Guitarra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Instrumento musical de corda pulsada, evolución da Vihuela, é un invento español, desenvolto nos séculos XVI a XVIII e perfeccionada polo lendario Antonio de Torres que lle deu a forma e estrutura que aínda ten hoxe. A guitarra clásica, de concerto ou española, está feita de madeira e ten 6 cordas de tripa ou nylon. No século XX apareceron outros tipos de guitarra nos Estados Unidos, primeiro a chamada acústica, con cordas de aceiro, e despois a guitarra eléctrica, que ten unha pastilla ou imán bobinado que tranforma as vibracións nun sinal eléctrico que se pode amplificar. A guitarra está afinada por cuartas (de aguda a grave): Mi, Si, Sol, Re, La, Mi.