Etiopía - Ityop'iya
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lingua oficial | Amárico | ||
Capital | Adís Abeba | ||
Presidente | Girma Wolde-Giorgis | ||
Primeiro-ministro | Meles Zenawi | ||
Área - Total - % auga |
26º maior 1 127 127 km² 0.7% |
||
Poboación -Total -Densidade |
16º mais populoso 67 673 031 60,0 h/km² |
||
Moeda | Birr (ETB) | ||
Fuso horario | UTC +3 | ||
Hino nacional | Whedefit Gesgeshi Woude Henate Ethiopia (Marcha en Frente, Querida Mai Etiopia) | ||
TLD (Internet) | .ET | ||
Código telefónico | 251 |
Etiopía (Ityop'iya, en amárico, ኢትዮጵያ) é un país africano, limitado ao norte pola Eritrea, ao leste por Xibutí e pola Somalia, ao sur polo Quenia e ao leste polo Sudán. Capital: Adis Abeba.
Índice |
[editar] Historia
Cunha das historias mais antigas do mundo – segundo descobertas recentes, a especie Homo sapiens pode ter sido originada nesta rexión – Etiopia é igualmente un dos países mais antigos de África. As súas orixes remóntanse aos reinos de Saba (ou Shebah) referidos na Biblia que aparentemente, arredor do ano 1000 a.C., abranxían todo o Corno de África e mais parte da Península Arábica.
Fontes gregas referen que o reino de Axum era extremamente rico no século I e a cidade de Adulis é frecuentemente mencionada como un dos mais importante portos de África. Rexistos oficiais, con todo, colocan a cidade de Aksum como a capital, onde se atopaba a corte da Raiña de Sabá. Este reino tiña, no século II direito a tributo de estados da Península Arábica e conquistara incluso o reino meroítico de Kush, no actual Sudán. Hai indicacións do carácter cosmopolita deste reino, con populacións xudaicas, nubias, cristiás e mesmo minorias budistas.
Deste xeito, a Etiopia (ou Abisinia, como era referida polos europeos) nunca foi colonizada polos expansionsistas, e, no século XIX, foi convidada para a Conferencia de Berlín, onde as potencias coloniais decidiron a división de África, e conseguiu manter a súa independencia gracias á victoria en Adua do emperador Menelik II sobre o exército de invasión italiano. Despois da Primeira Grande Guerra, a Abisinia, gobernada polo emperador Hailé Selasié, integrouse na Liga das Nacións, e apenas perdeu a sua independencia entre 1936 e 1941, cando o exército de Musolini a invadiu – Italia posuía dúas pequenas colonias no Corno de África, a Eritrea e a Somalilandia, e tiña vontade de se tornar un imperio, aliandose coa Alemaña nazi – mais o negus recuperouna, con auxilio da Gran Bretaña (onde se tiña refuxiado) e comezou a modernizar o país.
En 1963, a Etiopia participou na fundación da Organización da Unidade Africana, que colocou a súa sede en Adis Abeba. No 1974, o emperador foi deposto nun golpe militar, liderado por Mengistu Haile Mariam, mais o goberno despótico que se seguiu, de carácter marxista e dirixido por un comando militar, o Derg, non conseguiu, nen desenvolver, nen estabilizar politicamente o país e, en 1991, este goberno foi deposto por un movimento de guerrilla, comandado por Meles Zenawi.
Como Presidente interino e Primeiro Ministro, cargo que ocupa ata hoxe, Zenawi conseguiu, en 1993 negociar a independencia da Eritrea, pondo momentaneamente fin a cerca de 30 anos de guerra. Unha Asamblea Constitutiva foi eleita en 1994 e, no ano seguinte, proclamouse a República Federal Democrática da Etiopia e, en eleicións xerais, Zenawi foi constitucionalmente proclamado Primeiro Ministro.
Mentras tanto, as ambicións nacionalistas dos eritreos sobrepuxeronse e a guerra recomezou para apenas terminar en 2000, coa intervención da ONU e da OUA; nese mesmo ano, houbo novas eleicións, continuando Meles Zenawi ao frente do goberno.
[editar] Xeografia
A Etiopia está localizada no nordeste de África, entre as latitudes 6º - 15º N, ten unha área total de 1.127.127 km2 e 5311 kn de fronteiras terrestres (é un país interior) con: Eritrea, a norte (912 km), Quenia, a sul (830 km), Somalia (1626 km) e Djibouti (337 km), a leste e Sudán, a oeste (1606 km).
O país é cortado a meio, na dirección nordeste-sudoeste, pola Grande Vale do Rift, o que lle confere unha configuración particular. É formado por dois planaltos montañosos, un de cada lado do Vale e, a leste, xunto à Somalia, unha grande planície semi-desértica; a nordeste, partilla con o Djibouti o Triangulo de Afar, que é tamén unha planície desértica e vulcanica.
[editar] Cultura
Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
---|---|---|---|
[editar] Vexa tamén
[editar] Ligazóns externas
- Parlamento de Etiopía en amárico e inglés.
- meetethiopia.com Portal sobre a historia, cultura e diversidade de Ethiopia.
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |
Categorías: Países | África | Etiopía