Dinosauro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dinosauria | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Concepción artística dun dinosauro | ||||||||
Clasificación Científica | ||||||||
|
||||||||
Ordens | ||||||||
Saurischia Ornithischia |
Dinosauro ou dinosaurio (do grego déinos - terribelmente grande, saurós - lagarto, e, por extensión, réptil) é a denominación dada a calquera membro dun grupo de arcosauros que xurdiron a fins do período Triásico (preto de 230 millóns de anos atrás) e dominante da fauna terrestre durante boa parte da era Mesozoica, desde o inicio do Xurásico ata o final do período Cretácico (preto de 65 millóns de anos atrás), cando da extinción de case todas as liñaxes, á excepción das aves – únicos representantes actuais. Distinto doutros arcosauros por un conxunto de características anatómicas, entre as cais se destacan a posición dos membros en relación ao corpo – proxectados diretamente para baixo – e o acetábulo (encaixe do fémur) aberto.
Índice |
[editar] Introdución
Historicamente a denominación do grupo (Dinosauria) foi creada polo paleontólogo e anatomista inglés Richard Owen en abril de 1842 na versión impresa dunha conferencia do 2 de agosto de 1841 en Plymouth, Inglaterra, sobre fóseis británicos de répteis. O grupo foi erixido para agrupar os entón descobertos Iguanodon, Megalosaurus e Hylaeosaurus. A pesar da natureza fragmentaria dos fóseis, Owen puido recoñecer que eran bastante distintos dos répteis (vivos e fóseis) ata entón coñecidos:
- Eran grandes (outros grupos de répteis grandes eran coñecidos – crocodilos, mosasauros, plesiosauros e ictiosauros, mais estes eran aquáticos, ao contrario dos membros do novo grupo, eminentemente terrestres);
- Posuían un encaixe de membros diferente: os osos dos membros ficaban nunha orientación paralela en relación ao plano lonxitudinal do corpo (dirixidos diretamente para baixo), en vez da posición típica dos membros dos demais répteis – saindo perpendicularmento do corpo e se dobrando para baixo na rexión do cotovelo e do xoenllo (dirixidos lateralmente);
- Altura, largura e rugosidades dos arcos neurais;
- Costelas con terminación proximal (que se liga ás vértebras) bifurcada (a costela presenta un formato dun Y);
- Coracoide largo e, por veces, de patrón complexo;
- Clavículas longas e finas;
- Osos dos membros proporcionalmente maiores, mais con paredes finas – indicando hábito terrestre.
[editar] Taxonomía
Vexa tamén: Taxonomía dos dinosauros
A super-orde Dinosauria subdividese en dúas ordes, de acordo coa estrutura do pelvis - e algunhas outras características anatómicas. Posto que os seus representantes se atopan só no estado fósil - coa probable excepción das aves -, a taxonomía deste grupo aínda é fruto de discusión na comunidade científica.
Como réptiles, eran ovíparos. Así e todo, moitos estudosos dos seus fósiles coinciden en supoñelos animais de sangue quente. Este feito, como a súa peculiar estrutura ósea, levou a moitos investigadores a consideralos antecesores das aves modernas.
Pelvis dos saurisquianos |
---|
Pelvis dos ornitisquianos |
- Super-orde Dinosauria
- Orde Ornithischia
- Sub-orde Thyreophora
- Infra-orde Stegosauria
- Infra-orde Ankylosauria
- Sub-orde Cerapoda
- Infra-orde Marxinocephalia
- Super-familia Ceratopsia
- Super-familia Pachycephalosauria
- Infra-orde Ornithopoda
- Infra-orde Marxinocephalia
- Sub-orde Thyreophora
- Orde Saurischia
- Sub-orde Sauropodomorpha (grandes herbívoros)
- Infra-orde Prosauropoda
- Infra-orde Sauropoda
- Familia Brachiosauridae
- Familia Camarasauridae
- Familia Cetiosauridae
- Familia Diplodocidae
- Familia Euhelopodidae
- Familia Nemegtosauridae
- Familia Titanosauridae
- Familia Vulcanodontidae
- Sub-orde Theropoda (grandes carnívoros)
- Infra-orde Ceratosauria
- Familia Abelisauridae
- Familia Alvarezsauridae
- Familia Ceratosauridae
- Familia Coelophysidae
- Familia Noasauridae
- Infra-orde Tetanurae
- Micro orde Carnosauria
- Familia Allosauridae
- Familia Aublysodontidae
- Familia Baryonychidae
- Familia Dryptosauridae
- Familia Itemiridae
- Familia Megalosauridae
- Familia Spinosauridae
- Familia Torvosauridae - Non confirmado
- Familia Tyrannosauridae
- Micro orde Coelurosauria
- Familia Avimimidae
- Familia Coeluridae
- Familia Compsognathidae
- Micro orde Deynonychosauria
- Familia Dromeosauridae
- Familia Thericinosauridae
- Familia Troodontidae
- Micro orde Ornithomimosauria
- Familia Deinocheiridae
- Familia Garudimimidae
- Familia Ornithomimidae
- Micro orde Oviraptorosauria
- Familia Caenagnathidae
- Familia Inxeniidae
- Familia Oviraptoridae
- Micro orde Carnosauria
- Infra-orde Ceratosauria
- Sub-orde Sauropodomorpha (grandes herbívoros)
As ordes seguintes non fan parte da super-orde Dinosauria, mais contén répteis xeralmente asociados aos dinosauros e vulgarmente confundidos con este grupo.
- Orde Pterosauria (voadores)
- Orde Ichthyosauria (mariños)
- Orde Plesiosauria (mariños)
[editar] A extinción
- Ver artigo principal: Extinción dos dinosauros.
Hai 65 millóns de anos atrás houbo unha extinción en masa de especies animais e vexetais incluindo os dinosauros. Diversas teorías tentan explicar ese feito, mais a máis probable de todas é a de que un grande asteroide caíu na Terra e levantou a suficiente poeira na atmosfera para impedir que a luz do Sol chegase á superficie durante moitos anos, matando así moitas especies vexetais que necesitaban da fotosíntese para vivir e, por consecuencia, os dinosauros vexetarianos. Sen os dinosauros vexetarianos para comer, todos os carnívoros tamén acabaron morrendo, marcando así o fín da era dos dinosauros.
Aínda que sexa moi probable que a caída dun asteroide teña sido a causa da extinción dos dinosauros, hai polo menos dez teorías máis.
[editar] Algunhas especies
Vexa tamén: Lista de dinosauros
Algunhas especies de dinosauros bastante coñecidas:
- Allosaurus
- Brachiosaurus
- Carnotauro
- Ceratosauro
- Diplodoco
- Espinosauro
- Estegosauro
- Hadrosauro
- Herrerasauro
- Hipsilofodonte
- Iguanodón
- Megalosauro
- Ornitomimo
- Oviráptor
- Protocerátops
- Tyrannosaurus rex
- Tricerátops
- Troodonte
- Velociráptor
[editar] Paleontólogos famosos
Alguns dos paleontólogos máis famosos:
- Georges Cuvier
- Gideon Mantell
- Henry Fairfield Osborn
- Othniel Charles Marsh
- Richard Owen
- William Buckland
[editar] Ligazóns internas
- Outros dinosauros
- Taxonomía dos dinosauros
[editar] Ligazóns Externas
- Dinosauros Brasileiros (en portugués)
- Atlas Virtual da Pré-Historia (en portugués)
- Os Dinosauros (en portugués)
- DinoData (en inglés)
- Dinosauria Online (en inglés)
- Dinosauricon (en inglés)
- Dinosaur Supertree (en inglés)
- Prehistorics.com (en inglés)