Richard Stallman
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fundador e "gurú" do Software libre, creador do Proxecto GNU, profesor no MIT. Richard Matthew Stallman foi nado o 16 de marzo de 1953 en Manhattan, New York. Moitas veces é coñecido polas siglas RMS.
Stallman licenciouse en Física pola Universidade de Harvard en 1974. Durante a carreira traballou no Laboratorio de Intelixencia Artificial do MIT, onde aprendeu a deseñar sistemas operativos. Escrebeu o primeiro editor de textos extensíbel Emacs en 1975 e contribuíu para a investigación en Intelixencia Artificial. En xaneiro de 1984 deixou o MIT para iniciar o Proxecto GNU.
Dende 1991, ano no que recibiu o premio Grace Hopper Award que entrega a Association for Computing Machinery por Emacs, foi nomeado doutor honorario de varias universidades de todo o mundo e recibiu numerosos premios. É o autor, ademáis da Licenza Xeral GNU e dende mediados da década de 1990 dedícase fundamentalmente a promover campañas en favor do software libre.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Richard Stallman's Personal Page - A súa páxina persoal
- FSF - Richard M. Stallman - Caderno de bitácora de Richard M. Stallman
- The GNU Operating System - Páxina do Proxecto GNU
- FSF - The Free Software Foundation Sede da Free Software Fundatión (Fundación para o Software Libre)