmonía son relevantes, por exemplo, as rodas de acordes, habitualmente complexas e cheas de tensións, e a súa evolución ó longo das composicións, a salientar os cambios pouco convencionais de intervalo tonal nas transicións e enlazadas dentro da súa estructura (sobretodo entre o retrouso e a estrofa e entre o retrouso e a ponte), así coma o xeito de resolve–las pontes. Nas liñas de baixo atopamos dous patróns claramente diferenciados: por unha banda os de motivo funk e por outra os de tipo sequenced–bass máis propios do synth–pop e en ocasións moi preto do techno. Outro dos puntos fortes é a gran orquestración nas composicións (seccións de corda e metal) e a masiva aplicación de arranxos e ornamentación harmónica. En canto ó ritmo, baséase en patróns disco aínda que con movemento sincopado, situándoo moitas veces preto do funk e do house da primeira época, en especial cando empregan percusión de caixa de ritmos analóxica. En liñas xerais o color do son é brillante, cheo de reverbs amplias e delays sincrónicos.
[editar] Curiosidades
- Stock, Aitken e Waterman facían figura-lo nome do suposto batería nos créditos dos discos como A. Linn, cando en realidade tratábase da caixa de ritmos Linn Drum que empregaban. Pete Waterman declarou nunha ocasión: “A caixa de ritmos é o mellor que lle sucedeu á música pop”.
- Pete Waterman non aprendeu a ler nin escribir ata os trinta e oito anos. Na actualidade, ademáis da música dedícase á poesía.
- A finais dos noventa Mike Stock e Matt Aitken emprenderon accións legais contra Pete Waterman por un suposto fraude no reparto de royalties. Na actualidade subsanaron as súas diferencias e voltaron a se reunir.
- Actualmente Kylie Minogue ten un pleito contra PWL por un asunto semellante.
[editar] Algúns artistas producidos por Stock, Aitken y Waterman
- Bananarama
- Boy Krazy
- Brother Beyond
- Big Fun
- Cliff Richard, canción "I just don't have the heart"
- Dead or Alive
- Divine
- Donna Summer
- Hazell Dean
- Jason Donovan
- Kylie Minogue
- Laura Branigan, canción "Shatered glass"
- Lonnie Gordon
- Mandy Smith
- Mel & Kim, ou tamén Kim Appleby cando morreu a súa irmá.
- Pat & Mick
- Princess
- Reynold Girls
- Rick Astley
- Sabrina, nunha segunda época (cancións coma "All of me").
- Samantha Fox
- Sigue Sigue Sputnik, nalgunhas cancións coma "Success".
- Sinitta
- Sonia
- Yell