Lingua romanesa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lingua romance falada en Romanía, en Moldova, Ucraína, Hungría, Serbia, Montenegro, Bulgaria, Macedonia e Grecia pertencente ao tronco itálico das linguas indoeuropeas
O romanés (Română) é unha lingua romance do Leste de Europa, falada por uns 28 millóns de persoas. A maioría deles son de Romanía, e países veciños. É unha lingua latina dun rodeada por linguas pertecentes a familias liguísticas diferentes.
O romanés é a principal das linguas que integran o conxunto chamado balcanorrománico e practicamente coincide co dacorromanés.
Índice |
[editar] Descrición lingüística
[editar] Fonoloxía e escritura
O alfabeto romanés é fonético.
A mostra escrita en romanés máis antiga da que se ten constancia é unha carta de 1521 chamada a carta de Neacşu de Câmpulung. Está escrita co alfabeto cirílico como tódolos primeiros textos romaneses (isto débese a que a lingua que se utilizaba para as cerimonias relixiosas era eslavo antigo).
A fins do 1700 eruditos transilvanos empezan a usa-lo alfabeto latino para escribir en romanés. O alfabeto cirílico seguiuse usando (gradualmente caendo en desuso) ata 1860, cando a escritura romanesa foi oficialmente normativizada.
[editar] Gramática
[editar] O substantivo
Os nomes, en romanés, flexiónanse indicando xénero, número e caso.
[editar] Xénero
Ó contrario do que outras linguas romances, o romanés ten tres xéneros: masculino, feminino e neutro; mantendo así o neutro herdado do latín.
As palabras que rematan en "ă" son femininas, mentres que os nomes con final consonántico son masculinos ou neutros. Ademais, as palabras que rematan en "e" poden ser de calquera xénero.
Algunhas veces pódese modifica-lo xénero utilizando sufixos. De feminino a masculino utilízase o sufixo "-oi" (pisica (fem) - pisoi (masc) = gato) e o proceso oposto lógrase co sufixo "-ică" (lup (masc) - lupoaică( (fem) = loba).
[editar] Número
O romanés distingue entre as formas do plural e o singular nos nomes. O plural fórmase con cambio vocálico, pero en ocasións hai algún outro son que cambia dentro dos nomes.
A continuación hai unha táboa coas normas de formación do plural romanés:
Xénero | Sufixo - Sg | Sufixo - Pl |
Feminino | -ă / -e / -ea | -e / -i / -ele |
Masculino | -(consonante)/-e / -u | -i |
Neutro | -(consonante) | -uri / -oare / -e |
Algúns exemplos:
Xénero | Nome - Sg | Nome - Pl |
Feminino | carte = libro | cărţi = libros |
Masculino | călător = viaxeiro | călători = viaxeiros |
Neutro | drum = estrada | drumuri = estradas |
Neutro | măr = mazá | mere = mazás |
[editar] Artigos
- Artigo determinado
Outra peculiaridade do romanés é que ten o artigo determinado adherido ó final do nome, coma no sueco, en lugar de ser unha palabra separada ó inicio do sintagma nominal. O artigo determinado formouse, ó igual ca noutras linguas romances a partir do pronome demostrativo do latín.
Xénero | Nome | Artigo determinado | Nome con artigo |
Feminino | carte = libro | -a | cartea = o libro |
Masculino | drum = estrada | -ul | drumul = a estrada |
- Artigo indeterminado
Xénero | Nominativo | Dativo | ||
Singular | Plural | Singular | Plural | |
Feminino | o | nis,te | unei | unor |
Masculino | un | unui | ||
Neutro |
[editar] Posesión
A posesión indícase mediante o artigo posesivo, e mediante o caso oblicuo dun nome posuidor.
Xénero | Singular | Plural |
Feminino | a | ale |
Masculino | al | ai |
[editar] Os pronomes
Ó igual ca no italiano, normalmente se omiten os pronomes en caso nominativo, a non ser que haxa que aclarar algunha ambigüidade no significado da oración. Normalmente, o sufixo do verbo prové información sobre o suxeito. A inflexión de xénero aparece tan só na terceira persoa.
Casos | Primeira persoa | Segunda Persoa | Terceira persoa | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Singular | Plural | Singular | Plural | Singular | Plural | |||
masc | fem | masc | fem | |||||
Nominativo | eu | noi | tu | voi | el | ea | ei | ele |
Xenitivo | meu | nostru | tău | vostru | lui | ei | lor | |
Dativo | mie | nouă | ţie | vouă | lui | ei | lor | |
Acusativo | mine | noi | tine | voi | el | ea | ei | ele |
Vocativo | - | - | tu | voi | - | - | - | - |
[editar] O verbo
O romanés herdou do latín os seus catro grupos verbais. Por outro lado, o romanés ten seis formas distintas de expresa-lo tempo futuro.
[editar] Léxico
A maior parte do léxico romanés (ó redor dun 75%) é de orixe (latina), pero, ademais, tamén tomou emprestadas moitas palabras dos seus veciños eslavos, do francés, italiano, alemán, húngaro, turco, grego e inglés.
A influencia eslava apréciase tanto na compoñente léxica coma na fonética da lingua. Por exemplo, ó non te-lo latín unha palabra para expresar "si", o romanés tomou a expresión eslava dá. Ademais, o romanés é a única linguas romances co fonema /h/.
Tamén cabe destacar que case tódalas actividades rurais teñen nomes procedentes do latín, mentres que aquelas relacionadas coa vida urbana foron emprestadas doutras linguas (francés, italiano, alemán, inglés, húngaro, etc).
Durante o século XIX, o romanés tomou emprestado léxico do francés e do italiano. Máis adiante, tomou do alemán e o inglés.
[editar] Dimensión social, histórica e literaria
[editar] Historia da lingua
En tempos antigos, o territorio onde se atopa actualmente Romanía foi habitado polas parcialidades tracias dos getas e dacios, quen falaban unha lingua indoeuropea, a lingua dos dacios, da que se sabe moi pouco. Algúns lingüistas opinan que era unha lingua similar ó latín, aínda que con moitas probabilidades influída polo grego.
Despois a conquista romana, Dacia transformouse nunha provincia romana e o latín vulgar converteuse na lingua usada pola administración e para o comercio. Hai que destacar que só unha pequena parte de Dacia (o que hoxe é Romanía) foi romanizada. A maior parte do territorio estaba poboado por dacios libres (carpos), os cales nunca estiveron baixo control romano.
Aínda que pode que nunca se saiba moito acerca do dacio, hai algunhas palabras do romanés que tan só existen nos seus catro variantes dialectais e das que hai termos emparentados en albanés idioma ilírico. Crese que estas palabras proceden do dacio. A maior parte destas palabras teñen relación co pastoreo de gando.
Pénsase que tódolos dialectos romaneses estiveron unificados ata, aproximadamente, o século VII e o século X, antes de que as linguas eslavas achegásense ós pobos de fala dacia.
As variacións do dialecto daco-romanés (o cal se fala por toda Romanía) son insignificantes, o cal chama a atención porque ata a era moderna non houbo aflixes contacto entre os romaneses de distintas rexións. Esta uniformidade esténdese máis alá das fronteiras romanesas, xa que un falante de romanés en Serbia utiliza a mesma linguaxe ca un de Moldavia.
A primeira mostra escrita de romanés data do século XVI.
[editar] Distribución xeográfica
thumb|300px|Principais áreas onde se fala romanés O romanés fálase principalmente en Romanía, Moldavia, e nalgunhas comarcas de Ucraína (sectores de Bucovina e sueste de Besarabia), Hungría, Serbia e Montenegro (sectores da rexión autónoma de Voivodina e sueste de Besarabia) , Bulgaria, Macedonia e Grecia. Sen embargo hai falantes romaneses espallados por diversos países, tales como Canadá, Estados Unidos, Alemaña, Israel, Australia e Nova Celandia. Esta dispersión débese principalmente á inmigración de despois da Segunda Guerra Mundial.
País | Poboación | Falantes nativos de romanés | Porcentaxe | Notas adicionais |
Romanía | 21,698,181 | 19,420,000 | 89.5% | Lingua oficial |
Moldavia | 4,430,654 | 3,483,600 | 64.5% | Lingua oficial |
Rusia | 145,537,200 | 178,000 | 0.1% | Moitos deles foron moldavos desterrados a Siberia |
Ucraína | 48,055,439 | 385,000 | 0.8% | zonas meridionais na Bucovina ucraína e sur de Bessarabia |
Serbia e Montenegro | 10,662,087 | 200,000 - 500,000 | 0.5% - 4.6% | Unha das lingua oficiais de Voivodina ( Banato meridional) xunto co serbocroata e o maxiar ou húngaro |
Israel | 6,700,000 | 250,000 | 3.7% | |
Alemaña | 83,251,851 | 150,000 | 0.2% | |
Estados Unidos | 281,421,906 | 100,000 | 0.03% | |
Hungría ( especialmente nas zonas fronteirizas do Bánato occidental ou Banato de Temesvar) | 10,138,844 | 71,000 | 0.7% | |
Canadá | 32,207,113 | 60,520 | 0.2% |
[editar] Oficialidade
O romanés é lingua oficial en Romanía, Moldavia (neste último territorio chámaselle" Idioma moldavo") e é, xunto ó serbocroata e ó maxiar lingua cooficial na rexión autónoma de Voivodina - ou en romanés Banato Meridional- (no norte de Serbia).
Noutros países de Europa do Leste (agás Hungría), a minoría romanesa ten moi poucos dereitos en relación co uso do romanés en escolas e institucións.
[editar] Dialectoloxía
O romanés ten catro dialectos:
-
- Daco-romanés: tamén chamado "romanés", lingua oficial de Romanía, falado ó norte do Danubio.
- Macedo-romanés (tamén chamado "arrumano") fálase en Grecia, a Antiga República Iugoslava de Macedonia, Bulgaria e Serbia.
- Megleno-romanés (tamén chamado "meglenita") - Norte de Grecia.
- Istro-romanés - na zona actualmente croata da península Istria.
Pénsase que o romanés naceu ó norte e ó sur do Danubio. Os catro dialectos descenden de linguas romances. Isto puido ser así ata a chegada e os asentamentos dos eslavos ó sur do río.
[editar] Literatura en lingua romanesa
[editar] Breve vocabulario
- "romanés" (persoa): "Român"
- "ola": "Salut" ou "Salutare" ou "Bună"
- "adeus": "La revedere"
- "vémonos": "Pa" ou "Ne vedem"
- "por favor": "Vă rog"
- "síntoo": "Îmi pare rău"
- "grazas": "Mulţumesc"
- "si": "Da"
- "non": "Nu"
- "Non entendo": "Nu înţeleg"
- "¿Onde está o cuarto de baño?": "Unde e baia?"
- "¿Fala español?": "Vorbiţi spaniola(?"
[editar] Referencias
- Rosetti, Alexandru, Istoria limbii române, 2 vols., Bucarest, 1965-1969.
- Uwe, Hinrichs, Handbuch der Südosteuropa-Linguistik
[editar] Enlaces externos
- Para aprender romanés
- Curso para Aprende-lo Idioma Romanés - EasyRomanian.com
- leccións de romanés
- Verbix: conxugación dos verbos en romanés
- Gramática
- Vocabularios
- Libro de expresións romanesas WikiTravel
- Unilang2.org: palabras básicas do romanés
- Estudo comparativo dos vocabularios representativos do español e o romanés Estudo realizado por Dan Munteanu. Publicado na revista da Sociedade Española de Lingüística.
- Leccións romanesas do vocabulario no Internet Polyglot
- Dicionarios
- Dicionario online de romanés-inglés
- DEX online - Dicionario romanés con numerosas explicacións.
- Dicionario inglés-romanés: da edición Rosetta de Webster.
- Dicionario de descarga gratuíta