Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Cultura - Wikipedia

Cultura

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cultura (do latín cultura, cultivar o solo, coidar) é un termo con varias acepcións, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade.

Segundo a filosofía é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural. Polo seu turno, en bioloxía unha cultura é normalmente unha criación especial de organismos (en xeral microscópicos) para fins determinados (por exemplo: estudo de modos de vida bacterianos, estudos microecolóxicos, etc). No dia-a-día das sociedades civilizadas (especialmente a sociedade occidental) e no vulgo costuma ser asociada á adquisición de coñecimentos e prácticas de vida recoñecidas como mellores, superiores, ou sexa, erudición; este sentido normalmente se asocia ao que é tamén descrito como “alta cultura”, e é empregado apenas no singular (non existen culturas, apenas unha cultura ideal, á cal os homes indistintamente deben se encuadrar).

A antropoloxía encara a cultura como o total de padróns aprendidos e desenvolvidos polo ser humano. Segundo a definición pioneira de Edward Burnett Tylor, baixo a etnoloxía (ciencia relativa especificamente do estudo da cultura) a cultura sería “o complexo que inclue coñecimento, crenzas, arte, morais, leis, costumes e outras aptitudes e habitos adquiridos polo home como membro da sociedade.”

Polo tanto corresponde, neste último sentido, ás formas de organización dun pobo, os seus costumes e tradicións transmitidas de xerazón para xerazón que, a partir dunha vivencia e tradición común, se presentan como a identidade dese pobo.

O uso de abstración é unha característica do que é cultura: os elementos culturais só existen na mente das persoas, en os seus símbolos tais como padrións artísticos e mitos. Entretanto falase tamén en cultura material (por analoxía a cultura simbólica) cando do estudo de produtos culturais concretos (obras de arte, escritos, ferramentas, etc). Esa forma de cultura (material) é preservada no tempo con máis facilidade, unha vez que a cultura simbólica é extremamente fráxil.

Índice

[editar] Cultura e sociedade

Sociedade e cultura son dous termos que deben distinguirse. Aínda que toda cultura precise dunha sociedade para se desenvolver, unha sociedade non contén necesariamente unha única cultura (aínda que non sexa posíbel unha sociedade precindir de cultura). A sociedade é entón a base para a existencia da cultura, e a cultura só de desenvolve pola interazón social.

Hai diversas clasificacións canto ao nivel de agregación cultural das sociedades. Podese, por exemplo, partir de construcións culturais de caráter universal, padrións que existen en caisquer culturas existentes; alguns destes padrións son:

Un segundo nivel sería representado por culturas nacionais, pouco homoxeneas mais que conservan trazos fundamentais de semellanza (idioma, padrón de trocas monetarias, por exemplo). A seguir existirían culturas locais, subculturas, etc.

A participación cultural dáse inicialmente a través da educación (entendida no sentido da Paidea grega) pola cal os xovens membros dunha sociedade aprenden o que é esperado deles. Aparecen desde entón as restricións canto a sexo, idade, e clase social, no que concerne tanto ao aprendizado de certos elementos culturais canto á práctica de certas atividades. É moito común a distinción entre os xenéros no aprendizado dos padrións culturais. Outra distinción que fica plenamente caracterizada é a división en profisións: determinados membros se especializan en algún aspecto da cultura, sendolles desnecesario coñecer outros aspectos que fican por conta doutras profisións.

Aquilo que foi chamado padrón cultural non debe ser entendido como unha norma ríxida, a respeito do cal calquer desvio é rexeitado. Os padróns culturais son flexibeis, uns máis do que outros, mais no xeral existe unha gama de comportamentos aceptados.

Aprendese a cultura de modo non-instintivo. As crianzas teñen a propensión de aprender máis rápido do que os adultos, por iso é case imposíbel integrar completamente un estranxeiro nunha cultura nova. Esta é a razón pola cal etnólogos precisan pasar ata décadas convivendo con grupos sobre os cais realizan estudos, se desexan realmente facer eses estudos baixo unha observación participativa.

[editar] Vantaxes da cultura

A principal vantaxe da cultural é o chamado mecanismo adapatativo: a capacidade de responder ao meo de acordo con mudanza de habitos, máis rápida do que unha posíbel evolución biolóxica. O home non precisou, por exemplo, desenvolver longa pelaxe e grosas capas de gordura baixo a pel para vivir en ambientes máis frios – el simplemente adaptouse co uso de roupas, do lume e de vivendas. A evolución cultural é máis rápida que a biolóxica. Sen embargo, ao rexeitar a evolución biolóxica, o home tornase dependente da cultura, pois esta actúa en substitución a elementos que constituírian o ser humano; a falta dun destes elementos (i.e., a supresión dun aspecto da cultura) causaría o mesmo efeito dunha amputación ou defeito físico, tal vez aínda pior.

Alén diso a cultura é tamén un mecanismo cumulativo. As modificacións traguidas por unha xerazón pasan á xerazón seguinte, de modo que a cultura transformase perdendo e incorporando aspectos máis adecuados á sobrevivencia, reducindo o esforzo das novas xeracións.

Un exemplo de vantaxe obtida a través da cultura é o desenvolvimento do cultivo do solo, a agricultura. Con ela o home pode ter maior control sobre o fornecimento de alimentos, minimizando os efeitos de escasez de caza ou colecta. Tamén pode abandonar o nomadismo; de ahí a fixación en aldeas, cidades e estados.

A agricultura tamén permitiu o crecimento populacional dun xeito acentuado, que xerou un novo problema: producir alimento para unha poboación maior. Desenvolvementos técnicos – facilitados polo maior número de mentes pensantes – permiten que esa dificuldade sexa superada, mais pola súa vez inducen a un novo aumento da poboación; o aumento populacional é así causa e consecuencia do avanzo cultural.

[editar] Mudanza cultural

Como mecanismo adaptativo e cumulativo, a cultura sofre mudanzas. Perdense trazos, engádense outros, en velocidades variadas nas diferentes sociedades.

Dous mecanismos básicos permiten a mudanza cultural: a invención ou introdución de novos conceitos e a difusión de conceitos a partir outras culturas (falase en aculturación cando é algo imposto, e transculturación cando é algo feito de común acordo). Hai tamén a descoberta, que é un tipo de mudanza cultural orixinado pola revelación de algo descoñecido pola propria sociedade e que ela decide adoptar.

A mudanza acarrexa normalmente resistencia. Visto que os aspectos da vida cultural están ligados entre si, a alterazón mínima de somente un deles pode ocasionar efeitos en todos os outros. Modificacións na maneira de producir poden, por exemplo, interferir na escolla de membros para o goberno ou na aplicación de leis. A resistencia á mudanza representa unha vantaxe, no sentido de que somente modificacións realmente proveitosas e que sexan por iso inevitabeis serán adotadas, evitandose así o esforzo da sociedade en adotar e despois rexeitar determinado conceito novo.

O ambiente exerce papel fundamental sobre as mudanzas culturais, aínda que non único: os homes mudan a súa maneira de encarar o mundo tanto por continxencias ambientais canto por transformacións da consciencia social.

[editar] Percepción e etnocentrismo

A percepción da cultura é difícil para o ser humano común. Inmerso na súa propria cultura, el tende a encarar as súas escollas como naturais, os seus padrións culturais como os máis racionais e máis axustados a unha boa vida. Cando moito, percebe algo que é inadecuado e que “podería ser doutra forma.” O que permite unha percepción cultural máis intensa é o contacto con outras culturas.

Mais, unha vez que se dá este contacto, a tendencia natural é rexeitar a outra cultura como inferior, como inatural. É o chamado etnocentrismo, unha barreira que, a despeito de prexudicar o entendimento e relación con outras culturas, serve xustamente para preservar a identidade dunha cultura frente á posíbel difusión de preceitos doutras culturas.

Os estudosos da cultura utilizan o chamado relativismo cultural contra o etnocentrismo: consideran cada aspecto cultural en relación á cultura estudada, e non en relación á a súa propria cultura, senon suxeitos formados dentro doutro sistema de valores.

[editar] Cultura en animais

É posíbel identificar cultura en alguns animais superiores, especialmente mamíferos (e dentro destes, especialmente primatas). Mentres os animais inferiores utilizanse de adaptacións físicas e biolóxicas para resistir aos perigos do meo (por exemplo, reprodución exaxerada para manter a especie - contorna as facilidades na extinción de indíviduos), grupos como os primatas utilizanse do comportamento adaptábel para sobrevivir. Os primatas posuen como características culturais, entre outras: o uso de instrumentos toscos (para quebrar cascas de alimentos, para se defender), a transmisión para os fillotes de coñecimento canto a alimentos perigosos, o comportamento social, o cuidado coa prole (familia), e o comportamento sexual segundo determinadas regras.

[editar] Ver tamén

  • Teoría da cultura
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com