Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Budismo - Wikipedia

Budismo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

दिसो दिसं यं तं कयिरा वेरीवा पन वेरिनम् ।
मिच्छापनिहितं चित्तं पापियो नं ततो करे ॥

Diso disaṃ yaṃ taṃ kayirā verī vā pana verinam,
Michāpanihitaṃ citaṃ pāpiyo naṃ taṃ kare.
Sexa o que sexa o dano que un inimigo faga a outro,
Un corazón mal dirixido fai un dano aínda maior.

(Dhamapada, « Citavaggo tatiyo » [Versos sobre o corazón], verso 42)

O budismo é unha das grandes filosofías e relixións orientais, nada na India no século VI A.C. Fundada sobre as chamadas Tres Xoias : os budistas declaran tomar refuxio no Buda (o fundador do budismo), no Dharma (a doutrina do Buda) e na Saṅgha (a comunidade dos crentes).

Índice

[editar] O Buda

Buda Lantau

Na orixe, o budismo non é unha filosofía, senón unha « lección de cousas » (Dharma), o ensino da realidade, unha exposición do feito do sufrimento e do cese do sufrimento. Vén a ser unha filosofía e dentro de certas escolas unha relixión; considerada hoxe como unha ciencia do espírito.

Inspirada polos ensinos do « Buda histórico », un xefe espiritual que viviu no sec. V A.C. O seu verdadeiro nome era Siddhārta Gautama da familia Śākya nado en Kapilavastido (Utar Pradesh), da raíña Māyā e do rei Śuddhodana, dentro dunha familia de kṣatriya (casta dos nobles-guerreiros).


A vida do Buda é rica en lendas. O mundo hinduísta, nesa época, tiña importantes disensións filosóficas e especulativas ; e deste momento cando o xainismo fixo a súa aparición. Por ser significante ao seo do seu medio sociocultural, o budismo impregnase de hinduísmo, do cal adoptou numerosos conceptos como o ciclo das reencarnacións, saṃsāra, ou aínda a lei de retribución dos méritos e faltas cometidas no ciclo, o karma. O Buda subliña que non hai nin un deus, nin mensaxeiro dun deus, e que o seu sistema de pensamento non ten orixe divina, senón que trata sobre a comprensión da natureza do espírito humano, o cal podería ser redescuberto por calquera persoa cos seus propios medios e pola experiencia; o budismo dos orixes nin tiña mesmo a creación do mundo polos deuses, a noción de alma, a redención ou a revelación.

[editar] O Dharma, ou os preceptos fundamentais do ensino do Buda

[editar] As tres sementes do mal, ou « tres velenos »

Os tres velenos do espírito pódense denominar así :

  • Atracción
  • Repulsión
  • Indiferenza

Os velos do espírito comportan por exemplo :

  • Ignorancia, ilusión (no senso negativo, avidyas) ao suxeito das tres características da existencia
  • Desexo, avidez, ataduras (trishnas)
  • Odio, aversión


O Buda estimaba que as causas do sufrimento humano proveñen da incapacidade de percibir correctamente a realidade. Esta ignorancia é unha emoción, un factor mental perturbador e as ilusións que ela provoca conducen á avidez dos homes, ao seu desexo de posuír vantaxes sobre os demais, ao apego ou ao odio ás persoas ou cousas.

[editar] As tres características da existencia

  • A ausencia de ego (anata)
  • A impermanencia (anitya)
  • O sufrimento (dukkha)

Estas tres características son universais, e coñecidas unha vez desenvolvida a visión directa da realidade (vipassana). Por isto, fai falla seguir un adestramento no desenvolvemento da nosa vixilancia (satipatana). O ser humano non e por tanto unha cousa en si, unha entidade indestrutible (a pesar da ilusión que temos diso), senón a composición impermanente dos cinco agregados que son a forma, as sensacións, as percepcións, as formacións mentais e a conciencia. Estes agregados (skandhas) son impermanentes xa que tamen eles están sometidos á « produción condicionada » (pratîtya-samutpasda), teoría segundo a cal todo ten unha causa e unha consecuencia. Para os budistas, o ego non e mais que vacuo (shûnyatas). Co Nibbana (en sánscrito Nirvana) escapase as características de sufrimento e de impermanencia.

[editar] Os renacementos

Debido aos tres velenos por unha parte, e á produción condicionada por outra , os homes son ameazados con renacer no samsasra (o ciclo das renacementos). O plano da existencia dentro do cal renacerán dependerá do seu karma, é dicir, das súas accións. Este renacemento non fai pois mais que prolongar indefinidamente o sufrimento. Conforme ao non-ego, este non é nin o mesmo, nin outro quen renace (este non é, como noutras relixións, unha alma inmortal quen se « reencarna »). O Buda propón de se espertar deste pesadelo, de romper as nubes de confusión e ilusión e ser iluminado pola realidade. Así se romperán o sufrimento e mailo ciclo kármico. El definiu o cumio do seu ensino como « a liberación da sufrimento » ou nirvāṇa.

A vía para acadar esa liberación vén dada nas catro nobres verdades (catāri ariyasacāni), e o nobre sendeiro óctuplo (ariyāṭṭaṅxika magga).

[editar] as catro nobres verdades

  1. dukkha : toda vida implica a sufrimento;
  2. samudaya : a orixe deste sufrimento repousa nos apegos;
  3. nirodha : a fin do sufrimento é posible (nibbaena);
  4. magga : este camiño é a vía media, que segue o nobre sendeiro óctuplo.

[editar] O nobre sendeiro óctuplo

O nobre sendeiro óctuplo e a vía que leva á cesación do sufrimento (dukkha). Tamén chamado O Sendeiro do Medio, xa que evita os dous extremas que son a busca do benestar dentro da dependencia do pracer dos sensos e a busca do benestar dentro da practica ascética e de mortificación.

O Buda, tendo experimentado estes dous extremos, descubriu por experiencia o nobre sendeiro que doa visión e coñecemento, que conduce á calma, à visión profunda, ao nirvāṇa.

O sendeiro comporta oito categorías reagrupadas en tres disciplinas :

1) a sabedoría (prainas):

  • samā diṭṭhi : comprensión xusta, ou visión xusta (das 4 nobres verdades);
  • samā saṅkapa : pensamento xusto, ou emoción xusta (sen odio, avidez e ignorancia).

2) a moralidade, ou a disciplina (shîla)

  • samā vācā : palabra xusta (non mentir, non sementar a discordia polas súas palabras, non falar mal, non parolar demais);
  • samā kamanta : acción xusta (respecto dos 5 preceptos);
  • samā āxīva : medios de existencia xustas.

3) a meditación, ou a concentración (samasdhi)

  • samā vāyāma : esforzo xusto
  • samā sati : atención xusta, ou toma de consciencia xusta (atención aos 4 cadros de referencia);
  • samā samādhi : concentración xusta (vipassana).

A última etapa do camiño e a sabedoría, consiste nunha visión directa da realidade (vipassana) obtida por un adestramento intensivo ao desenvolvemento da nosa vixilancia, a nosa atención, a nosa presenza de espírito (satipatana). Non Se trata dunha practica, dunha crenza ou dun esforzo, mais do esforzo mínimo e natural : levar a nosa atención sobre os fenómenos físicas e mentais desde que aparecen, mentres que duran e ata que cesan.

[editar] A ética búdica e os cinco preceptos

Dentro do budismo, a ética baséase no feito de que as accións do corpo, da palabra e do espírito teñen consecuencias para nós-mesmos e para os que nos arrodean. Hai dúas clases de accións, as accións kusala (nome pali significando hábil, favorable, positivo) e accións akusala (inane, desfavorable, negativa).

  • As accións desfavorábeis son esas que toman os seus raíces dentro dos tres velenos de base: a avidez, a aversión e a confusión mental ou a ignorancia. Elas tenden a ter consecuencias malas para nós e os demais.
  • As accións favorábeis son as que están exentas de avidez, de odio e de confusión mental e que, en vez diso, son motivadas pola xenerosidade, polo amor e a compasión e pola comprensión. Elas tenden à ter consecuencias positivas para nós e os demais.

Dentro do budismo, unha acción non e polo tanto nin boa nin mala nela mesma, senón que é favorable ou desfavorable segundo a motivación e mailo estado de espírito que a sosteñen.

A ética búdica invítanos polo tanto a tomar conciencia dos estados de espírito dentro dos que nos atopamos e a partir dos que nós actuamos, falamos ou pensamos.

Estes principios son declinados dentro dos cinco preceptos, quen non son regras de prohibicións, senón guías de comportamento ético cara aos que nós podemos progresar. Pódense ver como o modo de funcionamento natural dunha persoa esperta.

Os cinco preceptos preséntanse xeralmente baixo a súa forma negativa :

  • Non danar aos seres vivos nin quitar a vida,
  • Non tomar o que non nos é dado,
  • Non ter unha conduta sexual incorrecta ─ máis en xeral: gardar o control sobre dos sensos (o mental facendo tamen parte dos sensos),
  • Non usar palabras inútiles, ferintes ou lisonxeiras,
  • Non inxerir produtos intoxicantes que supriman o autocontrol (alcohol, tabaco ou drogas).

Teñen tamen unha forma positiva, moi útil, aquí na primeira persoa :

  • Coas accións boas, purifico o meu corpo,
  • Cunha xenerosidade sen reserva, purifico o meu corpo,
  • Con calma, simplicidade e contento, purifico o meu corpo,
  • Cunha comunicación verdadeira, purifico a miña palabra,
  • Cunha atención clara, purifico o meu espírito.

[editar] Os tres corpos (ou kayas) de Buda

  • Dharmakaya
  • Sambhogakaya
  • Nirmanakaya

[editar] O espertar (bodhi)

Para os Budismo theravada, o espertar é a comprensión perfecta e mais a realización das catro verdades. Sen embargo, para os adeptos do Budismo mahayana, o espertar ten mais que ver coa sabedoría e a toma de conciencia da súa propria natureza de Buda. O espertar permite ao home entrar no nirvāṇa. O ciclo kármico é roto para sempre.

[editar] A Saṅgha

Segundo as estatísticas de Adherentes.com, as avaliacións do número de budistas oscilan entre 230 e 500 millóns, xeralmente arredor de 350 millóns.

Despois da morte do Buda, a Saṅgha dividiuse en múltiples correntes e escolas. O budismo extendeuse desde a rexión de Bengala e de Sri Lanka cara Indochina e Indonesia, aonde chegou no século I a.C.. Cara o noroeste, extendeuse por Cachemira e o leste de Persia até chegar a China no século I. Da China pasou a Corea (372) e de aquí ao Xapón no século VI. No Tíbet introduciuse durante o século VII. A partir do século IX o budismo foi retrocedendo a causa da expansión musulmana e polos movementos dos povos das estepas da Asia Central.

Hai dúas ramas principais de budismo : o Hinayana ("Pequeno Vínculo" ou "Pequeno Grupo", termo ás veces pexorativo ; ver tamén Theravada) e o Mahayana ("Gran Grupo" ou "Gran Vínculo"). O Theravada, única rama do "Pequeno Vínculo" que tén sobrevivido, corresponde ao budismo das orixes. É o mais común en Camboxa, Sri Lanka, Myanmar, Tailandia e Indochina, mentres que o Mahayana, forma posterior e mais popular, esténdese por China, Xapón, Corea e Tíbet. O Zen e unha das subdivisións mais coñecidas do Mahayana. O budismo tibetano e o budismo Shingon no Xapón, son formas de budismo vaghrayana, recoñecidas tanto como un novo vínculo como subdivisións do Mahayana. O budismo tibetano atópase no Tíbet, Nepal, Bután, Mongolia e no estado ruso de Kalmikia.

[editar] Ver tamén

  • budismo theravada
  • budismo mahayana
  • budismo vaghrayana
  • zen
  • samsara
  • karma
  • nirvāṇa
  • bodhisatva
  • sūtra
  • Dalai Lama

[editar] Ligazóns externas

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu