Amalasunta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Raíña ostrogoda, filla de Teodorico o Grande.
Casou con Euterico, que debía suceder a Teodorico. Este príncipe morreu pronto deixando un fillo chamado Atalarico, que Teodorico nomeou herdeiro. Amalasunta gobernou durante a minoría de idade de Atalarico (526), pero como este xove príncipe morreu en 534, compartiu a autoridade con Teodato, que a fixo esganar o ano seguinte: par vingar este crime Belisario veu a Italia.
Amalasunta quería civilizar o seu pobo; tomou como ministro ao sabio Casiodoro.
[editar] Onomástica
"Amalasunta" significa "Virxe dos Amalos".
[editar] Amalasunta na literatura
Amalasunta é un dos personaxes clave na peza Antiochus de Thomas Corneille.