Mao Tse Tung
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En chinés tradicional: 毛澤東 En chinés simplificado: 毛泽东
Mao Tse Tung (segundo a romanización Wade-Giles) ou Máo Zédōng (segundo a romanización Hànyǔ pīnyīn - 汉语拼音) naceu o 26 de decembro do 1893 e morreu o 9 de setembro do 1976). Foi dirixente do Partido Comunista Chinés. Dirixiu a Revolución Comunista de 1949 que impuxo o control sobre a China continental baixo mans do seu partido. Isto ocorreu trala huída de Chiang Kai Chek e dos seus seguidores do Kuomintang a Taiwan.
Os seus plantexamentos ideolóxicos orientaban a idea do comunismo cara o campesiñado, a diferencia do que ocorriu na Rusia soviética (URSS) que se enfocaba principalmente ó proletariado.
Unha das campañas máis polémicas impulsadas por Mao foi a Revolución Cultural.
[editar] Teoría política
Durante a década de 1920, Mao desenvolveu algunhas das súas teorías politicas. Na área da filosofía, as ideas de Mao son consideradas máis de tipo cultural que orixinal, aínda asi, as súas ideas tiveron un grande impacto nas xeracións posteriores e afectaron significativamente ó resto do mundo.
Unha das súas principais ideas, era a visión dos campesiños como a fonte da revolución. Tradicionalmente as ideas Marxistas-Leninistas vían ós obreiros industriais como a forza que conduciría a revolución, pero a pesar disto, Mao deuse de conta de que este non era o caso de China, e que dende o campesiñado, debíase desenvolver a revolución. China non tiña unha poboación significativa de obreiros, pero si tiña unha gran masa de campesiños descontentos, o que apoiaba as ideas de Mao.