Led Zeppelin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Led Zeppelin foi un grupo de Rock inglés fundado en 1968 polo guitarrista Jimmy Page, trala disolución do seu anterior grupo The Yardbirds. Coa colaboración do baixista John Paul Jones ó que xa coñecía de antigos traballos, a inclusión de Robert Plant como vocalista e a John Bonham como batería, quedaría conformada unha das bandas máis importantes da historia de rock, fundadores do Hard rock e incluso do Heavy Metal. Tamén en toda a súa discografía se inclúen influencias de blues, reggae, soul, funk, jazz, música celta, folk e country.
Máis de 25 anos despois da súa disolución en 1980, os seus discos aínda se seguen vendendo e aínda son un grupo de grande influencia na música actual. Venderon ó redor de 109 millóns de discos en EEUU [1] e calcúlase que uns 300 millóns en todo o mundo.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Os comezos
O xerme da creación de Led Zeppelin xorde noutra banda de rock británica, The Yardbirds. No ano 66 trala marcha de Eric Clapton, entra no grupo na substitución Jimmy Page. Nun comezo entra como baixista, pero rapidamente pasa a ser guitarrista principal xunto a Jeff Beck, cambiándolle o posto a Chris Dreja. Trala marcha de Beck, o grupo finalmente disólvese, pero na mente de Page aparece a idea da formación dun supergrupo ao estilo dos Yardbirds.
Xunto con Dreja trata de crear The New Yardbirds a comezos do verán do 68. Pero finalmente Dreja decide abandonar a música, polo que Page decide seguir coa súa idea e pensa para a mesma en John Paul Jones, baixista e teclista experimentado o que xa coñecía doutros traballos anteriores. Unido o proxecto, a idea era contar cun batería e un vocalista. Para vocalistas teñen varios candidatos pero estes rexeitan a proposta, recomendándolles un cantante de blues coñecido polas súas actuacións en Birmingan, Robert Plant. Este acepta e recomenda para a batería a John Bonham, amigo de Plant. Así quedaría conformada a banda.
A súa primeira actuación inda como New Yardbirds en Copenhaguen, por obrigacións contractuais foi todo un fracaso. Debido a esta actuación que Keith Moon, nunha sesión de gravación con Page, describiu o grupo como un ir montados nun globo de chumbo (Lead Zeppelin), do que derivaría o nome final da banda.
Despois de actuacións en clubes e algunha xira, gravan con Atlantic Records o seu primeiro álbum, Led Zeppelin. Gravado en treita días, sae o mercado o 12 de xaneiro do 69). O comezo en Inglaterra non ten moita acollida, debido a que non editaron ningún single para promocionar o disco, cousa que non farán en toda a súa traxectoria como grupo. Pero trala primeira xira norteamericana é un éxito de crítica e público alcanzando finalmente o posto número 6 nas listas Británicas e o número 10 en Estados Unidos. A famosa portada do disco, o zeppelin Hindenburg caendo en chamas, fixo que nunha actuación en Copenhaguen, por unha demanda de Eva von Zeppelin, tiveran que actuar como “The Nobs”, xa que a neta do inventor dos dirixibles negábase a que o grupo levase o nome da súa familia.
O segundo disco do grupo foi a súa consagración. Led Zeppelin II, publicouse o 22 de outubro de 1969, chegando ó número 1 das listas británica e americana. O álbum é puro Hard Rock, con temas potentísimos, que inspirarían a moitos grupos a seguir o camiño marcado por Led Zeppelin. Nesta época o grupo deixa de actuar en clubes e comeza a tocar en grandes auditorios e salas. Os concertos convértense en espectáculos de varias horas con improvisación cos temas da banda e doutros músicos de blues e soul. Son xa míticos os solos de Bonham ou do baixo de Jones.
Coa publicación de terceiro álbum, Led Zeppelin III (5 de outubro de 1970), o grupo da un xiro completo o seu estilo. Nesta nova publicación hai unha gran influencia do folk e da música celta, e os temas son máis intimistas e acústicos. Aínda así volveron acadar o número 1 en Inglaterra e Estados Unidos, pero recibiron críticas por ese cambio dun rock duro ata unha música de tanta influencia folk. Pese a todo neste ano o grupo xa é un dos maiores do mundo, chegando a adquirir un avión propio para os seus desprazamentos, chamado The Starship, reservando seccións enteiras de hoteis e protagonizando situación controvertidas que aínda lle dan máis fama.
[editar] A consolidación
O 8 de novembro de 1971 sae o venda o seu cuarto álbum. Este aparece sen título nin o nome do grupo, soamente con catro símbolos, como resposta as criticas vertidas a banda tralo seu terceiro traballo. Normalmente este disco é coñecido como Led Zeppelin IV pero tamén se xa da o nome de “ZOSO”, "Runes", "Four Symbols", "Four", "Sticks" ou incluso "Unnamed". Neste disco conseguen mesturar dun xeito maxistral o folk do anterior disco co Hard Rock de segundo; creando, a criterio de moitos unha, obra mestra. É o disco máis vendido do grupo e actualmemte, segundo a RIAA, é o cuarto disco máis vendido en Estados Unidos cons 23 millóns de copias vendidas [2].
Unha das anécdotas máis curiosas sobre este disco é o rumor, que se estendeu rapidamente, de que unha das súas cancións, Stairway to Heaven, a máis coñecida do disco, o reproducila cara atrás podíanse escoltar mensaxes tatánicos. Este rumor estendeuse debido a coñecida afección do grupo polo ocultismo, mitoloxías e incluso a obra de Tolkien, afección que sa mostraron en anteriores cancións.
No seu afán por innovar e experimentar xorde o disco Houses of the Holy o 28 de marzo do 73. Nel aparecen matices musicais amplísimos, dende reggae hata funk, pasando por blues, folk, rock, uso de sintetizadores e ata o uso de melotrón. Este disco segue o camiño dos anteriores e é número 1 en EEUU e Inglaterra. Na xira americana, nun dos seus concertos, no Tampa Stadium (Florida), rompen os records de asistencia a un concerto con 56.800 fans, superando a anterior marca en poder dos Beatles. Tamén nus dos seus concertos, no Madison Square Garden de Nova York, gravan unha película sobre ese concerto que retardaría a súa publicación ata 1976.
En 1975 deciden formar o seu propio selo discográfico, Swang Song, para sentirse máis cómodos na produción das súas obras. Physical Graffiti sería o primeiro disco que publicarían co seu selo. Trátase do seu primeiro disco dobre, conten numerosas cancións, todas de gran calidade e de múltiples estilos, o cal obtén boas criticas. Tamén acada o número 1 nas illas Británicas e en América. Neste ano voltan as súas xiras que chegan a ser apoteóticas e multitudinarias, sendo unha época extraordinaria para o grupo.
[editar] O fin dunha era
Pero esta situación mudou no verán dese mesmo ano (1975) cando Plant sofre un grave accidente xunto coa súa muller mentres estaban de vacacións na Illa de Rodas. A longa recuperación provoca a cancelación de xiras e concertos. Polo que deciden meterse de novo no estudo para a gravación do seu seguinte disco Presence (16 de marzo de 1976), na que o propio Plant ía en muletas debido a súa recuperación. Este disco caracterizase pola ausencia total de sintetizadores e a inexistencia dalgunha canción acústica. (Tamén número 1 en Inglaterra e EEUU))
En outubro dese mesmo ano (1976) estrean a película The Songs Remains the Same. Onde mestúrase as gravacións de concerto do 73 no Madison Square Garden con secuencias de fantasía ideadas pola propia banda. Tamén publican a súa banda sonora co mesmo título. Pero de novo en 1977 a má sorte golpea a Robert Plant, neste ano morre por unha infección estomacal o seu fillo Karac Pendra de seis anos. O cantante sumase nunha gran depresión cegando en pensar en deixar a banda.
Pese a todo Plant recapacita e gravan o que ó final sería o seu último disco de estudo In Through the Out Door en agosto de 1978. Volven colocarse no primeiro posto das listas inglesas e americanas pese a que nese tempo apareceron novos movementos como o disco e o punk con gran acollida. O principal valedor do disco e John Paul Jones que compón 6 e 8 cancións que conten o disco. Nas xiras do seguinte ano o grupo xa non se centra tanto na improvisación, centrándose máis nas cancións en si, mostrando un nivel de profesionalidade musical impecable.
A partir de aquí xorden numerosos rumores da posible disolución do grupo. Isto debese os problemas da banda, como a adicción a heroína de Page, o alcoholismo de Bonham, os cambios de tendencias musicais, que rematan co tráxico final de Led Zeppelin. No 25 de setembro de 1980 morre o batería John Bonham afogado no seu propio vómito tras a inxesta de vodka durante unha festa en casa de Jimmy Page. Así a banda decide a súa separación.
Por mor do contrato discográfico que lles obrigaba a publicación dun disco máis, xunto coa negativa de gravar sen Bonham, en 1982 editase Coda, con material inédito anteriormente rexeitado para os outros discos e cortes de sesións en directo.
[editar] Discografía
[editar] Álbumes de estudo
- Led Zeppelin (1969)
- Led Zeppelin II (1969)
- Led Zeppelin III (1970)
- Led Zeppelin IV (1971)
- Houses of the Holy (1973)
- Physical Graffiti (1975) - 2CD
- Presence (1976)
- In Through the Out Door (1979)
[editar] Otros álbumes
- The Song Remains the Same (1976) - 2CD & Live
- Coda (1982) - Compilación con gravacions inéditas (despois da fin da banda)
- Profiled (1990)
- Box Set (1990)
- Box Set II (1993)
- Remasters (1990)
- Complete Studio Recordings (1993)
- BBC Sessions (1997)
- Early Days: The Best of Led Zeppelin, Vol. 1 (1999)
- Latter Days: The Best of Led Zeppelin, Vol. 2 (2000)
- How the West Was Won (álbum) (2003)