Pearl Jam
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pearl Jam é una banda de grunge formada en Seattle durante o ano 1990 das cinzas do grupo Mother Love Bone.
Índice |
[editar] Biografía
[editar] O embrión da banda
O embrión de Pearl Jam podemos atopalo noutras bandas de Seattle de mediados dos anos 80. Na época a cidade non era aínda o grande foco de atención no mundo do rock que foi a principios da década dos 90.
Nesa época, o guitarrista Stone Gossard e o baixista Jeff Ament eran amigos e formaron unha banda de hard-rock chamada Green River a mediados dos 80, xunto co guitarrista Steve Turner e o vocalista Mark Arm. Con Green River chegaron a gravar e a lanzar un disco, chamado Rehad Doll, aparte dun EP, polo selo local SubPop. Pero en 1988, a banda decide separarse. Arm e Turner formarían despois Mudhoney, unha das bandas pioneiras do grunge. Jeff e Stone continúan xuntos e co batería Jeff Turner e o vocalista Andrew Wood, forman unha nova banda, chamada Mother Love Bone. Asinan un, contrato coa Geffen Records e lanzan en 1989 o EP Shine e, en 1990, un álbum chamado Apple. A banda comeza a ter éxito nos Estados Unidos, cando, despois do lanzamento de Apple, o 16 de marzo de 1990, o vocalista Andrew Wood morre dunha sobredose de heroína.
Despois diso, Stone e Jeff sepáranse, pero continúan compoñendo cancións. Despois dalgún tempo, xúntanse de novo coa intención de formar unha nova banda. Incorporan ao guitarrista Mike McCready (ex-Shadow), pero faltaba aínda un vocalista e un batería. Por medio do amigo e batería Jack Irons (ex-Red Hot Chili Peppers), eles coñecen a Eddie Vedder, que estaba naquel momento traballando en San Diego, California, pero que acostumaba a tocar con algúns amigos en bares de Seattle. Vedder recibe unha cinta demo do trio de Seattle e gústalle o que escoita. Decide escribir as letras que lle faltan a esas cancións e el mesmo as graba na cinta e a envía de volta para Seattle. O trio fica impresionado co que escoita e resolve convidar a Eddie para ser a voz da futura nova banda. Así, el vai para Seattle e grava coa banda durante tres semanas. Despois das mesmas xa estaban tocando para o público local.
Ao mesmo tempo que iso acontecía, Chris Cornell, vocalista de Soundgarden e ex-compañeiro de cuarto do falecido vocalista de Mother Love Bone, decide formar unha banda para facer un disco en homenaxe ao antigo compañeiro. El contacta con Jeff Ament e Stone Gossard que aceptan formar parte dese proxecto. Estes levan a Mike McCready e Eddie Vedder, e xunto co batería Matt Cameron, tamén de Soundgarden, forman Temple of the Dog. Gravan un excelente álbum auto-titulado, que saíu pola A&M Records en 1991. Despois do fin desa banda (que dende o início era só un proxecto temporal para homenaxear ao carismático Andrew Wood), Jeff, Stone, Mike e Eddie deciden formar definitivamente unha nova banda, e para iso refórzanse co batería Dave Krusen.
Así, nace Pearl Jam. Nun princípio, o nome da banda sería Mookie Blaylock, que era o nome dun xogador de baloncesto. Pero eles tiveron que mudalo por problemas burocráticos, e Vedder suxeríu o nome de Pearl Jam, que sería un homenaxe a unha marmelada con poderes alucinóxenos que a súa avoa (chamada Pearl) facía. Depois dalgún tempo gravando material para o álbum de debut asinan un contrato coa Epic Records, lanzando o resultado desas gravacións en agosto de 1991.
[editar] A estrea, Ten
Ese resultado é o disco Ten (número da camiseta de Blaylock nos New Jersey Nets), certamente un dos mellores álbumes de grunge, e do rock en xeral nos últimos tempos. Posíe cancións belas e inesquecibles como "Alive" (o grande éxito radiofónico do disco, e que levou a Pearl Jam a ser coñecido en todo o mundo), "Oceans", "Black" e "Release", outras pesadas e rabiosas típicas do grunge, como "Once" e "Why Go", aparte de outras excelentes por si soas, como "Jeremy" (outro grande éxito radiofónico), "Porch" e "Even Flow". Coa excesiva difusión dese disco na radio e na televisión, a banda faise moi coñecida e o álbum chega así ao Top Ten estadounidense. A banda gaña o premio de video do ano da MTV, co clip de "Jeremy", aparte de outros premios.
Así, a banda parte para unha gran xira de divulgación ao redor do mundo, pero sen o batería Dave Krusen, que saíu no final das gravacións dese primeiro disco por problemas persoais. Matt Chamberlain tocou coa banda nesa xira. Pearl Jam tamén se fai coñecido polos seus directos, cheos de enerxía e co carisma de Vedder desbordando en cada un deles.
En 1992, a banda participa na película Singles, do director Cameron Crowe. Nesa película, faise un retrato da xeración grunge de Seattle, e varias bandas da cidade aparecen tocando, como por exemplo, Alice in Chains. Algúns dos membros de Pearl Jam forman parte da banda de Matt Dillon, chamada Citizen Dick, sendo Vedder o batería.
A banda realiza tamén un acústico para a MTV, onde eles tocan algunhas cancións do primeiro disco, aparte dunha canción que aparecía na película "Singles" (chamada "State of Love and Trust") e unha versión de Neil Young, chamada "Rockin’ in the Free World".
Nese período a banda comeza a amosarse insatisfeita coa política comercial da Ticketmaster, a empresa estadounidense que controla a venda e distribuición das entradas dos concertos feitos nese país. O principal motivo era o prezo desas entradas, que a banda sempre loitou para manter baixo, ao contrario do que efetivamente acontecía. En maio, eles reclaman oficialmente á xustiza para unha investigación, acusándoos de monopolio, xa que non habían outras empresas para asi promover unha competencia, e, consecuentemente, baixar os prezos e forzar a mellora dos servizos. Eles rompen coa empresa e pasan a promover e organizar os seus propios concertos, obtendo apoio de outros artistas, como R.E.M., Aerosmith e Neil Young. Isso dificulta bastante a vida da banda, xa que a Ticketmaster facilitaba bastante ese proceso e eles acaban entrando nun baixón, que culmina con algúns problemas internos, ao mesmo tempo no que o Departamente de Xustiza desiste de investigar a Ticketmaster.
Decepcionados co mercado artístico e a indústria cultural vigente nos Estados Unidos, a banda adoita unha postura anticomercial: deixan de producir clips, non tocam para grandes audiencias, non aparecen en programas de televisión, non dan entrevistas a revistas, non usan máis as caixas de CDs normais para comercializar os seus traballos e, claro, non usan máis a Ticketmaster para promover os seus concertos. Aparentemente, a idea da banda é non exporse de máis e fuxir dos "fans de momento", aqueles que só os coñecen pola excesiva exposición da banda polos medios de comunicación comúns.
Aínda en 1994 ocorre un feito que non só afecta a Pearl Jam, senón a grande parte do escenario musical mundial: Kurt Cobain suicídase a comezos de abril. A banda decide cancelar algúns concertos marcados para o verán amosándose bastante afectada polo feito, e, nunha aparición no programa Saturday Night Live, Vedder usa unha camiseta cun K debuxado. Nesa presentación, el canta un anaco dunha canción de Neil Young, chamada "Hey Hey My My (Out of the Blues)". Kurt usara unha frase dese tema na súa carta de despedida ("It’s better to burn out than to fade away").
[editar] Membros
[editar] Membros actuais
- Jeff Ament: baixo.
- Eddie Vedder: guitarra e voz.
- Stone Gossard: guitarra.
- Matt Cameron: batería.
- Mike McCready: guitarra.
[editar] Antigos membros
- Dave Krusen: batería (1990-1991).
- Matt Chamberlain: batería (1991).
- Dave Abbruzzese: batería (1991-1994).
- Jack Irons: batería (1994-1998).
[editar] Discografía
- Ten 1991 (Epic)
- Vs 1993 (Epic)
- Vitalogy 1994 (Epic)
- No Code 1996 (Epic)
- Yield 1998 (Epic)
- Live on Two Legs 1998 (Epic)
- Binaural 2000 (Epic)
- Riot Act 2002 (Epic)
- Lost Dogs 2003 (Epic)
- Live at the Benaroya Hall 2003 (Ten Club)
- Rearviewmirror (Greatest Hits 1991-2003) 2004 (Epic)
- Pearl Jam 2006 (J Records)