Erwin Rommel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mariscal alemán durante o terceiro Reich. Veterán da Primeira Guerra Mundial, foi o mais destacado militar da Segunda Guerra Mundial por parte do bando do Eixo, innovando na guerra terrestre co perfeccionamento da táctica Blitzkrieg (guerra lóstrego), reflexado na súa obra "O tanque en ataque". Esta táctica consistia en darlle ó tanque unha importancia principal no ataque, e non reduci-lo a un elemento auxiliar.
Tralas campañas de conquista de Francia, Rommel pasa ó escenario Norteafricano, onde gaña o alcume de o raposo do deserto. Sen embargo, é derrotado por Patton e por Montgomery na (batalla de El-Alamein).
Morrerá en 1944 catro meses despois do intento de golpe de Estado contra Hitler, no que estivo implicado, obrigado a suicidarse.