Megabeat
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Megabeat foi un conxunto valencián de música electrónica e selo discográfico (Megabeat Records) formado por Fran Lenaers, Julio "Nexus" e Gani Manero aparecido a finais de 1989 e que tivo o seu punto álxido entre 1990 e 1991. Tamén foron coñecidos por outros nomes coma Interfront, Invisible ou Sun Corporation.
Megabeat supuxo un sopro de aire renovador sobre as correntes eurobeat e ítalo house/spaghetti disco que predominaban nas discotecas españolas en 1990. De ascendencia techno/dancefloor se lles considera os pais do controvertido Son de Valencia. Entre as súas influenzas principais salientan xéneros coma a EBM, o rock gótico, o tecnopop, o new beat e mailo trance alemán da primeira época. Tamén é remarcable a influenza que neles exerciron conxuntos veteráns coma Kraftwerk e Front 242, e en distinta medida unha longa lista de grupos europeos que comenzaron a se abriren paso, sobretodo no Levante español, propiciando un panorama favorable a esta formación valenciá.
Ao marxe dos rumores e a considerable lenda que xira en torno a este grupo hai que dicir que a súa música pouco o nada ten que ver co concepto actual do Son de Valencia, estilo que comenzou a masificarse polo ano 1992 e que desembocou no que hoxe enténdese como bakalao ou mákina, se ben estas etiquetas xa se empregaran en 1990 para se referir a todo tipo de música electrónica aplicada á pista de baile, independentemente do seu xénero.
É importante suliñar que aínda que a carreira de Megabeat foi curta chegaron a lanzar unha trintena de discos ao mercado, editados baixo distintos nomes segundo o tipo de xénero, que ían dende a electrónica instrumental máis melódica ata a EBM, pasando polo techno máis corporal, nunha fusión moi persoal que axiña cuallou nos pratos dos discjockeys.
Chegouse a dicir que a obra de Megabeat eclipsou ós propios compoñentes do grupo, facéndose máis popular a súa música que o seu propio nome. De calquera xeito trátase dunha figura chave que absorbeu e sintetizou a vangarda europea para introduciren, coma un repetidor, un novo campo na escena electrónica española, orixinando toda unha morea de novos artistas e productores.
[editar] Discografía básica
- Interfront (Invisible 1)
- Es imposible, no puede ser... (Invisible 2)
- War!!
- Serie Megabeat (cinco discos)