Dodecaneso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Dodecaneso (en lingua grega Δωδεκάνησα, que significa "doce illas") é un grupo de illas gregas na extremidade leste do Mar Exeo, xunto á costa sudoeste da Turquía. Teñen unha rica historia e mesmo parte das illas máis pequenas e desabitadas ostentan varias igrexas bizantinas e castelos medievais.
A rexión administrativa do Dodecaneso consiste en 163 illas, das quis 26 son permanentemente habitadas. As doce maiores, que dan ao grupo o seu nome, son Rodes, historicamente a máis importante, Kos, Astipalea, Kalimnos, Karpathos, Kassos, Kastellorizo, Leros, Nisyros, Patmos, Simi e Tilos. Outras importantes illas deste grupo incluen Agathonissi, Halki, Lipsi, Pserimos e Telendos.
Estas illas fan parte da periferia da Grecia doExeo Meridional, que ten a súa capital na illa de Siros, mais cunha dependencia en Rodes.