TLD (Internet)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
TLD son as iniciais inglesas de dominio de primeiro nivel (Top Level Domain). Os nomes de dominio de Internet consisten de varias palabras separadas por puntos (por exemplo: gl.wikipedia.org); A última é o dominio de primeiro nivel, ou TLD. Por exemplo, no nome de dominio "gl.wikipedia.org", o "sufixo" "org" é o TLD, ou dominio de primeiro nivel.
O sistema de nomes de dominio en internet transforma os nomes de dominio en enderezos IP numéricos, permitindo así referirse a sitios web e outros recursos mediante nomes doados de lembrar en vez dos enderezos IP numéricos, como 207.142.131.245, que identifican cada ordenador. Este Sistema de Servidores de Nomes de Dominio (DNS, de Domain Name Server) constitúe unha hierarquía en forma de árbore: Cada TLD (p.ex. "org") inclúe moitos dominios de segundo nível (como "wikipedia" en "wikipedia.org"); cada dominio de segundo nível pode incluir moitos dominios de terceiro nível (p.ex. "gl.wikipedia.org" ou "it.wikipedia.org"), e así sucesivamente.
Os TLDs pódense dividir en dúas clases: TLDs de código de país (ccTLDs, de country code TLDs), como por exemplo pt, es e uk, e TLDs xenéricos (gTLDs, de generic TLDs), como por exemplo com, org e net. Os ccTLDs teñen sempre dúas letras e os gTLDs teñen sempre máis de dúas letras. A capitalización é ignorada, de maneira que dá igual referirse a org que a ORG.
A xestión dos TLD é responsabilidade da IANA (Internet Assigned Numbers Authority, Autoridade de Números Asignados de Internet). Cada TLD é mantido por unha entidade distinta, que leva a concesión e revocación de dominios de segundo nível e mantén o seu rexistro.
[editar] Ver tamén
- Lista de TLDs
- Puntogal