Coldplay
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coldplay | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Orixe | Londres |
País | Inglaterra |
Período | 1996-actualidade |
Xénero(s) | Rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | |
Membros | |
Antigos membros | |
Web oficial |
Coldplay é unha banda de rock alternativo formada en 1996 en Londres, Inglaterra.
[editar] Biografía
Chris Martin montou Coldplay en 1996, na Universidade de Londres, cos amigos Will Champion, Jon Buckland e Guy Berryman, ao descubrir gustos semellantes (os folks Nick Drake, Simon & Garfunkel e Jeff Buckley). A banda podería ficar no ostracismo total, como moitas outras, pero tivo un pouco de sorte: deciden lanzar un sinxelo, Safety, a pesar de ter só cartos para 500 copias. Distribuíron o sinxelo entre familiares e amigos, e tamén enviasron copias a discográficas como BMG e Parlophone que posteriormente contrataríaos. Eles aínda lanzan outro sinxelo, Brother & Sisters, polo pequeno selo Fierce Panda.
Xa pola Parlophone lanzan o EP The Blue Room, cunha tirada de 5.000 copias, e que hoxe é disputado entre os fanáticos e coleccionista. Son tamén lanzados (con moito éxito), o sinxelo das cancións "Shiver" e "Yellow".
Lanzaron o seu primeiro disco, Parachutes o 10 de xullo de 2000, chegando ao primeiro lugar das listas no Reino Unido. O clip de "Yellow" emitíuse sen parar na MTV e a banda consagrouse como no V-2000, festival de verán de Inglaterra. Parachutes vendeu máis de un millón de copias, levando ás listas outros éxitos como "Trouble", "Shiver" e "Don't Panic". O público apaixonouse pola voz de Chris e a guitarra case oriental de Jon, con solos e riffs transcedentais. O vocalista chega a afirmar que Colplay é unha das 10 mellores bandas do mundo. Eles aínda tiveron tempo para facer una xira americana e gañaron o Grammy en 2002, polo mellor álbum alternativo.
En xuño de 2002, a banda lanzou o seu agardado segundo disco, A Rush of Blood to the Head. Era un disco un pouco máis ousado e mellor producido do que o debut da banda, e acaba transformando a Coldplay nun gran grupo, cos seus diversos hits e boas melodías.
No ano seguinte, dous novos lanzamentos antes de editar un novo álbum: o EP Brothers & Sisters e o DVD Live 2003 (que tambén saíu en formato CD, co setlist resumido). Aparte diso, destaca a voda de Chris Martin coa atriz Gywneth Paltrow.
En 2004 a banda volta aos estudios para gravar o seu terceiro álbum, que é lanzado en xuño de 2005 co título de X&Y. O disco é unha continuación de A Rush of Blood to the Head, o que agrada aos fans, pero deixa á crítica reticiente sobre o futuro de Coldplay.
[editar] Membros
- Chris Martin: voz, violín e piano.
- Jon Buckland: guitarra.
- Guy Berryman: baixo.
- Will Champion: batería.