Xogos Olímpicos de 1964
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogos da XVIII Olimpíada | |
---|---|
Toquio 1964 | |
Estados Participantes | 93 |
Atletas | 5140 |
Eventos | 163 en 19 deportes |
Cerimonia de Apertura | 10 de outubro |
Cerimonia de Clausura | 24 de outubro |
Apertura oficial | Emperador Hiroito |
Xuramento do Atleta | Takashi Ono |
Entrada da Antrocha Olímpica | Yoshinori Sakai |
Local | Estadio Olímpico |
Os Xogos da XVIII Olimpíada foron realizados en Toquio, en Xapón, entre o 10 e o 24 de outubro de 1964, sendo os primeiros Xogos Olímpicos realizados en Asia. A cidade xa conquistara o dereito de realizalos en 1940, pero a invasión da China por Xapón os transferiu para Helsinqui, en Finlandia. Co estourido da II Guerra Mundial en 1939, os Xogos de 1940 foron finalmente cancelados.
En 1958, Toquio conquistou finalmente o dereito de cidade-sede para o ano de 1964, derrotando na votación do Comité Olímpico Internacional as cidades de Detroit, Bruxelas e Viena.
Abertos polo Emperador Hiroito en persoa, coa presenza de 5.151 atletas de 93 estados, o momento máis simbólico do evento foi a entrada no estadio, cargando a antorcha olímpica, do mozo Yoshinori Sakai, de 19 anos, nacido en Hiroshima o día 6 de agosto de 1945, o mesmo día no que a bomba atómica foi detonada sobre a cidade. A súa escolla foi unha homenaxe ás vítimas do holocausto nuclear e unha chamada á paz mundial.
[editar] Curiosidades
- Estos foron os primeiros Xogos transmitidos por un satélite de comunicación xeoestacionario para outros continentes e o primeiro programa de televisión en cruzar, en vivo, o Oceano Pacífico.
- O judo e o voleibol, deportes moi populares en Xapón, foron introducidos nos Xogos de 1964, alén do Pentatlón Moderno feminino.
- A nadadora australiana Dawn Frazer conquistou a terceira medalha de ouro consecutiva nos 100m libres (Melbourne 56, Roma 60 e Toquio 64) mentres que o grande nome da natación foi o do norteamericano Don Schollander, con catro medallas de ouro.
- O etíope Abebe Bikila tórnase bicampión olímpico da Maratón, primeiro home na historia en conseguir tal fazaña, seis semanas após dunha extración de apéndice. Correndo os 42 kms da proba desta vez calzado e agora polas rúas da capital xaponesa, quebra novamente o marca mundial da modalidade.
- A fabulosa ximnasta soviética Larissa Latynina pechou a súa inigualable carreira gañando dúas medallas de ouro no chan e no Xeral por equipos (as dúas por terceira vez consecutiva) acumulando un total de 18 medallas, sendo 9 delas de ouro, tornándose a maior campioa olímpica, en calquer deporte, de todos os tempos, cunha cantidade de medallas inalcanzable até hoxe.
- O neozelandés Peter Snell afirmouse como o maior medio fondista do planeta ó gañar o ouro nos 800 e nos 1500m do Atletismo.
- A pista de atletismo sintética foi empregada por primeira vez nos Xogos.
[editar] Modalidades disputadas
|
[editar] Cadro de medallas
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 36 | 26 | 28 | 90 |
2 | URSS | 30 | 31 | 35 | 96 |
3 | Xapón | 16 | 5 | 8 | 29 |
4 | Equipo Unido de Alemaña | 10 | 22 | 18 | 50 |
5 | Italia | 10 | 10 | 7 | 27 |
6 | Hungría | 10 | 7 | 5 | 22 |
7 | Polonia | 7 | 6 | 10 | 23 |
8 | Australia | 6 | 2 | 10 | 18 |
9 | Checoslovaquia | 5 | 6 | 3 | 14 |
10 | Reino Unido | 4 | 12 | 2 | 18 |