Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xogos Olímpicos de 1932 - Wikipedia

Xogos Olímpicos de 1932

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xogos da X Olimpíada
Os Ánxeles 1932
Estados Participantes 37
Atletas 1048
Eventos 116 en 14 deportes
Cerimonia de Apertura 30 de xullo
Cerimonia de Clausura 14 de agosto
Apertura oficial Presidente Charles Curtis
Juramento do Atleta George Calnan
Local Coliseo d'Os Ánxeles

Os Xogos Olímpicos de 1932 foron realizados n'Os Ánxeles, nos Estados Unidos, entre o 30 de xullo e o 14 de agosto, coa participación de 1332 atletas, sendo 126 mulleres, representando 37 países, en 17 modalidades deportivas.

Após case tres décadas en Europa, os Xogos Olímpicos atravesaron o Atlántico e América até a soleada California, a única rexión do país que tiña sobrevivido economicamente ó Crac da Bolsa de Nova York. Por causa da distancia, o número de participantes foi menor que os anteriores, mais os Xogos tiveron unha grande calidade técnica, coa quebra de 18 récords mundiais, e sendo introducido o limite máximo de tres competidores por país nas probas individuais, regra que perdura até os nosos días.

N'Os Ánxeles foi construída a primeira vila olímpica verdadeira da historia, composta de setecentos chalés disposta nun área adxacente ó monumental estadio Memorial Colyseum, sede dos Xogos. Os organizadores tamén introduciron nestes Xogos os máis modernos servizos de cronometraxe e fotografía eletrónica da chegada da época, construíron a máis espectacular e veloz pista de atletismo do mundo, e crearon un proceso rápido e profesional de divulgación de resultados para a prensa, alén da transmisión simultánea de toda a competición por dúas emisoras de radio.

E o máis importante: compactaron todos os eventos no prazo de dúas semanas, sen interrupción, que a partir deste momento guiaría o sistema de disputa dos Xogos Olímpicos.

[editar] Curiosidades

  • A texana Mildred “Babe” Didrikson, de 18 anos, conquistou dúas medallas de ouro e unha de prata no atletismo. Atleta polivalente de grande talento, após os Xogos “Babe” tornouse grande campioa de deportes diversos como golf, tenis e básket, onde competiu case até os corenta anos de idade. Nos anos 50, foi eleita a maior atleta americana do medio século pola prensa deportiva especializada.
  • Num feito único na historia olímpica, o campión dos 3.000m vallas, o finlandés Volmari Iso-Hollo e os seus adversarios, foron obrigados a dar a maiores unha volta ó estadio para cruzar a liña de chegada, debido ó erro do fiscal que anunciaba a contaxe de voltas na pista. Foi a primeira e única vez nas Olimpíadas que os 3.000 m vallas viraron a 3.400m vallas. Catro anos despois, en Berlín, correndo a distancia normal, Hollo se tornaría bicampión olímpico da proba.
Vista xeral do Estadio Olímpico d'Os Ánxeles durante a cerimonia de apertura
Agrandado
Vista xeral do Estadio Olímpico d'Os Ánxeles durante a cerimonia de apertura
  • Estes Xogos inauguraron a cerimonia de entrega de medallas como a coñecemos nos nosos días, cos atletas en pé nun podio e coas bandeiras dos seus países sendo izadas.
  • O nadador xaponés Kusuo Kitamura tornouse o máis novo atleta até hoxe en conquistar un ouro nunha proba individual de calquer deporte nos Xogos Olímpicos, ó vencer os 1.500m libres con 14 anos de idade.
  • A polaca Stanisława Walasiewicz, que vivindo nos Estados Unidos empregaba o nome de Stella Walsh, gañou para Polonia a medalla de ouro nos 100m femininos do atletismo. Catro anos despois, en Berlín, conquistaría a prata na mesma proba. En 1980, canda a súa morte, unha biopsia mostrou que Stanislawa/Stella era, bioloxicamente, un home.

[editar] Modalidades disputadas

Participantes
Agrandado
Participantes

[editar] Cadro de medallas

Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Estados Unidos 41 32 30 103
2 Italia 12 12 12 36
3 Francia 10 5 4 19
4 Suecia 9 5 9 23
5 Xapón 7 7 4 18
6 Hungría 6 4 5 15
7 Finlandia 5 8 12 25
8 Reino Unido 4 7 5 16
9 Alemaña 3 12 5 20
10 Australia 3 1 1 5


Xogos Olímpicos
Xogos Olímpicos de Verán: 1896 | 1900 | 1904 | 1906 | 1908 | 1912 | (1916) | 1920 | 1924 | 1928 | 1932 | 1936 | (1940) | (1944) | 1948 | 1952 | 1956 | 1960 | 1964 | 1968 | 1972 | 1976 | 1980 | 1984 | 1988 | 1992 | 1996 | 2000 | 2004 | 2008 | 2012 | 2016

Xogos Olímpicos de Inverno: 1924 | 1928 | 1932 | 1936 | (1940) | (1944) | 1948 | 1952 | 1956 | 1960 | 1964 | 1968 | 1972 | 1976 | 1980 | 1984 | 1988 | 1992 | 1994 | 1998 | 2002 | 2006 | 2010 | 2014 | 2018

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com