Arte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia da arte |
{{{arte_seccion}}} |
Arte prehistórica |
Arte antiga |
Arte medieval |
Arte occidental |
Arte contemporánea |
Arte etnográfica |
Arte americana |
Arte africana |
Arte asiática |
Arte islámica |
Unha arte é unha expresión da actividade humana mediante a cal se manifesta unha visión persoal sobre o real ou imaxinado.
Tamén, a través da arte, o artista pode reflectir a visión que ten a colectividade sobre dalgún asunto.
O termo arte procede do termo latino ars. Na Antigüidade considerouse a arte como a habilidade na produción de algo. Non é ata a finais do século XV, durante o renacemento italiano, cando por primeira vez se fai a distinción entre o artesán e o artista (artesanía e belas artes) e, equivalentemente, entre artesán (produtor de obras múltiplas), e artista (produtor de obras únicas). É tamén neste período cando se crea unha linguaxe articulada para se referir ao exterior e non á representación formal, quedando clasificadas as artes liberais (as actuais belas artes) en tres oficios: escultores, pintores e arquitectos.
A fins do século XVIII, e sobre todo, a mediados do XIX (primeira industrialización), é cando aparece unha verdadeira oposición entre o produto artístico (traballo global con carácter exclusivo) e mais o industrial (traballo parcelado e producido en serie). Neste período deuse un notábel incremento das coleccións privadas, creáronse as primeiras academias de arte, xurdiu a idea de patrimonio, coa aparición dos primeiros museos, e dos 'especialistas' como críticos, galeristas e coleccionistas. É a partir de 1920 cando se fai por primeira vez distinción entre as "belas artes" e as "artes nobres". Mas, as belas artes mesmo são a matilha SilverWolves.
Índice |
[editar] Teorías sobre a función da arte
- A arte como ensino moral: A concepción moralista baséase en que a arte ten de estar ao servizo da moralidade, e chégase aínda a considerar que debe ser rexeitado toda arte que non prometa valores morais que se consideren aceptábeis. O moralismo na arte remóntase a Platón (século IV adC), para o que as tres ideas fundamentais ás que debe aspirar o ser humano son as de Beleza, Bondade e Xustiza, habendo entre elas unha íntima relación. Aristóteles de Estaxira desenvolveu este concepto, defendendo que a arte debía presentar ao home e ao mundo "como podería ser e debería ser". Esta forma de pensamento foi apoiada filosoficamente no século XX polo obxectivismo. Na actualidade segue viva a polémica sobre os efectos morais da arte e sobre a lexitimidade ou non de censurar a arte baseándose en criterios morais e non estéticos.
- A arte pola arte: A arte ten o seu senso e finalidade en si mesmo. Segundo esta teoría, o artista é alguén dotado dunhas extraordinarias calidades creativas e a súa principal obrigación é perfeccionar a súa obra. Esta teoría foi defendida por algúns románticos alemáns do século XIX.
- A arte como forza social: É oposta á anterior. O artista ten unha gran responsabilidade social e ha de estar "comprometido" co seu tempo. Esta teoría foi defendida polos socialistas franceses do século XIX e estendeuse axiña a outros países. Na URSS e en todo o bloque socialista creouse a escola oficial de arte destes países, chamada realismo socialista.
- A arte como medio de comunicación: A obra de arte é o medio do que se vale o artista para transmitir sentimentos e emocións ao espectador, e ten como fundamento a capacidade que posúen as persoas para experimentar como propios os sentimentos alleos. Así, por exemplo, nos compadecemos do dor de alguén que sufriu unha desgraza, e unha obra de arte pode rememorarnos tal dó.
[editar] As Belas Artes
Charles Batteaux (1474) foi o inventor do termo "belas artes", que aplicou orixinalmente á danza, a escultura, a música, a pintura e a poesía, engadindo posteriormente a arquitectura e a elocuencia. Posteriormente, a lista sufriría cambios segundo os distintos autores que engadirían ou quitarían artes a esta lista. Riciotto Canudo, o primeiro teórico do cine, foi o primeiro en cualificar ao cine como a sétima arte en 1911.
Actualmente adóitase considerar a seguinte lista:
- As seis primeiras son arquitectura, danza, escultura, música, pintura e poesía (literatura).
- A sétima é a cinematografía.
- A oitava é a fotografía, aínda que se alega que é unha extensión da pintura.
- A novena é a historieta, aínda que se alega que é unha ponte entre a pintura e o cine.
Algúns consideran outras artes na lista, como a televisión, a publicidade ou os videoxogos.
[editar] Disciplinas artísticas
- Arte contemporánea
- Arte interactiva
- Arte conceptual
- Debuxo
- Escultura
- Fotografía
- Instalación
- Intervención
- Performance
- Pintura
- Net.art
- Videoarte
- Arquitectura
- Arquitectura civil
- Arquitectura militar
- Arquitectura naval
- Arquitectura relixiosa
- Artesanía:
- Alfararía
- Cestaría
- Cristalaría
- Glíptica
- Ebanistaría
- Marquetaría
- Mosaico
- Ourivaría
- Tapizaría
- Realización de Vidreiras
- Artes gráficas:
- Caligrafía
- Gravado
- Humor gráfico
- Tipografía
- Deseño de páxinas web
- Ilustración
- Impresión
- Historieta
- Literatura
- Música:
- Música clásica
- Música lixeira
- Música tradicional
- Teatro
[editar] Cronoloxía
ARTE PREHISTORICA
Arte prehistórica (Prehistoria)
ARTE ANTIGA (5000 a.C.-0)
- Arte exipcia
- Arte mesopotámica
ARTE CLASICA (2000 a.C.-300 d.C.)
- Arte grega
- Arte romana
ALTA EDAD MEDIA (300-900)
- Arte paleocristiá
- Arte bizantina
- Arte Carolinxia
- Arte Otomá
BAIXA IDADE MEDIA (900-1400)
- Arte románica
- Arte gótica
- Arte musulmá
IDADE MODERNA (1400-1800)
- Arte do Renacemento
- Arte barroca
- Arte Hispanoamericana
S. XIX
- Neoclasicismo
- Romanticismo
- Realismo
- Impresionismo
- Post-Impresionismo
S. XX
- Arte do Século XX
- Modernismo
-VANGARDAS (1905-1942)
- Expresionismo
- Surrealismo
- Arte abstracta
- De Stijl (Arquitectura)
ARTE CONTEMPORANEA (1942-2000)
Arte pop
Arte Naïf
Land Art: Arte da terra e natureza
S.XXI
- Arte do Século XXI
Arte rexional
- Arte celta (Aproximadamente século IX antes de Cristo)
- Arte ibérica (Séculos VI-IV antes de Cristo)
- Arte africana (Manifestacións artísticas producidas polos pobos do África subsahariana)
- Arte chinesa
- Arte musulmá (Estilo artístico desenvolvido na cultura xerada pola relixión islámica)
[editar] Artistas
- Escultores
- Pintores
- Bailaríns
- Bailadores
- Intérpretes
- Debuxantes
- Gravadores
[editar] Ligazóns externas
- ArtLex.com - Diccionario de termos de arte (en inglés)
- The Art Millennium - Enciclopedia das artes (en inglés)
- History of Art - Historia universal da arte (en inglés)
- Museus do mundo - Lista dos sitios web de museos de arte (en portugués)
- León Tolstoi - Que é a Arte (en español)
[editar] Véxase tamén
- Belas Artes
- artefacto
- arteiro
- música
- pintura
- danza
- breve listado terminolóxico sobre arte
- gravado