Iguanodon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[[
Pterosaurios | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación Científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
O Iguanodon foi un dinosaurio herbívoro de comezos do Cretácico (aínda que unha especie descoñecida era de finais do Xurásico) que viviu en Europa, Asa e Norteamérica. Asemella que prefería as chairas fértiles, entrecuzadas por ríos e correntes. Alí podía atopar árboreé xigantes, folgueiras, coníferas, Equisetum e cicadáceas para comer.
Índice |
[editar] Etimoloxía
O Iguanodon foi o segundo dinosaurio en ser nomeado (os tres primeiros foron o Megalosaurus, o Iguanodon e o Hylaeosaurus. Foi bautizado por Gideon Mantell co nome, "Iguanodon", o cal deriva do do réptil iguana e da palabra grega: odontos = "dente".
[editar] Descuberta
O primeiro rastro de Iguanodon foi un dente fosilizado atopado pola esposa de Gideon Mantell, Mary Ann, nos estratos de Tilgate Forest, Cuckfield, Inglaterra. Mantell nomeou á criatura "Iguanodon" xa que os dentes achados eran similares aos dunha iguana que el tiña conservada en formol.
Anos despois se encontrou un espécime máis completo de Iguanodon nunha canteira de Maidstone, que Mantell identificou baseádose nun dente que tiña. A lousa de Maidstone permitiu as primeiras reconstrucións esqueléticas e as interpretacións artísticas do Iguanodon. O erro máis famoso era a colocación dun "corno", tamén descuberto pola esposa de Mantell, encol do nariz do dinosaurio. A descuberta de moitos mellores espécimes
de I. bernissartensis en 1878 revelou que o corno era en realidade un polgar modificado, quizais usado para a defensa.
[editar] Características
O Iguanodon atinxiu entre 9 e 10 m. de lonxitude, entre 3 e 4 m. de altura e chegaba a pesar ata 4.5 toneladas. Os investigadores calcularon que podía se trasladar a 11 km/h. Posiblemente deambulaba polo campo en grandes manadas.
Este sorprendente ornitópodo así como podía camiñar en catro patas, tamén podía en dous porque a columna vertebral sostíñase horizontalmente achegando os brazos ó chan, de maneira que o Iguanodon puidese lograr tal habilidade. A cola tamén estaba en posición horizontal afastada do corpo e por riba do chan. Primeiro os científicos pensaron que o Iguanodon era torpe, coma un rinoceronte, ó camiñar en catro patas, logo, cando en Bélxica se encontraron certos esqueletos, creron erroneamente que andaba erguido coa cola apoiada no chan. Os seus brazos eran longos e os seus dedos dobrábanse cara a atrás para soster o corpo ó camiñar en catro patas. O quinto dedo era delgado e flexible.
As súas defensas fóronse desenvolvendo pouco a pouco. Ao principio, o polgar non podía tocar os outros dedos da man e mantíñase inclinado cara ao lado. Pero logo, o extremo modificouse e converteuse nunha espiña cónica prolongada que utilizaba como arma. Depredadores como o Neovenator debíanse coidar ao atacar ou senón recibirián unha punzante sorpresa.
[editar] Na cultura popular
- Na película de Disney, Dinosaurio, un Iguanodon é o protagonista.
- O Iguanodon foi unha das tres especies que inspirou a crear o deseño de Godzilla, as outras dous foron o Tyrannosaurus e o Stegosaurus.