Vendima
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Recollida da uva para colleitala coma alimento ou materia prima para o viño, así coma a época do ano na que se realiza. A época da vendima coincide co final do verán, habitualmente no mes de agosto, pero non é igual en tódalas rexións. Nos vales interiores de Galicia (Ribeira Sacra, Valdeorras) a colleita fáise máis cedo (?) debido a que o maior calor estival do interior continental permitelle ás uvas madurecer antes. A época xeral tamén depende do clima dese ano, pois un verán de calor pode adiantar a vendima mentres que un verán chuvioso ou frío pode estragar a colleita. Certas tradicións tamén teñen en conta o cuarto da lúa para decidir a data da vendima. Fóra de Galicia existe unha variedade de viño chamada viño de xelo que se colleita de noite, cando as uvas aínda están conxeladas ou moi frías do orballo, o cal modifica a súa maduración e gradación alcólica.
[editar] Variantes
A vendima máis habitual é para o viño e é unha actividade altamente social, pois normalmente realízase en grupos. Ás veces son as amizades do dono e ás veces os veciños ós que axudan, tanto na decota dos acios como no transporte ou presada no lagar, que tradicionalmente se fai pisando cos pés descalzos.
Existen variacións verbos dos métodos de transporte ou actuación na vendima, pero cómpre destacar pola súa singularidade o da Ribeira Sacra: as súas fortes pendentes no canón do Sil, o método de cultivo da vide en bancais (terrazas) e a dificultade de acceso fan desta vendima singular entre tódalas galegas. O sistema de cultivo da uva ten unha forte influencia na recolla: non é o mesmo unhas vides emparradas ca en tocóns. Outras vendimas colectivas foron institucionalizadas nunha festa gastronómica en exaltación do viño correspondente.
[editar] Actividade produtiva
O valor económico do viño producido coa vendima procede fundamentalmente de:
- custo de materia prima: cádavos de vide;
- custo de mantemento da materia prima: fitosanitarios, herbicidas, decota;
- custo de produción, transporte e preparación: recolla e transporte da uva ó lagar, formación do mosto, almacenaxe e creación do viño;
- custo de distribución: transporte do viño feito ó consumidor;
O valor económico da vendima estaría incluído no terceiro punto desta lista e a súa actividade abranguería tamén ás súas cinco actividades, inda que a acepción máis habitual reduciríase ás dúas primeiras.
[editar] Actividade social
O duro e o longo do traballo (tanto de recolla baixo o sol ou chuvia coma de transporte) provocan un forte contacto grupal e desenvolven unha concienciación de grupo como pode xurdir noutras actividades do mundo tradicional (fía ou fiadeiro, espadela, malla, pesca, sementeira, sega, etc.). A actividade da vendima marca os ciclos do agro na época estival e mesmo se lle chega a chamar sega ó mes de agosto cando se seitura e se realiza a vendima.