Mar Negro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mar Negro é un mar interior entre o sudeste de Europa e Asia Menor. Conéctase co Mar Mediterráneo polo Bósforo e o Mar de Mármara, e ao Mar de Azov polo estreito de Kerch.
Hai un importante fluxo de auga a través do Bósforo, 200 km³ por ano e de auga dóce das áreas adxacentes, especialmente da Europa Central e Oriental, totalizando 320 km³ por ano. O río máis importante a desaugar no Mar Negro é o Danubio. O Mar Negro ten unha área de 422,000 km² e unha profundidade máxima de 2210 m.
Os países que costean o Mar Negro son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia e Xeorxia. A península da Crimea é unha república autónoma da Ucraína.
As cidades máis importantes ao longo da costa inclúen Estambul (antigamente Constantinopla e Bizancio), Burgas, Varna, Constanţa, Yalta, Odessa, Sebastopol, Batumi, Trabzon, Samsun e Zonguldak.
[editar] O nome de Mar Negro
O nome de Mar Negro tería como orixe a atribución polos turcos de cores aos puntos cardinais, o "negro" para o Norte, o "azul" para o Oeste, o "branco" para o Sur e o "verde" para o Leste. Ao estar este mar (deniz en turco) ao norte de Turquía, foi designado kara ("negro"), en turco Karadeniz ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o mar Mediterráneo, ao sur, sempre é chamado mar Branco, en turco Akdeniz (non confundir co mar Branco actual).