Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Viño - Wikipedia

Viño

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Viño branco.
Agrandado
Viño branco.
Uva catalá.
Agrandado
Uva catalá.

O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén polo pisado da uva trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se nomee polo nome da uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos soen usarse para acompañar os entrantes e o pescado; o tinto para acompañar a carne. O bo viño é unha bebida selecta e ou seu precio pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.

Antes de falar das características do sector, cómpre definir o concepto de Denominación de Orixe, que designa o nome xeográfico da zona empregado para designar un produto da vide, do viño ou dos seus alcois que teñan cualidades ou características diferentes, debido ó medio natural ou á elaboración. Enténdese que o produto merece esta asignación xeográfica cando acada con carácter permanente unha difusión e coñecemento dabondo no mercado, ou cando menos un prestixio notable, ou teña mercados no exterior. As denominacións están rexidas polo Consello Regulador, composto polo Ministerio de Agricultura, produtores, adegueiros e traballadores: xunto co Instituto Nacional de Denominacións de Orixe e a Xunta de Galicia, son os que propoñen as características que logo se certificará en toda a produción (límites xeográficos, graduación alcólica, variedades vitícolas, etc.). A industria do viño en Galicia representa o 4.22% da produción agroalimentaria e un 6.2% da española, cunha facturación de 93 millóns de euros. Hai 327 industrias transformadoras empregando a 1500 persoas, centrándose nas provincias meridionais (71.5%), o 86% dos cales son de pequeno tamaño (menos de cinco persoas). Inda que só supon o 10% do emprego agroindustrial, a proporción de establecementos verbo do sector agroalimentario por provincias é de:

O sector presenta unha forte actualización tecnolóxica, inda que o ritmo de creación de adegas diminuíu e os investimentos en melloras fronte ás novas creacións chegaron ó 75% dun total 14 millóns de euros. O número de empresas embotelladoras é de 725, das cales son 6 de augardentes, 71 envasadoras de viño e 644 embotelladoras de viño. A capacidade conxunta das 28 000 (só 4 000 nas provincias setentrionais) hectáreas chega a 200 millóns de quilos de uva e 90 000 hl anuais. As adegas asociadas á Denominación de Orixe distribúense así:

  • 81 no Ribeiro;
  • 48 en Valdeorras;
  • 8 en Monterrei;


Índice

[editar] Rías Baixas

Consta de cinco subzonas: o Salnés distribúese por Cambados, Meaño, Meis, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Barro, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, rodeando á ría de Arousa; o Condado repártese entre Arbo, Crecente, As Neves, Salvaterra de Miño e A Cañiza; o Rosal inclúe Tomiño, Tui e O Rosal; Soutomaior; Ribeira do Ulla, a máis recente.

O albariño é a súa produción monovarietal de máis éxito. A produción é de baixa graduación, de viño branco e sen crianza, e expórtase cada vez máis a mercados do norte peninsular (nomeadamente Barcelona e Madrid) e exteriores (Alemaña, Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Suíza, Xapón e Suecia). A denominación é a maior produtora galega, xa que 55 das súas adegas producen máis de vintecinco mil litros e unhas vinte superan os setenta e cinco mil.

[editar] Ribeira Sacra

Moi noviña, esta denominación do Sur lugués abrangue tamén o Norte ourensán. A súa xeografía é moi particular: encanonada no Miño e no Sil, con pendentes de 40-100%, alturas de 300-800m e os socalcos, bocarribeiras e pataos aterrazados ás veces con anchos inferiores a un metro.

O nome provén da cantidade de conventos e mosteiros da zona. O cultivo vinícola remóntase ós romanos e é un dos máis meritorios e agochados da península Ibérica: para poder protexelo do despoboamento, o envellecemento, a disgregación parcelaria ou a falla de distribución comercial e iniciativas cooperativas, creouse o Centro de Investigación e Valoración da Viticultura de Montaña.

Ten cinco subzonas: Quiroga-Bibei (entre Montefurado e O Courel), Chantada, Ribeiras do Miño (na gorxa do Miño), Amandi e Ribeiras do Sil (nos vales do Sil e o Cabe ata Monforte). As variedades máis cultivadas son o mencía e o godello, pero tamén están autorizadas albariño e treixadura. A zona está en plena expansión, con grande grao de modernización e calidade, o que sen dúbida lle agoira boas expectativas.

[editar] Ribeiro

Esta denominación distribuíse polos vales do río Arnoia, o río Avia e Miño (delimitando tres Ribeiros ou subzonas) e é das máis coñecidas no ámbito nacional. As uvas brancas autorizadas son treixadura, torrontés, loureira e albariño coma autóctonas e Xerez e Macabeo coma foráneas. As tintas son mencía, ferrón, sousón, brancellao e garnacha. Malia a súa aposta pola incorporación tecnolóxica e técnica e a súa enorme tradición, veu decaer o seu prestixio nos últimos anos.

[editar] Monterrei

Tamén noviña (catro adegas), pero con carácter provisional xa en 1972 dada a súa tradición vitivinícola, esténdese por Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Oímbra. Pode ter uvas de tipo palomino, verdello, dona Branca, Alacant, mencía, gran negro e mouratón.

[editar] Valdeorras

No poñente ourensán, entre o Sil e o Xares e abranguendo os concellos de A Rúa, Carballeda, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras, esténdese esta denominación de antiga tradición pero pouco coñecida. As súas variedades de uva son godello, mencía, (as máis importantes) palomino, dona Branca, garnacha tinta ou de Alacant, gran negro, María Ardoña e merenzao.

Traballo en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com