Pterosauria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pterosaurios | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación Científica | ||||||||||
|
||||||||||
Sub-Familias | ||||||||||
Rhamphorhynchoidea Pterodactyloidea |
||||||||||
Os pterosaurios ("lagartos alados") son un grupo de réptiles voadores que existiron durante a Era Mesozoica. As súas ás estaban formadas por unha complexa membrana sostida polo cuarto dedo da man, que estaba hipertrofiado. O seu corpo estaba cuberto de pelo, preservado en fósiles de polo menos tres especies distintas.
Os fósiles máis antigos de pterosaurios coñecidos pertencen como mínimo ó Triásico tardío. O máis antigo chámase Eudimorphodon. É de pequeno tamaño, cola con extremo en forma de rombo, e dentes puntiagudos en ambas as dúas mandíbulas.
Os primeiros pterosaurios, desenvolvidos entre o Triásico serodio e principios do Xurásico, eran similares ó Eudimorphodon; de pequeno tamaño, rabo longo, e dentes (como o Rhamphorynchus, que tiña dentes que pechaban en forma de trampa).
Xa para o Cretácico se diversificaran en varias formas: algúns sen cola e sen dentes (como o Pteranodon), outros do tamaño dun avión da Primeira Guerra Mundial (como Quetzalcoatlus, a criatura voadora máis grande coñecida), numerosos con cristas (como Dsungaripterus e Pteranodon), e outros con outras características (como o Ctenochasma, que asemellaba unha garza e filtraba plancto por medio dos seus finos dentes).
Aparentemente, os pterosaurios perderon moita da súa diversidade antes de concluír a Era Mesozoica. Só se coñece unha especie que existise no momento da gran extinción masiva do Cretácico: Quetzalcoatlus northropi.