Acetábulo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O acetábulo é, en anatomía humana, a superficie articular do óso coxal na pelve, formada polo ilio, o isquión e a pube onde se articula a cabeza do fémur, formando a articulación da cadeira. Nos réptiles e as aves o acetábulo colle a forma dunha cavidade profunda.