Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Xustiniano I - Wikipedia

Xustiniano I

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xustiniano I
Agrandado
Xustiniano I

Flavius Petrus Sabbatius Iustinianus ou Xustiniano I 11 de maio de 483 - 13/14 de novembro de 565) foi emperador de Oriente desde o 1 de agosto de 527 ata a súa morte. Un dos principais gobernantes do Imperio Bizantino, destaca especialmente pola súa reforma e compilación de leis e pola expansión militar do territorio imperial que tivo lugar baixo o seu reinado, sobre todo grazas ás campañas de Belisario. Tamén é coñecido como "O último emperador romano". A Igrexa Ortodoxa venérao como santo o día 14 de novembro.

Índice

[editar] Biografía

Xustiniano naceu nunha pequena aldea chamada Tauresina (Taor) en Iliria (preto da actual Skopje), na península Balcánica, probabelmente o 11 de maio de 483. A súa nai era irmá do famoso xeneral Xustino que ascendeu desde o exército á dignidade imperial. O seu tío adoptouno e asegurouse de que recibise unha educación: Xustiniano seguiu así o currículo educativo habitual, centrándose na xurisprudencia e a filosofía. Avanzou na súa carreira militar con gran rapidez, e abriuse ante el un gran futuro cando, en 518, Xustino se converteu en emperador. Xustiniano foi nomeado cónsul en 521, e posteriormente xeneral do exército de oriente. Moito antes de que Xustino o fixese coemperador o 1 de abril de 527, xa participaba nas actividades de goberno.

Catro meses despois, Xustiniano pasou a ser o único soberano trala morte de Xustino. O seu reinado tería un gran impacto na historia mundial, dando lugar a unha nova era na historia do Imperio bizantino e da Igrexa Ortodoxa. Foi un home cunha capacidade de traballo fóra do común, que tiña un carácter afábel, moderado e alegre, pero que tamén podía ser mentirán e falto de escrúpulos cando lle conviña. Foi o último emperador que intentou recuperar os territorios que posuíu o Imperio Romano en tempos de Teodosio I, e con este fin, puxo en marcha grandes campañas militares. Tamén desenvolveu unha colosal actividade construtiva emulando a dos grandes emperadores romanos do pasado. Partindo da premisa de que a existencia dunha comunidade política se funda nas armas e nas leis, prestou especial atención á lexislación e pasou á posteridade pola súa codificación do dereito romano (o Codex Iustinianus e as Novellae Constitutiones).

En 523 casou con Teodora, unha ex actriz; ata entón, as actrices resultaban socialmente próximas ás prostitutas, e no pasado, a Xustiniano resultaralle imposíbel casar con ela, pero Xustino aprobara unha lei que permitía os matrimonios entre distintas clases sociais, o que levaría, xa no reinado de Xustiniano, a unha certa atenuación das diferenzas sociais na corte bizantina. Teodora chegaría a ser unha persoa moi influinte na política do Imperio, e algúns emperadores posteriores seguirían o precedente de Xustiniano casándo fose da clase aristocrática.

Procopio de Cesarea é a nosa fonte principal para a historia do reinado de Xustiniano, aínda que tamén contribúe con moitos detalles de interese a crónica de Xoán de Éfeso, que se conserva como fundamento de moitas outras crónicas posteriores. Ambos historiadores fixeron comentarios ás veces moi negativos sobre Xustiniano e Teodora; Procopio, ademais da súa historia, escribiu outra Historia Secreta que recolle varios escándalos da corte. As Historias de Agatías apuntan os sucesos acaecidos desde o ano 552 ata 558 ou 559.

A segunda metade do seu reinado viuse ensombrecida pola epidemia de peste que se fixo virulenta a partir do ano 542.

Teodora morreu en 548 e Xustiniano sobreviviuna case vinte anos, para morrer o 13 ao 14 de novembro de 565.

[editar] Actividade xurídica

Xustiniano tivo unha gran influencia na historia debido á súa revolucionarias medidas polas que organizou o dereito romano seguindo a clasificación que se convertería na base para o dereito en moitos países actuais. O 7 de abril de 529 publicouse unha primeira versión do Corpus Iuris Civilis dividida en tres partes: código antigo, novo código, Dixesto ou Pandectae, as Institutiones e as novelas (novas constitucións). Un grupo de comisionados, encabezados polo cuestor Triboniano, preparou o Corpus en latín, a lingua tradicional do Imperio romano, aínda que moitos cidadáns do Imperio oriental apenas a entendían. O Authenticum, ou Novellae Constitutiones, unha recompilación de novas leis emitidas durante o reinado de Xustiniano, completou posteriormente o Corpus. Estas Novellae publicáronse en grego, a lingua común do Imperio.

O Corpus contén a base da xurisprudencia romana (incluído o dereito canónico: ecclesia vivit lege romana) e, para os historiadores, aporta unha valiosa fonte para comprender os intereses e actividades do Imperio romano tardío. En tanto que recompilación, reúne moitas fontes nas que se expresaban ou publicaban as leges (leis) e outras normas: leis en sentido estrito, consultas senatoriais (senatusconsulta), decretos imperiais, casuística e opinións de xuristas e interpretacións (responsa prudentum).

[editar] Actividade militar e campañas de Belisario

Mapa do Imperio Bizantino en 550. En verde as conquistas durante o reinado de Xustiniano I
Agrandado
Mapa do Imperio Bizantino en 550. En verde as conquistas durante o reinado de Xustiniano I

[editar] Política exterior baseada no Recuperatio Imperii

A ideoloxía da Recuperatio Imperii é unha formulación que responde a uns sentimentos estendidos entre amplas capas da poboación da Pars Occidens (sobre todo entre o elemento senatorial urbano e sectores vinculados coa administración) e en parte do goberno do Imperio de Oriente, que intelectualmente xoga ao xogo da continuidade imperial en Occidente; de feito, o sentimento de romanitas atópase -no século VI- amplamente estendido en Occidente e en Oriente é correspondido pola ideoloxía oficial do goberno imperial -segundo a cal o Imperio non se afundiu en Occidente senón que os bárbaros gobernan alí en nome do emperador de Oriente- e por parte da intelligentsia de Constantinopla (por exemplo, é o caso do escritor Xoán Lido, contemporáneo de Xustiniano). Estes sentimentos son aproveitados pola administración xustinianea para realizar, precisamente, unha política en consonancia con eles (fose sincera ou interesada).

[editar] Campañas contra o Reino vándalo (533 - 534)

En maio de 530, o monarca probizantino Hilderico foi deposto polo seu primo Xelimer aducindo a que a súa falta de personalidade levaran aos vándalos a seren derrotados polas tribos mouras. As protestas de Xustiniano de que Hilderico puidese regresar a Constantinopla non foron escoitadas, polo que preparou con coidado unha campaña que debía combinar eficacia militar e sobriedade de custos. Xoán de Capadocia, responsábel das finanzas do Imperio e oposto á guerra, accedeu ao final a levar os gastos da campaña dunha forma ríxida. Belisario, o xeneral máis brillante de Oriente foi o encargado de levar as armas.

A decisión de atacar o reino vándalo coincidiron coa aparición neste dunha serie de debilidades. A simbiose entre invasores e invadidos non chegou nunca a consolidarse, o cal xerou hostilidades cos últimos. O medo a revoltas internas conducira á desfortificación dos núcleos urbanos por medo a que acollesen revoltas. Á súa vez un xeneral godo que rexía Sardeña en nome do monarca de Cartago pretendeu con axuda militar oriental gobernar de forma independente, pero foi detido por Xelimer antes de que a devandita axuda chegase.

A flota oriental abandonou os portos de Constantinopla a mediados de xuño de 533 e vía Sicilia alcanzou as costas africanas ao cabo de tres meses. Belisario atopou escasa resistencia, e tras un vitorioso encontro cos vándalos de Ad Decimum, ocuparía Cartago dous días despois. Xelimer, medorento de que entronizaran ao deposto rei, executou a Hilderico antes da caída de Cartago e fuxiu aos rebordes montañosos. Finalmente optou por entregarse a finais de marzo de 534. Belisario conduciuno ata Constantinopla, onde o xeneral foi recibido con grandes honores, reservados ao Emperador. A provincia foi anexionada ao Imperio, a pesar que as tribos periféricas supuxeron un perigo durante máis dunha década.

[editar] Campañas contra o Reino Ostrogodo (540 - 554)

Á morte de Teodorico o control da política ostrogoda caeu en mans da súa filla Amalasunta, a cal exerceu o poder en nome do rei neno Atalarico, ata que este faleceu en 534. A rexencia caracterizouse por un viraxe político cara a Oriente, xerando unha forte oposición interna. A pronta desaparición do seu fillo forzou á rexente á procura dun monarca formal tralo que seguir movendo os fíos do goberno. O elixido foi Teodato, co que contraeu matrimonio a fins de 534, este pronto se afastou do palacio de Ravenna e ordenou a eliminación da súa muller en abril de 535 posibelmente a instigación de Teodora que buscaba un casus belli para a intervención de Xustiniano.

Ese mesmo ano Xustiniano daría dous golpes de man que lle permitiron tomar Sicilia ao mando de Belisario e Dalmacia por Ilírico Mundo. Teodato recorreu a unha embaixada papal, pero se enviou unha embaixada Imperial paralela ao propio monarca ostrogodo para establecer un acordo secreto de cesión de Italia ao imperio. Os diversos contratempos que atravesaba o Imperio nese momento, como a revolta de África e a recuperación de territorios por xermanos en Dalmacia induciron a Teodato a romper o compromiso e a facer fronte aos exércitos de Xustiniano.

Xustiniano reorganizou a xerarquía militar para poder poñer á fronte das campañas italianas a Belisario xa que Mundo falecera na ofensiva de Dalmacia. No seu lugar púxose a Constantiniano, que recuperou a ofensiva en Dalmacia, reocupando Salona e expulsando aos ostrogodos da rexión. Belisario ocupou Nápoles e finalmente Roma a comezos de decembro. Teodato, antes da caída de Roma, foi deposto por Vitixes, comandante do seu garda persoal que demostrou ter gran capacidade para as artes guerreiras e puxo sitio a Roma.

O prezo da conquista do reino ostrogodo quizá podería considerarse excesivo. Provocáronse continuas campañas de desgaste, sendo vítima principal a poboación itálica que sufriu a destrución do seu tecido social, produtivo, político e foi azoutada pola peste. Os vinte anos de loita aceleraron dramaticamente a transición ao mundo medieval. Roma perdeu a súa entidade urbana e deixou de ser a cidade por antonomasia do mundo Mediterráneo.

A Pragmática Sanción de 554, mediante a cal Italia era reintegrada ao Imperio Romano, ratificaba a situación de facto ao outorgar aos bispos o control de diversos aspectos da vida civil (como a actividade dos xuíces civís) e a administración das cidades, poñéndoos a cargo do aprovisionamento, a anona e os traballos públicos, á vez que quedaban exentos da autoridade dos funcionarios imperiais.

[editar] Campañas contra o Reino Visigodo (552)

A finais de 552 Xustiniano podía considerar a campaña itálica como finalizada, accedendo ese mesmo ano á petición de axuda formulada no 551 polo rebelde visigodo Atanaxildo a cambio dunha franxa costeira desde Valencia a Cádiz. A colaboración oriental foi decisiva para decantar a guerra civil no reino peninsular hispano a favor daquel candidato fronte a Axila. Pero a compensación territorial nunca foi plataforma para a conquista da antiga Hispania, de feito, as zonas concedidas en 552 comezaron a minguar nas décadas seguintes, especialmente durante o reino de Leovixildo, ata o seu evaporación no 624


[editar] Fronte ao Imperio Persa

La paz perpetua, asinada en 532 entre Bizancio e o Imperio Persa, resultou menos duradeira do que a súa pomposa formulación declaraba. O rei Cosroes I esperou a oportunidade de atacar con vantaxe territorio imperial, a cal se presentou pronto, dada a crecente debilidade da fortaleza militar en Oriente, posto que as reconquistas en África ou Italia se realizaron con tropas e mandos subtraídos daquela zona e as tropas guarnecidas se debilitaban pola falta dun pago puntual. Xustiniano á vez intentou reforzar o dominio a zona mediante a construción de fortalezas novas na rexión.

No 540 o monarca sasánida Cosroes I desatou as hostilidades cunha devastadora incursión ata o Mediterráneo, coroada coa conquista de Antioquía. A defensa da cidade non puido aguantar o asalto persa malia ter unha guarnición de 6000 homes, feito que manifesta a debilidade da zona oriental. A perda de Antioquía supuxo unha enorme carga simbólica.

As zonas de Armenia e o Cáucaso tamén foron obxectivo do monarca persa, sendo Constantinopla traizoada polo rei de Lazica. Belisario foi chamado inmediatamente. A súa presenza na fronte norte freou a acometida persa na zona. Pero foi, sen dúbida, un elemento non bélico o que obrigou a Persia a reformular a súa ofensiva: A peste que abordelaba o seu reino no 545. Pola súa culpa viuse forzada a asinar unha tregua de cinco anos, renovada en 551 e en 557, forzada polo desgaste de ambas partes, asinouse finalmente a paz no ano 561. Constantinopla comprometeuse a enviar un forte tributo e a non enviar penetracións cristiás máis aló do Cáucaso.

[editar] Fronte aos eslavos

Os eslavos ocupaban unha zona xeográfica intermedia entre os conxuntos xermánicos e esteparios. Isto, sumado a unha variedade de pobos, facía que as incursións fosen habituais nos Balcáns. Malia as contundentes vitorias anteriores de Xermano e Mundo sobre eslavos e búlgaros, estes últimos penetraron profundamente no espazo grego a comezos de 540 ata chegaren ao istmo de Corinto, na típica incursión de botín e cativos que non produciu danos de importancia nin a perda de puntos de importancia. Os eslavos pola súa banda chegaron ata Dyrrachion. As expedicións dos cotrigures foron máis contundentes, chegando a cruzar o Danubio xeado e chegando sen oposición ata Mesia e Escitia onde chegaron a Tracia e dividiu as súas forzas en dous pelotóns de saqueo. O mesmo Zabergan presentouse en Constantinopla con 7000 xinetes, Belisario tivo que saír do seu retiro para liderar unha contraofensiva que conxurou a ameaza.


[editar] Abolición das relixións non cristiás

A política relixiosa de Xustiniano reflectiu a convicción imperial en que a unidade do Imperio presupoñía necesariamente a unidade de fe; e iso significaba indubidabelmente que esta fe só podía ser a ortodoxa. Aqueles que profesasen unha fe distinta serían conscientes de que o proceso iniciado na lexislación imperial con Constancio II continuaba agora con forza. O Codex recollía dúas leis (Cod., I., xi. 9 e 10) que decretaban a destrución total do Helenismo, ata na vida civil, e as súas disposicións sería postas en práctica con vigor. As fontes contemporáneas (Xoán Malalas, Teófanes e Xoán de Éfeso) refiren graves persecucións, ata de persoas nas altas esferas.

Quizá o feito máis salientábel tivo lugar en 529 cando a Academia platónica de Atenas pasou a estar baixo control estatal por orde de Xustiniano, conseguindo así a extinción real desta escola do helenismo. O paganismo sería activamente reprimido: só en Asia Menor, Xoán de Éfeso afirma converter a 70.000 pagáns (cf. F. Nau, en Revue de l'orient chretien, ii., 1897, 482). Tamén outros pobos aceptaron o cristianismo: os hérulos (Procopio, Bellum Gothicum, ii. 14; Evagrio, Hist. eccl., iv. 20), os hunos que habitaban xunto ao Don (Procopio, iv. 4; Evagrio, iv. 23), os abasxios (Procopio, iv. 3; Evagrio, iv. 22) e os tzani (Procopio, Bellum Persicum, i. 15) no Cáucaso.

O culto de Amón en Augila no deserto libio foi prohibido (Procopio, De Aedificiis, vin. 2), de igual modo que os restos do culto de Isis na illa de Philae xunto á primeira catarata do Nilo (Procopio, Bellum Persicum, i. 19). O presbítero Xulián (DCB, iii. 482) e o bispo Lonxino dirixiron unha misión á terra dos nabateos (Xoán de Éfeso, Hist. eccl., iv. 5 sqq.), e Xustiniano tratou de reforzar o cristianismo en Iemen, enviando alí a un eclesiástico exipcio (Procopio, Bellum Persicum, i. 20; Malalas, ed. Niebuhr, Bonn, 1831, pp. 433 sqq.).

Tamén os xudeus sufriron estas medidas, pois, non só viron restrinxidos os seus dereitos civís por parte das autoridades (Cod., I., v. 12), que así mesmo ameazaron o seu privilexios relixiosos (Procopio, Historia Arcana, 28), senón que, pola súa banda, o emperador interferiu nos asuntos internos da sinagoga (Nov., cxlvi., 8 feb. 553) e prohibiu o uso da lingua hebrea para o culto divino. A aqueles que se opuxesen a estas medidas ameazounos con castigos corporais, o exilio e a perda das súas propiedades. Os xudeus de Borium, preto da Gran Sirte, que opuxeran resistencia a Belisario durante a súa campaña contra os vándalos, tiveron que converterse ao cristianismo e o seu sinagoga foi transformada nunha igrexa (Procopio, De Aedificiis, vin. 2).

O emperador atopouse cunha maior resistencia entre os samaritanos, que resultaron máis refractarios ao cristianismo e se rebelaron repetidas veces. Xustiniano fíxolles fronte con rigorosos edictos, pero non puido evitar que a finais do seu reinado se producisen hostilidades contra os cristiáns en Samaria. A política de Xustiniano tamén supoñía a persecución dos maniqueos, co conseguinte exilio e ameaza de pena capital (Cod., I., v. 12). En Constantinopla, nun caso, un certo número de maniqueos foi executado en presenza do propio emperador: algúns queimados e outros afogados (F. Nau, en Revue de l'orient, ii., 1897, p. 481).

[editar] Política eclesiástica

De igual modo que na súa administración secular, o despotismo estaba presente na política eclesiástica imperial. Xustiniano tratou de regular todo, tanto na relixión como na lei.

A comezos do seu reinado, considerou oportuno promulgar por lei a súa crenza na Trindade e na Encarnación, e ameazar a todos os herexes con sancións (Cod., I., i. 5); mentres que declaraba a continuación que a través da lei pretendía privar a quen fosen contrarios á ortodoxia de exercer como tales (MPG, lxxxvi. 1, p. 993). Fixo do credo niceno-constantinopolitano o símbolo único da Igrexa (Cod., I., i. 7), e conferiu forza legal ás disposicións canónicas dos catro concilios ecuménicos (Novellae, cxxxi.). Os bispos que asistiron ao Segundo Concilio de Constantinopla en 536 recoñeceron que na Igrexa non se podía facer nada en contra da vontade e das ordes imperiais (Mansi, Concilia, viii. 970B); aínda que tamén é certo que o emperador non deixou pasar ningunha oportunidade para reafirmar os dereitos da Igrexa e o clero, así como protexer e estender o monaquismo.

De feito, se non fose polo evidente do carácter despótico das súas medidas, case cabería a tentación de alcumalo pai da Igrexa, pois, tanto o Codex como as Novellae conteñen numerosas normas sobre doazóns, fundacións e a administración da propiedade eclesiástica; a elección e dereitos dos bispos, sacerdotes e abades; a vida monástica; as obrigacións de residencia do clero; o modo de levar a cabo as cerimonias; a xurisdición episcopal, etc. Xustiniano tamén reconstruíu a igrexa de Santa Sofía, cuxa construción orixinal fora destruída durante as revoltas Niká. A nova Santa Sofía, coas súas numerosas capelas e altares, a súa gran cúpula dourada e os seus extraordinarios mosaicos, converteuse no centro e monumento máis visíbel da ortodoxia oriental en Constantinopla.


[editar] Relacións con Roma

A partir de mediados do século V, os emperadores de Oriente tiveron que enfrontarse con problemas cada vez máis graves no campo da política eclesiástica. Os radicais de calquera das tendencias sentíanse rexeitados polo credo que adoptara o Concilio de Calcedonia coa intención de mediar entre as distintas posturas dogmáticas. A carta do papa León I o Magno a Flaviano de Constantinopla foi considerada no Leste como obra de Satán, de modo que ninguén quería oír falar da igrexa de Roma. Os emperadores, con todo, enfrontábanse a un dobre problema: por unha banda tiñan que manter unha política de preservación da unidade entre Oriente e Occidente, entre Constantinopla e Roma, e isto só era posible se non se desviaban da liña definida en Calcedonia. Por outra banda, as faccións que en Oriente se viron máis afectadas e apartadas a raíz do Concilio de Calcedonia, debían ser moderadas e tranquilizadas. Este problema sería na práctica máis complexo xa que os grupos disidentes orientais superaban aos partidarios de Calcedonia en Oriente, tanto en forza numérica como en habilidade intelectual, de modo que o curso dos feitos demostraría a incompatibilidade de ambos obxectivos: quen optase por Roma e Occidente debía renunciar a Oriente, e viceversa.

Xustiniano estreouse no campo da alta política eclesiástica pouco despois do ascenso ao trono do seu tío en 518, poñendo fin ao cisma monofisita que dominara as relacións entre Roma e Bizancio desde 483. O recoñecemento da sé romana como máxima autoridade eclesiástica (cf. Novellae, cxxxi.) foi a clave da súa política occidental, o que resultou ofensivo para moitos en Oriente; con todo, non dubidou en actuar de forma despótica nas súas relacións cos papas, en concreto con Silverio e Vixilio. A súa política ante Roma, aínda que ás veces incoherente, non deixaba de ser unha política de grandes miras, e aínda que nunca puido chegarse a un acordo, polo rexeitamento da á máis dogmática da igrexa, grazas aos seus sinceros esforzos de reconciliación gañouse a aprobación da maior parte da igrexa. Unha mostra de tal actitude témola na controversia teopasquita: ao principio Xustiniano cría que se trataba dunha cuestión puramente lingüística, pero aos poucos deuse conta de que a fórmula en discusión non só debía ser ortodoxa, senón que tamén podía ser útil como medida conciliatoria ante os monofisitas, e intentou en balde este acordo na conferencia relixiosa cos seguidores de Severo de Antioquía en 533.

De novo, Xustiniano aprobou o decreto co edicto relixioso de 15 de marzo de 533 (Cod., L, i. 6), e congratulouse de que o papa Xoán II admitise a ortodoxia da confesión imperial (Cod., I., i. 8). Deste xeito remediou en parte o grave erro que cometera tempo atrás, despois do ascenso de Xustino, cando induciu unha persecución dos bispos e monxes monofisitas, e se desamigou así das poboacións de moitas rexións e provincias. O seu obxectivo constante era agora gañarse aos monofisitas, sen ter que abxurar do credo de Calcedonia. Para moitos membros da corte non chegou o suficientemente lonxe neste sentido: en concreto Teodora alegrouse de ver aos monofisitas máis favorecidos. Xustiniano, con todo, reprimiuse neste tipo de medidas por mor das complicacións que se desataron con Occidente.


Este artigo contén textos da Schaff-Herzog Encyclopedia of Religion.


Imperio Bizantino

Segue a:
Xustino I
Xustiniano I
(527-565)

Precede a:
Xustino II
dinastía xustiniana

Negriña

THIS WEB:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2006:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu