Angola
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: ? |
|||
Idioma oficial Outras |
Portugués Quimbundo, ovimbundo, bacongo |
||
Capital | Luanda | ||
Presidente | José Eduardo dos Santos | ||
Área | 1.246.700 Km2 | ||
Poboación estimada | 10.766.500 | ||
Independencia Data |
(de Portugal) 11 de novembro, 1975 |
||
Moeda | Kwanza | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
Himno nacional | Angola Avante | ||
ISO-3166 (Internet) | .ao | ||
Código telefónico | 244 |
Angola é un país da costa occidental de África, limitado ao norte e ao leste pola República Democrática do Congo, ao leste pola Zambia, ao sur pola Namibia e ao oeste polo Océano Atlántico. Angola inclúe tamén o turbulento enclave de Cabinda, ao norte. Capital: Luanda.
Índice |
[editar] Historia
Tras unha longa guerra cas forzas coloniais de Portugal, en 1975 Angola acadou a independencia. Entón comezou unha guerra civil entre o MPLA (Movimiento Popular de Libertação de Angola), o UNITA (União Nacional para a Independência Total de Angola) e o FNLA (Frente Nacional de Libertação de Angola). O FNLA abandonou a loita, deixando que o marxista MPLA e o UNITA (respaldado por occidente) loitasen polo poder. No 1991, ambas faccións acordaron converter Angola nun estado democrático, politicamente pluralista e non racial, pero despois de que o presidente José Eduardo dos Santos do MPLA gañase as eleccións supervisadas pola ONU, o UNITA denunciou que houbera fraude e comezou novamente a loita.
En 1994 firmouse a paz. Instaurouse un goberno de unidade nacional no 1997. O presidente José Eduardo dos Santos suspendeu o funcionamento das institucións democráticas debido a un novo conflito iniciado no 1998.
O 22 de febreiro do 2002, Jonas Savimbi, lider do UNITA foi asasinado dun disparo e acordouse un alto o fogo. O UNITA abandoou o seu brazo armado e asumiu o seu papel como maior partido na oposición. Aínda que a situación política semella estarse normalizando, o presidente dos Santos continúa sen permitir que se celebren os procesos democráticos normais. Angola enfróntase a unha grande catástrofe humanitaria debido á guerra, á abondancia de campos de minas, e ás accións dalgunhas guerrillas que loitan pola independencia do enclave septentrional de Cabinda.
[editar] Organización político-administrativa
Angola está dividida en 18 provincias:-
|
|
[editar] Economía
Nación moi rica en petróleo e diamantes.
[editar] Demografía
- Ver artigo principal: [[Demografía de Angola]].
Os habitantes de Angola son, na súa maioría, negros (90%), que viven ao lado dun 10% de brancos e mestizos. A maior parte da poboación negra é de orixe bantú, destacandose os quimbundos, os bancogos e os chokwe-lundas, porén o grupo máis importante é o dos ovimbundos. No sudoeste existen diversas tribos de boximanes e hotentotes. A densidade demográfica é baixa (4 habitantes por quilómetro cuadrado) e o índice de urbanización non vai alén de 12%. Os principais centros urbanos, alén da capital, son Huambo (antiga Nova Lisboa), Lobito, Benguela, e Lubango (antiga Sá da Bandeira).
[editar] Cultura
Países membros da Unión Africana | |
---|---|
África do Sur | Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina Faso | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue | Costa do Marfil | Congo | Exipto | Eritrea | Etiopía | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bissau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo | Ruanda | Sáhara Occidental | Santo Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seychelles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Túnez | Uganda | Xibuti | Zambia |
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |
Categorías: Países | África | Angola