Queen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Queen foi unha banda británica de rock creada en 1971, trala ruptura do grupo Smile.
Índice |
[editar] Compoñentes
- Freddie Mercury: voz e pianos.
- Brian May: guitarra, piano, teclado e viola portuguesa.
- John Deacon: baixo e guitarra.
- Roger Taylor: batería
[editar] Biografía
A historia deste grupo británico comezou en 1968 cando Brian May e Tim Staffell fundaran 'Smile'. A este proxecto uniuse Roger Taylor como baterista. En 1970 Tim Staffell abandona o grupo. Nese mesmo ano incorpórase Freddie Mercury e cambian o nome de 'Smile' por 'Queen'. A razón deste nome débese a que os integrantes da banda buscaban algo que fose identificativo doado de coñecer por calquera persoa do mundo. Un ano máis tarde, en 1971 únese John Deacon como baixista e quedaría pechada a formación do grupo que nunca experimentou cambios ata a súa desaparición.
O seu primeiro gran éxito foi 'Bohemian Rhapsody', escrita por Freddie e producida por Roy Thomas Baker en outubro de 1975. Estaba dentro do seu álbum 'A night at the opera'. Previamente, 'Queen' gravara tres discos: 'Queen', 'Queen II' e 'Sheer Heart Attack'.
En 1976 publican 'A day at the races' e en outubro de 1977 'News of the world' que contén a simbólica canción 'We are the champions' utilizada en multitude de eventos deportivos. O grupo non paraba e un ano máis tarde sae á luz 'Jazz'. Deste volume destacan 'Bycicle Race' e 'Fat Bottomed Girls' cunha portada no single que presentaba unha muller espida en bicicleta e tivo que ser retirada e modificada amosando esa muller levando roupa interior. 1979 acolle o seu primeiro disco dun directo, 'Live Killers' e en 1980 publican 'The Game', que contiña o tema 'Another One Bites The Dust', o single máis vendido do grupo. No mesmo ano tamén gravarían a banda sonora da película 'Flash Gordon'.
Durante 1981 os seus esforzos céntranse nunha xira por diversos países do mundo e, ó terminar levaron a cabo os preparativos para gravar 'Hot Space', que saería publicado en 1982. En decembro dese ano Queen aparece dentro do libro Guinness como a banda mellor pagada.
Dous anos máis tarde publican 'The Works'. Dentro deste álbum atópase o éxito 'Radio Ga Ga'. O videoclip deste tema desenvólvese no ambiente da película 'Metrópolis'.
Queen participou en 1985 no festival de 'Rock In Rio' congregando a uns 250.000 espectadores. En xuño do mesmo ano o grupo realiza a banda sonora de 'Highlander', no disco titulado 'A Kind Of Magic' e en decembro realizan o seu segundo álbum en directo 'Live Magic'.
Freddie Mercury xunto a Montserrat Caballé gravan un disco xuntos. Incluía a canción 'Barcelona' que foi tomada como tema dos xogos olímpicos da cidade en 1992.
'The Miracle' foi o decimosexto álbum da banda que se publicou en maio de 1989. En 1990 Queen asina con Disney Hollywood Records o maior contrato da historia da música.
'Greatests Hits II', o seu segundo recopilatorio, aparece en outubro de 1991 e no memo ano, o 23 de novembro, Freddie anuncia públicamente que padece SIDA e morre o día seguinte.
Roger, John e Brian editan 'Made in Heaven' en 1995 con temas nos que traballou Freddie antes de morrer. A partir deste punto, a banda deixou de tocar e soamente publicou numerosos recopilatorios, feito que produciu o enfado de Deacon e diversas discusións entre os compoñentes.
[editar] Discografía
- Queen 1973
- Queen II 1974
- Sheer Heart Attack 1974
- A Night At The Opera 1975
- A Day At The Races 1976
- News Of The World 1977
- Jazz 1978
- Live Killers 1979
- The Game 1980
- Flash Gordon 1980
- Gratest Hits I 1981
- Hot Space 1982
- The Works 1984
- A Kind Of Magic 1986
- Live Magic 1986
- The Miracle 1989
- At The Beeb 1989
- Innuendo 1991
- Gratest Hits II 1991
- Classic Queen 1992
- Live At Wembley '86 1992
- Made In Heaven 1995
- Queen Rocks 1997
- Greatest Hits III 1999